Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161443 - Dereito Rexistral (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REQUEIXO SOUTO, XAIME MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo ExpositivasOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Estudo e comprensión do sistema inmobiliario rexistral vixente en España.
    2. Utilización dos principais textos legais en vigor.
    3. Análise e resolución de casos prácticos sobre a materia.
    4. Desenvolvemento da capacidade crítica para estudar e valorar as normas legais.
    Contidos
    T. 1. Publicidade xurídica e publicidade rexistral. Os Rexistros xurídicos e as súas clases. Os rexistros públicos substantivos no sistema xurídico español. Rexistros de persoas e rexistros de bens.
    T. 2. O Rexistro Civil. Función e efectos. Normas reguladoras. Organización. Tipos de rexistros. Procedemento rexistral. A publicidade do Rexistro Civil. Clases de asentos.
    T. 3. Feitos e actos obxecto de inscrición. A inscrición de nacemento. Nacionalidad e veciñanza civil. O matrimonio no Rexistro Civil. A inscrición das defuncións. Especial referencia ao cambio de nome e á alteración dos apelidos no Rexistro Civil.
    T. 4. O Rexistro da Propiedade: concepto e función. Sistemas rexistrais: o sistema rexistral español. Inscrición declarativa, constitutiva e obrigatoria. Inscrición e tradición.
    T. 5. A organización dos Rexistros. Os libros do Rexistro. O Rexistrador da Propiedade e a Dirección Xeral de Rexistros e do Notariado. A publicidade formal do Rexistro.
    T. 6. A finca no Rexistro. A inmatriculación: concepto e procedementos. Modificacións na finca e rectificacións na súa descrición. A dobre inmatriculación.
    T.7. Delimitación da materia inscribible: actos e dereitos que teñen acceso ao Rexistro. Títulos inscribibles. O titular rexistral.
    T. 8. Clases de asentos. O asento de presentación. O asento de inscrición. As anotacións preventivas: especial estudo das de demanda e embargo. Outros asentos rexistrais: as notas marxinais. Cancelación e caducidade dos asentos rexistrais. Inexactitude e rectificación dos asentos.
    T. 9. Os principios hipotecarios: concepto, función e clasificacións. O principio de rogación. O principio de legalidade. A cualificación rexistral. A denegación da inscrición e recursos fronte a ela. A prioridade rexistral e o peche rexistral.
    T. 10. O principio de tracto sucesivo. Falta de tracto sucesivo: causas e consecuencias no procedemento rexistral. Tracto abreviado. Modalidades do tracto. Reanudación do tracto sucesivo interrompido.
    T. 11. O principio de lexitimación rexistral. A presunción de exactitude do Rexistro. As presuncións posesorias. A acción real rexistral. A chamada tercería rexistral.
    T. 12. O principio de fe pública rexistral. Ámbito. Condicións da protección rexistral: o artigo 34 L.H. Supostos de suspensión da fe pública rexistral. Eficacia negativa da inscrición rexistral: o artigo 32 L.H.
    T. 13. O Rexistro de bens mobles. Especial referencia á venda de bens mobles a prazos, a hipoteca mobiliaria e o peñor sen desprazamento. O Rexistro da Propiedade intelectual.
    T. 14. A hipoteca inmobiliaria (I). Concepto, caracteres e clases. Elementos subxectivos. Cousas e dereitos susceptibles de ser hipotecados. Extensión da hipoteca: obxectiva e respecto da obrigación garantida.
    T. 15. A hipoteca inmobiliaria (II). Efectos da hipoteca. Compravenda de finca hipotecada. A subrogación hipotecaria a instancias do debedor. Facultades do acredor hipotecario. O rango hipotecario e a súa modificación. A extinción da hipoteca. Hipotecas especiais.


    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía básica está composta polos principais manuais (sempre última edición) disponibles no mercado editorial español sobre Dereitos reais (DÍEZ-PICAZO e GULLÓN BALLESTEROS; ALBALADEJO; LACRUZ BERDEJO, Derecho inmobiliario registral), e sobre inmobiliario rexistral (SANCHEZ CALERO, Manual de Derecho Inmobiliario registral, Tirant lo Blanch, Valencia; ÁLVAREZ CAPEROCHIPI, Derecho inmobiliario registral, Comares, Granada), GÓMEZ GÁLLIGO y DEL POZO CARRASCOSA, Lecciones de derecho hipotecario, Marcial Pons, Madrid)

    Como bibliografía complementaria pode consultarse: DÍEZ PICAZO, Fundamentos del Derecho Civil patrimonial, t. III, Cívitas, Madrid, 1995; PEÑA BERNALDO DE QUIRÓS, Derechos reales. Derecho hipotecario, 2 tomos, Centro de Estudios registrales; CHICO ORTIZ, Estudios sobre Derecho Hipotecario, Marcial Pons, Madrid; ROCA SASTRE y ROCA-SASTRE MANCUNILL, Derecho Hipotecario, Bosch, Barcelona.

    Competencias
    1. Familiarizar aos alumnos co sistema inmobiliario rexistral vixente en España.
    2. Identificación, delimitación e interpretación da normativa e da xurisprudencia españolas sobre a materia.
    3. Valoración crítica da materia propia do Dereito inmobiliario rexistral.
    4. Exposición de problemas e presentación de solucións.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. Clases teóricas. O docente non se limitará a expor a materia da disciplina de maneira clásica ou maxistral, senón que actuará como principal responsable para que sexa posible o intercambio de ideas entre o profesor e os estudantes.
    2. Formularanse cuestións co fin de identificar os problemas básicos da disciplina.
    3. Será obxectivo primordial familiarizar aos estudantes coa terminoloxía propia do Dereito inmobiliario rexistral.
    4. Fomentar a participación activa dos alumnos na actividade docente.
    5. Clases prácticas. As clases teóricas completaranse co estudo de casos nos que será necesario empregar para a súa resolución non só a lexislación en vigor, senón tamén a xurisprudencia máis recente.
    6. Fomentar o uso dos fondos bibliográficos e xurisprudenciais por medios tradicionais e informáticos. Utilizarase a aula virtual.

    Sistema de evaluación
    A nota final será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
    - Tarefas realizadas ao longo do curso: 20%
    - Exame final escrito: 80%

    Para superar a avaliación é necesario obter unha nota mínima de 4 (sobre 8) no exame final.

    Advírtese que, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades indicadas será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que cumprimente algunha delas en ningún caso será a de NON PRESENTADO.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumno

    Clases expositivas (presentación e explicación dos temas): 18 horas
    Clases interactivas (traballos con documentos: análise, síntese e discusión): 18 horas
    Titorías: 2,25
    Exames: 2 horas
    Total horas de traballo presencial do alumno: 40,25

    Traballo persoal do alumno

    Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
    Procura, rexistro e preparación de material de apoio
    (textos, imaxes, audio, etc): 12,25 horas
    Total de horas de traballo persoal do alumno: 72,25
    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Asistencia regular ás aulas.
    2. Participación activa dos alumnos na clase.
    3. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia).
    4. Estudo regular da materia.
    5. Uso das titorías.

    Observacións
    Absoluta conveniencia de que os alumnos só se matriculen en Dereito rexistral despois de teren superado Dereitos reais.