Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161448 - Idioma Estranxeiro Técnico-Xurídico I (Lingua Alema) (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REDL ., KLAUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo ExpositivasOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo InteractivasOrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    Recomendacións previas: Posuír un coñecemento elemental/intermedio da lingua estranxeira (equivalente ao A2+ do Marco común europeo de referencia).

    Preténdese afianzar e ampliar os coñecementos de lingua adquiridos anteriormente ata alcanzar un nivel medio na aprendizaxe da lingua, para desta maneira proporcionarlle ao alumnado as técnicas e instrumentos necesarios que lle permitan poder enfrontarse no curso á materia 'Idioma estranxeiro técnico-xurídico II'. O nivel de lingua, que segundo o marco de referencia europeo, debe alcanzar o alumnado é en todo caso o B1.2. Ademais neste curso os estudantes adquirirán coñecementos do idioma estranxeiro técnico-xurídico básicos.
    Contidos
    O curso baséase na progresión dos libros de texto: "studio d B1. Deutsch als Fremdsprache". Os contidos máis destacados son os seguintes:

    1. Vocabulario relacionado con contextos a vida persoal e cotía
    2. Estruturas elementais a gramática alemá
    3. Lectura selectiva e global de textos
    4. Redacción de textos descritivos e narativos
    5. Exercicios de comprensión auditiva
    6. Compoñentes a fonética alemá
    7. Recursos e técnicas de aprendizaxe
    8. Aspectos socio-culturais os países de fala alemá alemana

    Ademais utilizaranse distintos tipos de texto, incluíndo extractos de textos xornalísticos da actualidade e textos específicos ou técnicos para examinar o léxico e sintaxe da linguaxe xurídica e a tradución técnico-xurídica.
    Bibliografía básica e complementaria
    a) bibliografìa bàsica:

    FUNK, Hermann/ KUHN, Christina/, DEMME, Silke: studio d B1. Deutsch als Fremdsprache. Kurs- und Übungsbuch. Berlin 2009. Cornelsen. ISBN: 978-3-464-20719-2.

    NIEMANN, Rita Maria: studio d B1.
    Deutsch als Fremdsprache. Sprachtraining mit eingelegten Lösungen. Berlin 2009. Cornelsen. ISBN: 978-3-464-20720-8


    b) complementaria:

    Diccionario grande: español-aleman aleman-español
    Editorial Langenscheidt, ISBN: 3468978022

    Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Editorial Langenscheidt, ISBN: 3-468-05345-2

    Übungsgrammatik. Deutsch als Fremdsprache. Axel Hering/Magdalena Matussek, Michaela Perlmann-Balme (Hrsg.) Editorial Hueber. ISBN: 3-19-001657-7.

    Competencias
    Véxanse as descripcións do Marco común europeo de referencia con respecto ó nivel B1.2.
    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento da materia centrarase ante todo na aplicación práctica das estruturas adquiridas, tendo en conta as catro destrezas: ler, falar, escoitar e escribir. A estrutura e planificación do curso rexerase polos principios do ensino da lingua desde un punto de vista comunicativo e centrada nos estudantes. Traballarase co libro de texto "studio d B1.", ademais con materiais auténticos de Alemaña, Austria e Suíza. A participación regular e activa do alumnado nas clases e a realización regular de exercicios fóra do horario presencial serán elementos fundamentais para obter unha nota final positiva.
    Sistema de evaluación
    1. Asistencia e participación activa nas clases e titorías y realización dunha serie de traballos que lle serán encomendados ao alumnado ao longo do curso: 20% da nota final.


    2. Realización de dos probas ao longo do curso: 20% da nota final.


    3. Un exame final que consistirá nunha proba escrita e noutra oral: 60 % da nota final (a proba escrita: 40%; a proba oral: 20%).

    A avaliación da participación continua e activa basearase no control da asistencia e nas anotaciones do profesor/a.

    Aqueles alumnos que fan a avaliación continua pero logo non se presentan ao exame váiselles poñer un 'non presentado'.

    Para o exame de xullo rexen as mesmas condicións.

    Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases o exame final consistirá nunha proba escrita e noutra oral: 100% da nota final (o exame escrito: 66,66%, o exame oral: 33,33%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    4 horas semanais presenciais.
    Como mínimo 4 horas semanais de traballo individual.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Participar con regularidade e de maneira activa nas clases.
    Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
    Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).