G3161454 - Medicina Legal (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
- Áreas: Toxicoloxía, Medicina Legal e Forense
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1º.- Expoñer aos alumnos as posibilidades e límites dos diversos tipos de pericias médico-legais que poden atopar na súa carreira profesional.
2º.- Conseguir que se familiaricen coa terminología médica e, máis concretamente, coa médico-legal.
ContidosINTRODUCIÓN
- Concepto e contido da Medicina Legal. Interrelación do Dereito coa Medicina. Síntese da súa evolución histórica.
- A peritaxe médico-legal: método, obxectivos e valoración.
PATOLOXÍA FORENSE
- O proceso da morte e os problemas médico legais que suscita (data da morte, identificación).
- Estudo médico-legal da morte sospeitosa e violenta.
CLÍNICA FORENSE
- Aspectos médico-legais do delito e falta de lesións. A valoración do dano corporal.
- A violencia no ámbito familiar. A violencia contra a muller.
- Estudo médico-legal dos delitos contra a liberdade sexual.
XENÉTICA FORENSE
- Tipos de pericias en xenética forense.
- Aspectos metodolóxicos e interpretación de resultados. Análise da pericia en Xenética forense.
TOXICOLOXÍA FORENSE
Concepto e marco da Toxicoloxía forense. Aspectos metodolóxicos e interpretación de resultados na pericia toxicolóxica. Estudo toxicolóxico do alcohol etílico e drogas de abuso.
Bibliografía básica e complementaria- Butler, JM Fundamentals of Forensic DNA Typing. Burlington MA, EEUU: Elsevier. 2010.
- Di Maio, V y Dana, S. Manual de Patología Forense Diaz de Santos. Madrid. 2003.
- Gisbert, J.A. Medicina Legal y Toxicología. 6ª ed. Salvat. Barcelona. 2004.
- Hernández, C. Valoración médica del daño corporal. 2ª Ed. Masson. Barcelona. 2001.
- Knight, B. Lawyer's guide to Forensic Medicine. Heinemann. Londres. 1982.
- Levine, B. Principles of Forensic Toxicology (3ºed). AACC. Inc 2010.
- Masson, J.K. Forensic Medicine for Lawyers. 2ª ed. Butterworts. Londres. 1983.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a asignatura -COMPETENCIAS XERAIS-:
CG1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CG2.- Capacidade de organización e planificación
CG3.- Comunicación oral e escrita nas linguas co-oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras
CG10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CG11.- Traballo nun contexto internacional
CG12.- Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional
CG13.- Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidade
CG14.- Aprendizaxe autónoma
CG15.- Adaptación a novas situacións
CG16.- Creatividade
CG17.- Liderado
CG19.- Iniciativa e espírito emprendedor
CG20.- Motivación pola calidade e a excelencia profesional
CG21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CG22.- Espírito de superación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
Metodoloxía da ensinanza As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do profesor, e axudándose da pizarra e dos medios audiovisuales que considere oportunos, dos contidos da asignatura reflectidos na guía docente anual. As prácticas de pizarra/seminarios son actividades complementarias que poden ser impartidas polo profesorado ou polo alumnado, baixo a supervisión dos profesores.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas.) serán orientadas polo profesorado nas sesións de tutoría.
Sistema de evaluaciónA cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
Proba obxectiva final: Valor ponderado do 90% da nota final, que incluirá preguntas das clases expositivas e dos seminarios.
Avaliación continua: Suporá o 10% da nota final. Valorarase a participación nos seminarios e noutras actividades presenciales.
CONVOCATORIA ORDINARIA.
O estudante terá que acadar o 50% da valoración global.
CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS.
O estudante deberá realizar unha proba obxectiva final, que incluirá preguntas das clases expositivas e doutras actividades presenciales.
No caso de que o alumno non realice a proba obxectiva final, a calificación do mesmo será de NON PRESENTADO.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES FORMATIVAS CO SEU CONTIDO EN HORAS DO ALUMNO
Actividade Horas
Docencia expositiva 18
Docencia interactiva 18
Tutoría en grupos reducidos-6,75
Total horas presencial 42,75
Estudo individual 50
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca 17,5
Total horas non presencial 67,5
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia regular a clase, con participación activa na mesma. Consulta da bibliografía recomendada.
Suscitar as dúbidas que lle poidan xurdir nas tutorías.