Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161455 - Métodos de Solución de Conflitos e Técnicas de Negociación (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Procesual
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CASTILLEJO MANZANARES, RAQUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo ExpositivasOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo InteractivasOrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Na materia Métodos de resolución de conflitos e técnicas de negociación preténdese que o alumno coñeza os distintos métodos de resolución de conflitos, prestando un especial interese ao coñecemento de métodos alternativos de resolución de conflitos.
    As formas heterocompositivas para a resolución de conflitos previstas nos modernos ordenamentos xurídicos son dúas: a arbitraxe e o proceso xurisdicional. Tanto nun como noutro caso a imparcialidade do terceiro permitirá a composición desinteresada do conflito mediante a aplicación do Dereito obxectivo.
    Con todo, na actualidade cobran cada día máis importancia as fórmulas autocompositivas de resolución de conflitos, nas que son as partes en litixio, ben por un sacrificio unilateral, ben por mutuo acordo, as que poñen fin ao conflito. Estas vías autocompositivas, do mesmo xeito que a arbitraxe, preséntanse como unha alternativa ao proceso. Entre estas vías alternativas destacan a negociación, a conciliación e a mediación.

    Contidos
    1.- Métodos alternativos de resolución de conflitos
    2.- A conciliación: Concepto, diferenzas entre conciliación xudicial e extraxudicial, a conciliación no proceso civil, a conciliación no proceso laboral
    3.-A mediación: Concepto, mediación extraxudicial, mediación intraxudicial, mediación no proceso civil, mediación no proceso penal, técnicas para a mediación
    4.- A negociación: Concepto, tipos básicos de negociación, métodos para negociar, estratexias e tácticas de negociación.
    Bibliografía básica e complementaria
    Alzate Saez de Heredia, R., Análisis y resolución de conflictos: una perspectiva psicológica Bilbao, 1998.
    BARONA VILAR, S., Mediación penal. Fundamento, fines y régimen jurídico, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
    BARONA VILAR, S., Mediación en asuntos civiles y mercantiles en España. Tras la aprobación de la Ley 2/2012, de 6 de julio, Tirant lo Blanch, Valencia, 2013.
    CASTILLEJO MANZANARES, R., “El nuevo proceso penal. La mediación”, en Revista de Derecho y Proceso Penal, Aranzadi, Navarra, 2010.
    CASTILLEJO MANZANARES, R., “Mediación en el ámbito familiar” en SOLETO MUÑOZ, H. Mediación y resolución de conflictos: técnicas y ámbitos, Tecnos, Madrid 2011.
    Cornelius, H., Tú ganas, yo gano, todos podemos ganar: cómo resolver conflictos creativamente, Gaia, Madrid, 2007.

    Etxeberría Guridi, J. F. (Dir.), Estudios sobre el significado e impacto de la mediación: ¿una respuesta innovadora en los diferentes ámbitos jurídicos?, Aranzadi Thomson Reuters, Navarra, 2012.
    GONZÁLEZ CANO, I., “Los métodos alternativos de resolución de conflictos” en SOLETO MUÑOZ, H. & OTERO PARGA, M., Mediación y solución de conflictos. Habilidades para una necesidad emergente, Tecnos, Madrid, 2007.
    Munduate Jaca, M. L., Conflicto y negociación, Pirámide, D. L., Madrid, 2003.
    Redorta, J., Entender el conflicto: la forma como herramienta, Paidós, Barcelona, 2007.
    Suares, M., Mediación: conducción de disputas, comunicación y técnicas, Paidós, Buenos Aires, 1996.
    Competencias
    Comunicación oral e escrita en lingua nativa
    Resolución de problemas
    Traballo en equipo
    Razoamento crítico
    Toma de decisións
    Liderado
    Aprendizaxe autónoma
    Sensibilidade cara temas da realidade social
    Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais)
    Capacidade de negociación e conciliación
    Metodoloxía da ensinanza
    Cada unha das sesións lectivas desenvolveranse afondando no contido dos distintos temas do programa, a través de clases teóricas, de clases prácticas, exposición dos alumnos e role playing. A correcta metodoloxía desta materia trata de conseguir a participación activa do alumnado, que non pode limitarse a desempeñar un papel pasivo, como mero receptor de datos, senón que debe contar con medios necesarios para que a Universidade se convirta no medio idóneo no que manifestar as súas inquedanzas
    formativas, co que se propicia tamén que a relación profesorado-alumnado sexa máis estreita e enriquecedora para ambos.
    Con esta asignatura procúrase o axeitado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva suficientemente
    ampla e completa da materia. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia do alumnado ás clases, de modo que as explicacións teóricas poidan servir de guía para o estudo do programa e a comprensión atinada da materia.
    Sistema de evaluación
    Consistirá nunha proba final oral sobre as materias impartidas durante o curso e que constitúen o programa.
    Nesta proba valorarase o coñecemento e a forma de expresar e desenvolver as preguntas que constitúen o exame. A cualificación máxima do exame será de 5 puntos. Os restantes 5 puntos obteranse 3 puntos coa intervención nos casos que se susciten en clase e os restantes elaborando os
    traballos académicos que se solicitarán na aula.
    Aos efectos da normativa de permanencia só se considerará actividade avaliable o exame final.
    O exame oral constará dunha serie de preguntas a desenvolver.
    As datas e horas de revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial en aulas
    Docencia expositiva 15h
    Docencia interactiva 25h
    Titorías en grupo reducido 5h
    Total horas de traballo presencial na aula 45h
    Traballo persoal do alumno
    Estudo individual ou en grupo 38h
    Resolución de casos prácticos ou outros traballos. Lecturas recomendadas
    Preparación de traballos e exposicións 14,5h
    Total horas de traballo persoal do alumno 67,5h
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase para a preparación e superación da materia o estudo diario e a asistencia clases para a realización de prácticas e elaboración de traballos