P3101101 - Bases Histórico-Dogmáticas e Tendencias Actuais do Dereito Administrativo (Módulo I: Fundamentos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA aplicación integradora e produtiva dos conceptos teóricos sectoriais adquiridos polos alumnos durante o período de formación ao desenvolvemento da súa actividade profesional no marco dunha contorna laboral dinámica e multidisciplinar.
A profundización nos conceptos, métodos e técnicas fundamentais do Dereito público e, en particular, do Dereito administrativo e constitucional, estudados no grao.
Contidos- A evolución histórica do Dereito Administrativo.
- O nacemento e a conformación do Dereito Administrativo: os séculos XVIII-XIX.
- A transformación do Dereito Administrativo: o século XX.
- As tendencias de futuro do Dereito Administrativo: o século XXI.
Bibliografía básica e complementariaCOSCULLUELA MONTANER, Luis: Manual de Derecho Administrativo. Parte general, Thomson-Civitas, Madrid, última edición.
ESTEVE PARDO, José: Lecciones de Derecho administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
GARCÍA DE ENTERRÍA, Eduardo, y FERNÁNDEZ, Tomás-Ramón: Curso de Derecho Administrativo, I y II, Thomson-Civitas, última edición.
PARADA VÁZQUEZ, Ramón: Derecho Administrativo, I, Marcial Pons, Madrid, última edición.
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel: Derecho Administrativo. Parte general, Tecnos, Madrid, 2011, última edición.
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso: Principios de Derecho Administrativo General, I y II, Iustel, Madrid, última edición.
Base de datos de legislación y jurisprudencia Westlaw-Aranzadi (http://www.bugalicia.org)
Martín Rebollo, L., Leyes administrativas. Thomson-Aranzadi, Cizur Menor, última edición.
CompetenciasO desenvolvemento da capacidade dos estudantes de formular, sobre a base de toda a información que sexan capaces de solicitar, propostas e solucións aos problemas profesionais que se lle expoñan.
Adquisición das habilidades cognoscitivas referidas á capacidade de comprender e manexar ideas e conceptos.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor poderán consistir en clases maxistrais, clases prácticas, seminarios ou titorías.
En primeiro lugar, nas clases maxistrais a lección impartida polo profesor pode ter formatos diferentes e nela pódese contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
En segundo lugar, as clases prácticas poderán consistir na proposición e resolución de problemas para o que se require que os alumnos apliquen os coñecementos que adquiriron con axuda das clases teóricas.
En terceiro lugar, os seminarios consisten en actividades propostas polos profesores de cada materia como visitas, reunións científicas con profesores invitados, posta en común de traballos dirixidos realizados polos alumnos, exposicións, debates...
En último lugar, as titorías serán programadas por cada profesor e suporán de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
Sistema de evaluación- Asistencia a seminarios organizados no marco das diferentes materias, resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas polo profesor: representará, como máximo, o 20% da cualificación final.
- Realización dun traballo final: representará, como mínimo, o 80% da cualificación final.
Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS 21
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 54
Recomendacións para o estudo da materiaParticipar activamente nas clases de natureza práctica.
Estudar con tempo e regularmente.
Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
Completar o ensino cos recursos da biblioteca.