Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3101107 - Técnicas de Fomento, Limitación e Sanción (Módulo I: Fundamentos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Administrativo
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALMEIDA CERREDA, MARCOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - A aplicación integradora e produtiva dos conceptos teóricos sectoriais adquiridos polos alumnos durante o periodo de formación para o desenvolvemento da súa actividade profesional no marco dunha contorna laboral dinámica e multidisciplinar.
    - A profundización nos conceptos, métodos e técnicas fundamentais do Dereito público e, en particular, do Dereito administrativo e constitucional, estudados no grao.

    Contidos
    Actividade administrativa de limitación: concepto e principios. As limitacións administrativas de dereitos. A potestade sancionadora. O procedemento sancionador. A actividade administrativa de fomento: concepto e técnicas, en particular, a subvención.
    Bibliografía básica e complementaria
    VVAAA, Lecciones y materiales para el estudio del Derecho Administrativo, tomo III, volumen II, Iustel, ultima ed.
    Competencias
    - O desenvolvemento da capacidade dos estudantes de formular, sobre a base de toda a información que sexan capaces de recabar, propostas e solucións aos problemas profesionais que se lle susciten.
    - Adquirir capacidade de comprensión.
    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor poderán consistir en clases maxistrais, clases prácticas, seminarios ou tutorías.
    En primeiro lugar, nas clases maxistrais a lección impartida polo profesor pode ter formatos diferentes e nela pódese contar con apoio de medios audiovisuales e informáticos. Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
    En segundo lugar, as clases prácticas poderán consistir na proposición e resolución de problemas para o que se requiere que os alumnos apliquen os coñecementos que adquiriron con axuda das clases teóricas.
    En terceiro lugar, os seminarios consisten en actividades propostas polo profesor como visitas, reunións científicas con profesores invitados, posta en común de traballos dirixidos realizados polos alumnos, exposicións, debates...
    En último lugar, as tutorías serán programadas de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa asignatura.

    Sistema de evaluación
    Realización dun traballo final 80%.
    Asistencia a seminarios, resolución de casos prácticos e exposicións orais 20%. A valoración destes elementos está condicionada á presentación do traballo final.
    Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais 21
    Horas de traballo persoal 54
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Participar activamente nas clases de natureza práctica.
    - Estudar con tempo e regularmente.
    - Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
    - Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
    - Completar os contidos recibidos cos recursos da biblioteca.