Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3101108 - Prácticum (Módulo IV: Proxecto de Investigación e Prácticas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 22.00
  • Total: 22.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público Especial, Dereito Público Especial, Economía Aplicada
  • Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Dereito Constitucional, Dereito Administrativo, Dereito Penal, Dereito Financeiro e Tributario, Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SANTIAGO IGLESIAS, DIANA.NON
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO.NON
VILLAVERDE GOMEZ, MARIA BEGOÑA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A formación de prácticos forenses especialistas en materia contencioso-administrativa.
    Suscitar no estudante un interese posterior na materia que lle faga desexar a continuación da súa formación con carácter permanente e criterio propio.
    O contacto do alumno co mundo profesional.

    Contidos
    Aproximación á práctica xurídica no marco do Dereito Público. De maneira que os alumnos teñan a oportunidade de coñecer as técnicas básicas para resolver problemas reais, expostos polos respectivos titores, co manexo eficiente da lexislación, a xurisprudencia e a doutrina.
    Bibliografía básica e complementaria
    A establecida en cada unha das Materias do Máster.
    Competencias
    A adquisición polos estudantes das habilidades necesarias para a investigación.
    Destrezas tecnolóxicas relacionadas coa utilización de ferramentas de computación e de xestión da información.

    Metodoloxía da ensinanza
    As prazas para realizar as prácticas serán adxudicadas polo coordinador en función do expediente académico resultante da avaliación do primeiro cuadrimestre. A entidade colaboradora que reciba ao estudante nomeará un titor de prácticas que se encargará do seguimento da aprendizaxe do alumno. Tendo en conta o aproveitamento das prácticas, empregando para iso unha memoria elaborada polo alumno e o informe do titor da entidade colaboradora, o coordinador outorgará a correspondente cualificación.
    Sistema de evaluación
    Informe do titor externo 50%.

    Memoria de prácticas 50%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Asistencia ás prácticas 130 hs.
    Elaboración da memoria de prácticas 20 hs.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Participar activamente nas clases de natureza práctica.
    Preparar con tempo e regularmente as prácticas.
    as prácticas tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
    Empregar as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor titor.