P3101201 - Xustiza Constitucional (Módulo II: Protección dos Dereitos do Cidadán) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Constitucional
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-A aplicación integradora e produtiva dos conceptos teóricos sectoriais adquiridos polos alumnos durante o período de formación ao desenvolvemento da súa actividade profesional no marco dun ámbito laboral dinámico e multidisciplinar
-O desenvolvemento da capacidade dos estudantes de formular, sobre a base de toda a información que sexan capaces de solicitar, propostas e solucións aos problemas profesionais que se lle formulen
-O afondamento nos conceptos, métodos e técnicas fundamentais do Dereito público e, en particular, do Dereito constitucional, estudados no grao
-Adquisición das habilidades cognoscitivas referidas á capacidade de comprender e manexar ideas e conceptos
ContidosCuestións previas sobre a xustiza constitucional. Composición. Posición, estructura e funcionamento. El parámetro de control. Competencias. Procedimiento. Sentencias. Balance e perspectivas.
Bibliografía básica e complementariaFERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Jose Julio, La justicia constitucional europea ante el siglo XXI, Tecnos, Madrid, 2002.
BLANCO VALDÉS, Roberto, El valor de la Constitución, Alianza, Madrid, 2006.
Competencias(IGUAL QUE OS OBXECTIVOS)
-A aplicación integradora e produtiva dos conceptos teóricos sectoriais adquiridos polos alumnos durante o período de formación ao desenvolvemento da súa actividade profesional no marco dun ámbito laboral dinámico e multidisciplinar
-O desenvolvemento da capacidade dos estudantes de formular, sobre a base de toda a información que sexan capaces de solicitar, propostas e solucións aos problemas profesionais que se lle formulen
-O afondamento nos conceptos, métodos e técnicas fundamentais do Dereito público e, en particular, do Dereito constitucional, estudados no grao
-Adquisición das habilidades cognoscitivas referidas á capacidade de comprender e manexar ideas e conceptos
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor poderían consistir en clases maxistrais, clases prácticas, seminarios ou titorías.
En primeiro lugar, nas clases maxistrais a lección impartida polo profesor pode ter formatos diferentes e nela pódese contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
En segundo lugar, as clases prácticas poderían consistir na proposición e resolución de problemas para o cal se require que os alumnos apliquen os coñecementos que adquiriron con axuda das clases teóricas.
En terceiro lugar, os seminarios consisten en actividades propostas polos profesores de cada materia como visitas, reunións científicas con profesores invitados, posta en común de traballos dirixidos realizados polos alumnos, exposicións, debates...
En último lugar, as titorías serían programadas por cada profesor e de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderíanse aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
Sistema de evaluación-A asistencia a seminarios, resolución de casos prácticos, exposicións orais u outras actividades programadas ó longo do curso representarán o 20% da calificación final.
-A realización e presentación dun traballo final suporá o 80% da calificación final.
Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS 21
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 54
Recomendacións para o estudo da materia-Participar activamente nas clases de natureza práctica
-Estudar con tempo e regularmente.
-Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
-Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
-Completar o ensino cos recursos da biblioteca.