Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3101202 - Xustiza Contencioso-Administrativa (Módulo II: Protección dos Dereitos do Cidadán) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Administrativo
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RIVERA FRADE, MARIA DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -O coñecemento dalgúns dos ámbitos sectoriais do Dereito público e, en particular, do Dereito administrativo e constitucional
    -A formación de prácticos forenses especialistas en materia contencioso-administrativa

    Contidos
    A xurisdicción contencioso-administrativa: natureza, extensión e límites.
    O procedemento contencioso administrativo, a sentenza e recursos contra providencias, autos e sentenzas.
    A Administración e a xustiza ordinaria
    Bibliografía básica e complementaria
    CANO CAMPOS, Tomás (coord.), Lecciones y materiales para el estudio del Derecho Administrativo, tomo IV, última edición.
    Competencias

    O dominio dos métodos de análise da xurisprudencia constitucional e contencioso-administrativa
    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor poderán consistir en clases maxistrais, clases prácticas, seminarios ou titorías.
    En primeiro lugar, nas clases maxistrais a lección impartida polo profesor pode ter formatos diferentes e nela pódese contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
    En segundo lugar, as clases prácticas poderán consistir na proposición e resolución de problemas para o que se require que os alumnos apliquen os coñecementos que adquiriron coa axuda das clases teóricas.
    En terceiro lugar, os seminarios consisten en actividades propostas polos profesores de cada asignatura como visitas, reunións científicas con profesores invitados, posta en común de traballos dirixidos realizados polos alumnos, exposicións, debates...
    En último lugar, as titorías serán programadas por cada profesor e de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa asignatura.

    Sistema de evaluación

    Asistencia a seminarios, resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas polo profesor: representará o 20% da calificación final. Apuntuación por estas actividades queda condicionada á presentación do traballo final.

    Realización dun traballo final: representará o 80% da calificación final.

    Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 21
    Traballo persoal do alumno: 54
    Recomendacións para o estudo da materia
    Participar activamente nas clases de natureza práctica.
    Estudar con tempo e regularmente.
    Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
    Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
    Completar o ensino cos recursos da biblioteca.