P3101203 - Protección de Intereses Públicos (Módulo II: Protección dos Dereitos do Cidadán) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público Especial
- Áreas: Dereito Penal
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xenérico perseguido con esta materia é o de afondar no estudo de dous sectores esenciais da Parte Especial do Código Penal: os delitos contra os intereses colectivos e os delitos contra a función pública. En relación cos primeiros, en particular, tratarase de analizar os criterios de selección de bens xurídicos e as innovacións introducidas polo Código Penal de 1995, así como de precisar os límites da intervención penal e de harmonizala coa do Dereito Administrativo sancionador, naqueles supostos en que as figuras das que se traten coexistan con infraccións administrativas. Coa materia relativa ao denominado “Dereito Penal da Función Pública" aspírase a proporcionarlle ao alumno un coñecemento especializado sobre os criterios conforme aos que o Código Penal esixe responsabilidades ás autoridades e funcionarios públicos por delitos cometidos no exercicio das súas funcións.
ContidosPRIMEIRA PARTE: DELITOS CONTRA O AMBIENTE E CONTRA A SEGURIDADE COLECTIVA
L. 1ª. Delitos contra os recursos naturais e o ambiente. Necesidade e capacidade de protección penal do ambiente. Articulación da protección penal do ambiente. Atentados xenéricos ao ambiente. Establecemento de depósitos ou vertedoiros. Dano a elemento de espazo natural protexido. Responsabilidade penal dos funcionarios públicos. Outros atentados ao ambiente
L. 2ª. O tráfico de drogas. Conceptos de drogas tóxicas, estupefacientes e psicótropos. Delimitación dos comportamentos penalmente relevantes. Iter criminis, problemas de autoría e participación e cuestións concursais. Cualificacións de primeiro e de segundo graos. O tráfico de precursores. Disposicións comúns: aplicación das penas de inhabilitación especial e absoluta, regra para a determinación da multa, comiso, reincidencia internacional, punibilidade dos actos de participación intentada, atenuación da pena para arrepentidos e colaboradores, responsabilidade civil. Circulación ou entrega vixiada de drogas
L. 3ª. Os delitos contra a seguridade do tráfico. Disposicións comúns. Delito de condución baixo o efecto de bebidas alcohólicas. Negativa a someterse a probas de alcoholemia. Condución temeraria. Condución temeraria con consciente desprezo pola vida dos demais. Creación de grave risco para a seguridade do tráfico
SEGUNDA PARTE: O DEREITO PENAL DA FUNCIÓN PÚBLICA
L. 4ª. Introdución á responsabilidade do funcionario público no ámbito penal (I). Sistemática lexislativa e contido dos diversos grupos de delitos. Diferenzas entre a responsabilidade penal e a responsabilidade disciplinaria dos funcionarios públicos. O principio non bis in idem e a extensión das garantías substantivas penais ao ámbito disciplinario
L. 5ª. Introdución á responsabilidade do funcionario público no ámbito penal (II). Conceptos penais de funcionario público e autoridade. Problemas de autoría e participación nos delitos cometidos por funcionario público. A circunstancia agravante de prevalimento do carácter público do culpable. As consecuencias xurídicas dos delitos de funcionarios: penas privativas de liberdade, multas e sancións de inhabilitación
L. 6ª. As falsidades cometidas por funcionarios públicos
L. 7ª. Delitos contra a Administración Pública (I). Prevaricación de funcionarios públicos e outros comportamentos inxustos. Abandono de destino e omisión do deber de perseguir determinados delitos. Desobediencia e denegación de auxilio
L. 8ª. Delitos contra a Administración Pública (II). Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos. Suborno. Tráfico de influencias. Malversación. Fraudes e Exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e abusos no exercicio da súa función. Delitos de corrupción nas transaccións comerciais internacionais
L. 9ª. Delitos contra a Administración de Xustiza. Prevaricación. Omisión dos deberes de impedir delitos ou de promover a súa persecución. Encubrimento. Realización arbitraria do propio dereito. Acusación e denuncia falsas. Simulación de delitos. Falso testemuño. Obstrución á Xustiza e deslealdade profesional. Quebrantamento de condena
L. 10ª. Delitos contra as garantías constitucionais
Bibliografía básica e complementaria- MUÑOZ CONDE, F., Derecho Penal. Parte Especial, 16ª edición, Valencia, 2007.
- QUINTERO OLIVARES, G. e MORALES PRATS, F., Comentarios a la Parte Especial del Derecho Penal, 6ª edición, Cizur Menor (Navarra), 2007.
- VIVES ANTÓN, T. S., Derecho penal, Parte Especial, Tirant lo Blanch, Valencia, 2004.
Competencias- Coñecer e entender os problemas prácticos e político-criminais que suscitan as figuras delituosas en cuestión, así como os concretos mecanismos dos que dispoñen o lexislador, o xuíz e o intérprete á hora de resolvelos.
- Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento de dúbidas relacionadas cos delitos obxecto de estudo.
Metodoloxía da ensinanza -Clases teóricas, con especial referencia ás implicacións prácticas que entraña cada unha das nocións teóricas.
- Clases prácticas nas que se examinarán sentenzas e se resolverán casos.
Sistema de evaluación- Realización dun traballo final sobre os temas incluídos no programa da disciplina (80 por cento da nota).
- Proba final sobre a materia co fin de ponderar os coñecementos do alumno sobre a disciplina (20 por cento da nota)
Tempo de estudo e traballo persoal- Volume global de traballo mínimo: 75 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o estudo diario da disciplina, o uso das titorías e o emprego dos materiais didácticos complementarios que se facilitan.