P3101207 - Dereito Administrativo Europeo e Comparado (Módulo II: Protección dos Dereitos do Cidadán) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO coñecemento dalgúns dos ámbitos sectoriais do Dereito público e, en particular, do Dereito administrativo e constitucional.
ContidosI. Orixe e evolución dos sistemas de Dereito Administrativo.
II.Os distintos modelos e sistemas de fontes: Derito continental, derito anglosaxon e dereito europeo.
III. A organización administrativa dos distintosd sistemas.
IV. Organización xurisdiccional e control da Administración.
V. Actividade da Administración e instrumentos de actuación.
CompetenciasO dominio das técnicas de investigación
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor poderán consistir en clases maxistrais, clases prácticas, seminarios ou titorías.
En primeiro lugar, nas clases maxistrais a lección impartida polo profesor pode ter formatos diferentes e nela pódese contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
En segundo lugar, as clases prácticas poderán consistir na proposición e resolución de problemas para o que se require que os alumnos apliquen os coñecementos que adquiriron con axuda das clases teóricas.
En terceiro lugar, os seminarios consisten en actividades propostas polos profesores de cada materia como visitas, reunións científicas con profesores invitados, posta en común de traballos dirixidos realizados polos alumnos, exposicións, debates...
En último lugar, as titorías serán programadas polo profesor e suporán de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónRealización de probas teórico-prácticas e presentación de traballos finais: 80%
Asistencia a clase, participación en debates, realización e presentación de traballos escritos 20%
Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS 21
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 54
Recomendacións para o estudo da materiaParticipar activamente nas clases de natureza práctica.
Estudar con tempo e regularmente.
Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
Completar o ensino cos recursos da biblioteca.