P3101209 - Administración Electrónica (Módulo III: Xestión Pública) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO coñecemento dalgúns dos ámbitos sectoriais do Dereito público e, en particular, do Dereito
administrativo e constitucional
ContidosI.- Concepto de Administración electrónica.
II.- Principios da Administración electrónica dereitos dos cidadáns.
III.- Réxime xurídico da Administración electrónica: a sede electrónica, a identificación e autenticación,
os rexistros electrónicos, as comunicacións e as notificacións electrónicas, os documentos electrónicos, os arquivos electrónicos.
IV.- A xestión electrónica dos procedementos.
V.- A contratación electrónica.
Bibliografía básica e complementariaVVAAA, Lecciones y materiales para el estudio del Derecho Administrativo, tomo III, volumen I, Iustel, ultima ed.
Competencias-A adquisición de coñecementos para a superación de procesos selectivos.
-O dominio de técnicas de investigación.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas a realizar no aula con presenza do profesor poderán consistir en clases maxistrais, clases prácticas, seminarios ou tutorías.
En primeiro lugar, nas clases maxistrais a lección impartida polo profesor pode ter formatos diferentes e nela pódese contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
En segundo lugar, as clases prácticas poderán consistir na proposición e resolución de problemas para o que se require que os alumnos apliquen os coñecementos que adquiriron con axuda das clases teóricas.
En terceiro lugar, os seminarios consisten en actividades propostas polos profesores de cada materia como visitas, reunións científicas con profesores invitados, posta en común de traballos dirixidos realizados polos alumnos, exposicións, debates...
En último lugar, as tutorías serán programadas por cada profesor e suporán de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
Sistema de evaluaciónAsistencia a seminarios, resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas polo profesor: representará o 20% da calificación final. A puntuación otorgada pola realización destas actividades queda condicionada á presentación do traballo final.
Realización dun traballo final: representará o 80% da calificación final.
Este sistema rexe con carácter xeral sen prexuízo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presencias 21
Horas de traballo persoal 54
Recomendacións para o estudo da materia- Participar activamente nas clases de natureza práctica
- Estudar con tempo e regularmente
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca