Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3101213 - Dereito Ambiental (Módulo III: Xestión Pública) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Administrativo
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
NOGUEIRA LOPEZ, MARIA DA ALBA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A aplicación integradora e produtiva dos conceptos teóricos sectoriais adquiridos polos alumnos durante o período de formación ao desenvolvemento da súa actividade profesional no marco dunha contorna laboral dinámico e multidisciplinar
    O desenvolvemento da capacidade dos estudantes de formular, sobre a base de toda a información que sexan capaces de solicitar, propostas e solucións aos problemas profesionais que se lle expoñan
    A profundización nos conceptos, métodos e técnicas fundamentais do Dereito público e, en particular, do Dereito administrativo e constitucional, estudados no grao
    Adquisición das habilidades cognoscitivas referidas á capacidade de comprender e manexar ideas e conceptos

    Contidos
    Orixe e fontes do Dereito Ambiental. Os instrumentos de tutela ambiental: Instrumentos preventivos; técnicas
    económicas e voluntarias de tutela ambiental; Instrumentos complementarios; Técnicas represivas: administrativas e
    penais. A tutela sectorial do medio: Augas; contaminación atmosférica; solos contaminados; residuos; protección
    da natureza. Implicacións tributarias
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    LOZANO CUTANDA, B., Derecho Ambiental Administrativo, Dickinson,ult.ed..

    Bibliografía complementaria
    LOZANO CUTANDA (coord.), Diccionario de Derecho ambiental, Iustel, 2006. DE MIGUEL PERALES,C.,Derecho Español
    del Medio Ambiente,Civitas,2000. LASAGABASTER,I. (dir.), Derecho Ambiental, IVAP, Oñati, ult.edición.


    Competencias
    A aplicación integradora e produtiva dos conceptos teóricos sectoriais adquiridos polos alumnos durante o período de formación ao desenvolvemento da súa actividade profesional no marco dunha contorna laboral dinámico e multidisciplinar
    O desenvolvemento da capacidade dos estudantes de formular, sobre a base de toda a información que sexan capaces de solicitar, propostas e solucións aos problemas profesionais que se lle expoñan
    A profundización nos conceptos, métodos e técnicas fundamentais do Dereito público e, en particular, do Dereito administrativo e constitucional, estudados no grao
    Adquisición das habilidades cognoscitivas referidas á capacidade de comprender e manexar ideas e conceptos

    Metodoloxía da ensinanza
    - As actividades formativas a realizar no aula con presenza do profesor poderán consistir en clases maxistrais, clases prácticas, seminarios ou tutorías.
    - En primeiro lugar, nas clases maxistrais a lección impartida polo profesor pode ter formatos diferentes e nela pódese contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
    - En segundo lugar, as clases prácticas poderán consistir na proposición e resolución de problemas para o que se require que os alumnos apliquen os coñecementos que adquiriron con axuda das clases teóricas.
    - En terceiro lugar, os seminarios consisten en actividades propostas polos profesores de cada materia como visitas, reunións científicas con profesores invitados, posta en común de traballos dirixidos realizados polos alumnos, exposicións, debates...
    - En último lugar, as tutorías serán programadas por cada profesor e suporán de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.

    Sistema de evaluación
    1.- Asistencia a seminarios organizados no marco das diferentes
    materias, resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras
    actividades programadas pola profesora: representará, como máximo, o 20%
    da cualificación final.
    2.- Realización dun traballo final: representará, como mínimo, o 80% da
    cualificación final.

    Este sistema rexe con carácter xeral sen perxuicio das adaptacións que
    no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar
    a cabo o profesor responsabel da materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    - HORAS PRESENCIAIS 21
    - TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 54

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Participar activamente nas clases de natureza práctica.
    - Estudar con tempo e regularmente.
    - Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
    - Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
    - Completar o ensino cos recursos da biblioteca.