P3171102 - Transformacións do Sistema Internacional (Análise das Relacións Internacionais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs obxectivos xerais desta materia perseguen enriquecer a formación teórica en Relacións Internacionais introducindo novos conceptos e habilidades prácticas. En concreto preténdese:
- Proporcionar unha comprensión ampla da natureza complexa das Relacións Internacionais no mundo actual, analizando tanto os procesos estruturais coma o comportamento dos principais actores internacionais.
- Dotar o alumno de capacidades técnicas abondo para aplicar por si mesmo as destrezas básicas da disciplina coas que, ademais de analizar, comprender e explicar problemas actuais das Relacións Internacionais poida formular hipótese que lle axude a crear novos coñecementos a través da investigación.
- Capacitar o alumno para transmitir e comunicar a terceiros os coñecementos propios deste campo a través da elaboración de discursos coherentes: alentar no alumno a argumentación lóxica e racional, o emprego da terminoloxía e as ferramentas dialécticas propias do campo disciplinar, así como fomentar a súa capacidade de razoamento, reflexión e espírito crítico.
- Ofrecer ao alumno novas perspectivas para observar a realidade internacional e potenciar a súa aproximación aos procesos internacionais dende o coñecemento teórico e práctico que achega o estudo desta disciplina.
ContidosI. Introdución: Estrutura do sistema internacional.
II. Xénese dunha nova sociedade internacional.
- A transformación actual do medio internacional.
- Unha orde internacional pendente de definir.
III. Grandes escenarios xeopolíticos.
- Os Estados Unidos como actor global.
- A Unión Europea como actor internacional.
- Rusia: á busca do seu papel internacional.
- América Latina
- O mundo árabe - islámico.
- O sistema internacional asiático.
- África na escena internacional.
Bibliografía básica e complementariaALÍ, T.: Pakistán en el punto de mira de Estados Unidos: el duelo. Madrid, Alianza, 2008.
ÁLVAREZ-OSSORIO, I./ IZQUIERDO, F.: ¿Por qué ha fracasado la paz? Madrid, La Catarata, 2007.
BRZEZINSKI, Z.: Tres presidentes. Barcelona, Paidós, 2008.
DAVID, Ch. Ph.: La guerra y la paz. Barcelona, Icaria – FRIDE, 2008.
FUKUYAMA, F.: América en la encrucijada. Barcelona, Ediciones B, 2007.
KHADER, B.: El mundo árabe explicado a Europa: historia, imaginario, cultura, política,
economía, geopolítica. Barcelona, Icaria, 2010.
KHANNA, P.: El Segundo Mundo. Imperios e influencia en el nuevo orden mundial. Barcelona, Paidós, 2008.
KISSINGER, H.: China. Barcelona, Debate, 2012.
MAJDOUBI, E. H.: Revolución por la dignidad en el mundo árabe: de la indignación al renacimiento. Barcelona, Icaria, 2012.
MÉNDEZ GUTIÉRREZ DEL VALLE, R.: El nuevo mapa geopolítico del mundo. Valencia, Tirant lo Blanch, 2011.
MICHEL, S. / BEURET, M.: China en África. Madrid, Alianza, 2009.
MONTOBBIO, M.: Salir del Callejón del Gato: la deconstrucción de Oriente y Occidente y la
gobernanza mundial. Barcelona, Icaria, 2008.
NYE, J.: La paradoja del poder norteamericano. Madrid, Taurus, 2003.
RASHID, A.: Descenso al caos. EE.UU. y el fracaso de la construcción nacional en Pakistán,
Afganistán y Asia Central. Barcelona, Península, 2009.
REID, M.: El continente olvidado. Barcelona, Belcqua, 2009.
TORREBLANCA, J.I.: La fragmentación del poder europeo. Barcelona, Icaria, 2011.
VEIGA, F.: El desequilibrio como orden. Una historia de la postguerra fría 1990-2008. Madrid, Alianza, 2009.
ZAKARIA, F.: El mundo después de USA. Madrid, Espasa Calpe, 2009.
Inclúese a bibliografía complementaria no programa impreso da asignatura, á disposición dos alumnos na fotocopiadora do centro
Competencias- Capacidade para analizar os procesos internacionais, a súa interrelación e os seus efectos sobre o conxunto da sociedade internacional.
- Exercitar a expresión oral e escrita para que as súas análises reflictan tanto a complexidade do obxecto tratado coma o emprego dos conceptos e terminoloxía propios da disciplina.
- Favorecer a capacidade reflexiva e crítica do alumno.
- Estimular a súa curiosidade intelectual.
- Habilidade para buscar información respecto das cuestións internacionais tanto por medios bibliográficos ou electrónicos, de procedencia académica, xornalística ou institucional.
Metodoloxía da ensinanza O temario será explicado ao longo dun cuadrimestre mediante clases teóricas e prácticas.
As actividades prácticas centraranse na lectura, recensión e comentario dunha serie de libros que serán indicados ao comezo do curso.
Tamén se organizarán, ao longo do curso, seminarios ou grupos de traballo centrados no seguimento e busca de información sobre cuestións actuais das relacións internacionais.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá lugar mediante o exame final, a presentación das recensións ás lecturas seleccionadas, así como a elaboración dun traballo de seminario.
Para superar a materia esixirase que o alumno asista, como mínimo, ao 80% das sesións docentes.
O contido do exame estruturarase en torno a un grupo de preguntas teóricas e outro grupo de preguntas relativas ás lecturas efectuadas. Ningún alumno poderá superar a materia sen entregar, con anterioridade á data do exame final, os comentarios escritos destas lecturas e o traballo do seminario.
Os criterios de avaliación da materia comprenden a valoración dos coñecementos adquiridos mediante un exame final (60% da cualificación), así como a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas, a actitude colaboradora co desenvolvemento do curso e a realización dos traballos e o resto de actividades obrigatorias (40% restante).
As cualificacións destas actividades complementarias, avaliadas nas clases prácticas, só teñen validez para cada curso académico. Os alumnos repetidores deberán realizalas novamente.
As cualificacións destas actividades complementarias só se sumarán á nota do exame se este é realizado polo alumno. En caso de non o facer, na acta figurará unicamente non presentado".
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais da asistencia a clase, considérase necesario que o alumno dedique unhas 75 horas ao estudo persoal para superar a materia, divididas da seguinte forma_
- estudo individual da materia: 54 h.
- preparación de traballos: 27 h.
- realización de traballos: 27 h.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir de forma regular e participar activamente nas clases, especialmente nas prácticas.
- Levar ao día a programación do curso.
- Realizar as lecturas obrigatorias no tempo prescrito.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Consultar os fondos bibliográficos e os recursos informáticos dispoñibles nas bibliotecas da USC.