P3171104 - Dereito Internacional dos Dereitos Humanos (Fundamentos da orde xurídica internacional) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOfrecer unha visión de conxunto do contido actual do Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.
ContidosI. SOCIEDADE INTERNACIONAL, ORDENAMENTO XURÍDICO E DEREITOS HUMANOS
Lección 1. A protección da persoa humana en Dereito Internacional
1. O Dereito Internacional dos Dereitos Humanos en perspectiva histórica: das revolucións burguesas á Conferencia de San Francisco
2. Os dereitos humanos na Carta das Nacións Unidas
3. A subxectividade internacional: a persoa humana ante o Dereito Internacional
Lección 2. Caracteres xerais do sistema internacional de protección dos dereitos humanos
1. lus Cogens e Dereitos Humanos
2. Natureza dos convenios de Dereitos Humanos declarativos de normas imperativas
A) Ausencia de reciprocidade
B) Reservas
C) Violación das normas de protección de Dereitos Humanos e responsabilidade do Estado
3. Estrutura básica do sistema internacional de protección dos dereitos humanos: as dinámicas universais e rexionais
4. As funcións da sociedade civil internacional
II. A PROTECCIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
A) A protección dos dereitos humanos no sistema das Nacións Unidas
Lección 3. A Carta Internacional dos Dereitos Humanos: instrumentos xurídicos básicos de carácter universal relativos a dereitos humanos
1. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos: significado histórico e valor xurídico
2. Os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos
A) O Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos
B) O Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais
C) Técnicas de control
Lección 4. Os mecanismos convencionais integrados no sistema onusiano
1. A protección contra todas as formas de discriminación racial
A) Obrigas estatais
B) Técnicas de control
2. A protección contra a discriminación da muller
A) Obrigas estatais
B) Técnicas de control
3. A protección contra tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes
A) Obrigas estatais
B) Técnicas de control
4. A protección relativa aos dereitos do neno
A) Obrigas estatais
B) Técnicas de control
Lección 5. Os mecanismos extraconvencionais para a protección dos dereitos humanos
1. As competencias da Asemblea Xeral no ámbito da defensa dos dereitos humanos
2. O Consello Económico e Social e a evolución do mandato da Comisión de Dereitos Humanos das N. U. As resolucións 1235 (XLII) e 1503 (XLVIII). A creación da Comisión de Dereitos Humanos
3. O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
4. O Consello de Seguridade: dereitos humanos e mantemento da paz
B) A protección dos dereitos humanos ante tribunais penais internacionais
Lección 6. A conformación dunha xurisdición penal internacional
1. Antecedentes históricos
2. Os tribunais penais internacionais ad hoc
3. O proceso de formación da Corte Penal Internacional: a Conferencia de Roma
Lección 7. A Corte Penal Internacional
1. Principios reitores do funcionamento da Corte
2. A competencia material: o catálogo de crimes do Estatuto
3. A competencia persoal
4. Estrutura da Corte e mecanismos para a activación da súa xurisdición
III. OS SISTEMAS REXIONAIS DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS HUMANOS
Lección 8. O sistema europeo de protección de Dereitos Humanos: o Consello de Europa (I)
1. A protección dos dereitos individuais: o Convenio Europeo do 4 de novembro de 1950
2. Os dereitos protexidos polo Convenio e os seus protocolos adicionais
3. Ámbito de aplicación do Convenio
4. Técnicas de control e órganos competentes
A) O sistema de denuncias interestatais
B) As demandas individuais: órganos e procedemento
5. O procedemento ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e a execución das súas sentenzas
Lección 9. O sistema europeo de protección de Dereitos Humanos: A Unión Europea (II)
1. A construción xurisprudencial do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas
2. A Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea
Lección 10. O sistema americano de protección de dereitos humanos
1. Introdución
2. Técnicas de control
3. Órganos de control e procedemento
Lección 11. O sistema africano de protección de dereitos humanos
1. Introdución
2. Técnicas de control, órganos e procedemento
Bibliografía básica e complementariaCARRILLO SALCEDO, J. A.: Soberanía de los Estados y derechos humanos en Derecho internacional contemporáneo, Madrid, Tecnos, 2ª ed., 2001.
CASTILLO, Mireya: Derecho Internacional de los Derechos Humanos, Valencia, Tirant lo blanch, 2003.
FERNÁNDEZ DE CASADEVANTE, Carlos (coord.): Derecho Internacional de los Derechos Humanos, Madrid, Dilex, 2005 (2ª ed.).
FERRER LLORET, Jaume, Responsabilidad internacional del Estado y Derechos humanos, Madrid, Tecnos, 1998
GARCÍA SAN JOSÉ, D.: Los derechos humanos y las libertades fundamentales en la sociedad europea del siglo XXI, Sevilla, Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 2001.
GIL GIL, Alicia. Derecho Penal Internacional, Madrid, Tecnos, 1999.
GÓMEZ ISA, Felipe (Director); PUREZA, José Manuel: La protección internacional de los derechos humanos en los albores del siglo XXI, Bilbao, Universidad de Deusto, 2003
HERNÁNDEZ GÓMEZ, Isabel: Sistemas Internacionales de Derechos Humanos, Madrid, Dykinson, 2002.
JORGE URBINA, Julio: Protección de las víctimas de los conflictos armados, Naciones Unidas y Derecho Internacional Humanitario, Valencia, Tirant lo Blanc, 2000.
- Derecho Internacional Humanitario: conflictos armados y conducción de las operaciones militares, Tórculo, Santiago de Compostela, 2000.
LIROLA DELGADO, Isabel y MARTÍN MARTÍNEZ, Magdalena M. La Corte Penal Internacional: Justicia versus Impunidad, Barcelona, Ariel, 2001
PASTOR RIDRUEJO, J. A.: La protección de los derechos humanos en las Naciones Unidas: aspectos humanitarios y políticos, Cursos de Derecho internacional de Vitoria-Gasteiz, Tecnos/UPV, 1989.
PUEYO LOSA, Jorge; JORGE URBINA, Julio (coord.): El Derecho Internacional Humanitario en una sociedad internacional en transición, Tórculo, Santiago de Compostela, 2002.
RAMÓN CHORNET, Consuelo (dir.): El Derecho Internacional Humanitario ante los nuevos conflictos armados, Tirant lo Blanch, Valencia, 2002.
RODRÍGUEZ-VILLASANTE PRIETO, José Luis: Derecho Internacional Humanitario, Tirant lo Blanch, Valencia, 2002
VILLÁN DURÁN, Carlos: Curso de Derecho Internacional de Derechos Humanos, Madrid, Trotta, 2002.
TEXTOS NORMATIVOS
PUEYO LOSA, J./PONTE IGLESIAS, M.T. (coords.): Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación de Instrumentos Jurídicos, Santiago de Compostela, Tórculo Edicións, 3ª ed., 2002.
ORAÁ ORAÁ, Jaime; GÓMEZ ISA, Felipe (coord.): Textos básicos de derechos humanos y Derecho Internacional Humanitario, Universidad de Deusto, Bilbao, 2000.
CompetenciasCapacidade de comprensión e análise crítica das institucións xurídicas que conforman o Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.
Coñecemento dos mecanismos específicos de aplicación do Dereito Internacional dos Dereitos Humanos, con particular énfase naqueles que recoñecen legitimación activa aos individuos para presentar queixas/demandas.
Capacidade para a resolución de casos prácticos relativos aos mecanismos de aplicación do Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.
Metodoloxía da ensinanza A materia, en tanto optativa, consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas. Polo que se refire ao traballo presencial na aula, ditas horas distribúense como segue: Clases teóricas: 13 horas ; Seminarios / Prácticas: 4 horas ; Traballos tutelados: 2 horas ; Tutorías: 2 horas e Exame: 2 horas
Axustándose a este desglose, a metodoloxía do ensino sustentarase nas actividades que a continuación se indican:
Clases teóricas: explicaranse os contidos esenciais da materia, presentando e resolvendo os seus problemas centrais
Seminarios / Prácticas: sobre a base da bibliografía e a documentación achegada polo profesor, analizaranse e debateranse algúns dos contidos dos temas que conforman o programa da materia
Traballos tutelados: dirixidos a profundar sobre algún dos aspectos máis relevantes da materia e a fortalecer a capacidade analítica, discursiva e expositiva do alumno/a
Tutorías: entendidas como un apoio á formación do alumno/a, estas sesións oriéntanse a resolver as súas dúbidas sobre a materia, consolidar os coñecementos adquiridos, preparar a realización dos seminarios e a elaboración dos traballos tutelados
Sistema de evaluaciónPara que un alumno sexa avaliado é condición necesaria que asista, como mínimo, ao 80% das clases. A avaliación terá lugar mediante un exame que suporá o 60% da cualificación. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades programadas (seminarios, traballos monográficos, exposicións), así como a súa asistencia ás clases suporá o 40% da cualificación
Aspectos a valorar:
1. Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica: 60%
2. Asistencia participativa: 10%
3. Seminarios / traballos: 30%
Tempo de estudo e traballo persoalA asignatura, en tanto materia de carácter optativo, consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas ECTS. Polo que se refire ao traballo persoal do alumno/a, estas horas distribúense como segue:
Estudo individual do alumno/a: 30 horas ECTS
Preparación de seminarios / casos prácticos: 11 horas ECTS
Preparación de traballos e exposicións: 11 horas ECTS
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir a clase regularmente e participar activamente nos debates
Recorrer ás tutorías para resolver calquera dúbida sobre a materia
Planificar o traballo con antelación
Estudar con tempo e periodicidade
Completar o ensino cos recursos bibliográficos