Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3171105 - Estudos de Integración Europea (Integración Rexional) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE.NON
LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é adquirir un coñecemento especializado do proceso de integración europeo que hoxe identificamos coa Unión Europea. Resultan moi recomendables os seguintes coñecementos previos:
    -Un coñecemento da historia europea durante o século XX
    -Un coñecemento básico da evolución e desenvolvemento do proceso de integración europeo
    -Un coñecemento básico do sistema institucional da Unión Europea
    -Manexo de terminoloxía politológica e xurídica nun nivel elemental
    -Coñecementos de inglés e francés para utilización de bibliografía especializada

    Contidos
    1.Fundamentos e dinámicas de evolución do proceso de integración europeo
    -1.1. Regionalismo internacional e procesos de integración rexional
    -1.2.Dinámicas federalistas, funcionalistas e intergobernamentais na construción europea
    -1.3.Fundamentos e orzamentos da integración europea
    -1.4.Ampliación e profundización no proceso de integración europeo

    2. A repartición de poderes na Unión Europea. Competencias e mecanismos de decisión

    -2.1. Interacción de intereses no sistema de funcionamento da Unión Europea. O principio de equilibrio institucional.
    -2.2. O exercicio das competencias lexislativas e executivas: As funcións da Comisión, o Consello e o Parlamento Europeo. A intervención dos Parlamentos nacionais
    -2.3.Intergubernamentalismo no sistema institucional: O Consello Europeo e a súa Presidencia estable
    -2.4.O control xurisdiccional na UE. O papel do TJUE.

    3.O Dereito da Unión Europea. Fontes e aplicación
    -3.1. As competencias da Unión Europea
    -3.2. O sistema de fontes do Dereito da Unión Europea
    -3.3. As relacións entre o ordenamento da Unión e os ordenamentos dos Estados membros

    4.Ambitos materiais da acción da Unión Europea:
    -4.1.Dimensións da acción exterior da Unión Europea
    -4.2.Ámbitos e instrumentos do espazo de liberdade, seguridade e xustiza
    -4.3.Liberdades e políticas do mercado interior

    Bibliografía básica e complementaria
    - Abellán Honrubia, V., Vilá Costa, B. (dirección) ;Olesti Rayo, A. (coordinación)Lecciones de Derecho comunitario europeo , 6ª ed. act., Barcelona, Ariel, 2010.

    -ALONSO GARCÍA, R., Sistema Jurídico de la Unión Europea, Thomson-Civitas Madrid, 2007

    -ALCAIDE FERNÁNDEZ, J., CASADO RAIGON, R. , Curso de Derecho de la Unión Europea, 1ª ed., Madrid, Tecnos, 2011

    -ALDECOA LUZÁRRAGA,F. y GUINEA LLORENTE, M.: La Europa que viene: el Tratado de Lisboa, Marcial Pons, Madrid, 2010

    -BARNARD, C., The Substantive Law of the EU: The Four Freedoms, Oxford, Oxford University Press, 2007

    -FERNÁNDEZ DE CASADEVANTE, C. (Director), Derecho de la Unión Europea. Nociones Básicas, Madrid, Dilex, 2012.

    - GIRÓN LARRUCEA, J., El sistema jurídico de la Unión Europea: la reforma en el Tratado de Lisboa, Tirant lo Blanch, Valencia, 2008

    -GUTIÉRREZ ESPADA, S., CERVELL HORTAL, M.J., PIERNAS LÓPEZ, J.J., GARCIANDÍA GARMENDIA, La Unión Europea y su Derecho (Estructuras y Procesos), Madrid, Trotta, 1ª Edición, 2012.

    - JORGENSEN, K.E., POLLACK, M.A., ROSAMOND, B., Handbook of European Union Politics, London, SAGE, 2006

    - LINDE PANIAGUA, E., Políticas comunitarias, 5ª ed., Madrid, Colex, 2008

    - LÓPEZ ESCUDERO, M.,MARTÍN PÉREZ DE NANCLARES (coord), Derecho comunitario material, Madrid, McGraw-Hill, 2000

    -MANGAS MARTIN, A./LIÑAN NOGUERAS, J., Instituciones de Derecho de la Unión Europea, 6ª ed., ed.Tecnos, Madrid, 2012

    -MARTÍN Y PÉREZ DE NACLARES, J. (coord.), El Tratado de Lisboa. La salida de la crisis institucional, Iustel, Madrid, 2008

    - WIENER, A., European Integration Theory, Oxford University Press, 2004

    Competencias
    -Avanzar no coñecemento da dinámica e funcionamento do proceso de integración
    europeo
    -Profundar na problemática relativa ao sistema xurídico da Unión Europea e
    a súa aplicación
    -Adquirir unha visión global da actuación da Unión Europea a través da
    análise da súa acción no ámbito internacional e dalgunhas das políticas e
    ámbitos de actuación máis significativos en dimensión interna
    -Desenvolver a capacidade analítica e crítica do alumno para poder comprender o
    funcionamento da Unión Europea e proporcionar solucións ás cuestións
    prácticas que este expoña no seu exercicio profesional.
    -Adquirir o manexo dos instrumentos necesarios para resolver problemas
    relacionados coa aplicación do Dereito da Unión Europea no seu exercicio
    profesional.
    Metodoloxía da ensinanza
    .Clase teórica: Neste caso basearase no ensino impartido polo
    profesor sobre a base da guía docente elaborada. Para iso, poderá
    contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. No entanto,
    non se limita á mera exposición de contidos por parte do docente,
    senón que se incentivará a participación activa dos estudantes, certos
    espazos para o debate e o comentario de aspectos da actualidade,que permitan interrelacionar as diferentes partes do contido de cada
    materia.
    . Clases prácticas: Serven de complemento ás clases teóricas, pois nelas
    proponse e resolven supostos de feito da práctica
    internacional nos que o alumno debe aplicar os coñecementos
    teóricos adquiridos. Trátase de pór de manifesto a relevancia
    práctica dos coñecementos teóricos e os problemas que se suscitan
    na realidade. Por iso, esíxese a participación activa do estudante
    durante o seu desenvolvemento, así como unha preparación previa sobre a base dos
    materiais de apoio entregados (estarán dispoñibles na Aula Virtual).
    . Seminarios: Clases eminentemente prácticas nas que se poden
    levar a cabo diversas actividades formativas, cuxo obxectivo común é
    promover o debate e a discusión entre os estudantes e co profesor
    ao redor de certos temas da materia docente (comentarios de texto,
    lectura e recensión crítica de libros, exposicións de traballos?). Esixen
    unha participación moi activa por parte dos estudantes e incentivarase a realización de actividades en grupo por parte dos
    alumnos.
    . Tutorías: Esta técnica docente permite ofrecer ao alumno unha orientación
    individualizada sobre a materia, potencia o diálogo co profesor e
    axusta a valoración académica. Serán programadas por cada profesor
    de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos
    alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir
    cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver
    calquera dificultade relacionada coa materia.
    . Outras actividades formativas: A adquisición de certas competencias,
    tanto xerais como específicas (procura de información, manexo debases de datos relacionadas cos estudos internacionais,
    metodoloxía da investigación, exposición oral de traballos e prácticas,
    traballo en equipo...), require a realización de tarefas específicas que o
    plan contempla nas distintas materias e que poden levar, entre
    outras actividades, á utilización de aulas con computadores cun grupo
    reducido de alumnos.
    Sistema de evaluación
    -A avaliación terá lugar mediante un exame, que estará integrado por unha banda
    teórica e un caso práctico, a través do cal se busca valorar os
    coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun
    suposto práctico. Este exame suporá o 60% da cualificación. A
    participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades
    programadas (seminarios, casos prácticos, traballos monográficos,
    exposicións), e a súa asistencia ás clases, suporá o 40% da cualificación.

    -Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica-Coñecemento teórico.Aplicación práctica dos contidos teóricos-Exame teórico e práctico 60%

    -Asistencia participativa-Participación activa nas clases teóricas, debates,seminarios e comentario de supostos prácticos-(como mínimo 80 % das sesións presenciais), Observación e notas do profesor 10%

    -Traballos prácticos. Estrutura e capacidade de análise crítica. Bibliografía empregada.Exposición oral. Traballos. Comentarios de xurisprudencia- Casos prácticos- 30%

    No caso de que alumno realice algunhas das actividades programadas pero non o exame, a calificación será de "non presentado".

    Aqueles alumnos que non superen a asignatura ou ben non se presentaron ao exame, poderán conservar para o curso inmediatamente seguinte a nota obtida nas clases interactivas, a condición de que o soliciten por escrito, ao comenzo do cuatrimestre, no prazo sinalado polos Profesores responsables da docencia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo individual do
    alumno 54
    Preparación de Seminarios/casos
    prácticos 27
    Preparación de traballos e
    exposicións 27
    Total
    Recomendacións para o estudo da materia
    x
    Observacións
    x