Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3171106 - Persona, Familia e Integración Europea (Integración Rexional) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Internacional Privado
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ GONZALEZ, SANTIAGO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS

    A materia persegue transmitir ao alumno unha visión omnicomprensiva de como os problemas xurídicos vinculados á familia e á persoa poden influír e de feito influíron na construción da Unión Europea e cales foron, son e serán as respostas xurídicas por parte das Institucións Comunitarias, así como o funcionamento daquelas respostas.

    Contidos
    TEMARIO: PERSOA, FAMILIA E INTEGRACION EUROPEA


    TEMA 1. A dimensión persoal e familiar na construción europea

    1. A dimensión persoal e familiar na construción de Europa
    2. O labor do TJUE no desenvolvemento dos dereitos e liberdades comunitarios
    3. A libre circulación de persoas e a cidadanía europea
    4. Os aspectos persoais e familiares sometidos á libre circulación

    TEMA 2. A evolución normativa da cooperación xudicial civil

    1. A cooperación xudicial civil
    2. Do Terceiro Pilar ao Primeiro Pilar comunitario: a evolución da cooperación xudicial civil do Tratado de Maastricht ao Tratado de Ámsterdam
    3. A cooperación xudicial civil na actualidade: Tratado de Lisboa e Programa de Estocolmo

    TEMA 3. A evolución normativa europea en materia de persoas e familia

    1. A creación dun verdadeiro espazo europeo de xustiza
    2. O principio de recoñecemento mutuo e o principio de confianza mutua
    3. A armonización material e o respecto á identidade cultural

    TEMA 4- Matrimonio e efectos do matrimonio

    1. Crises matrimoniais: o Regulamento de Bruselas II bis en materia matrimonial e de responsabilidade parental.
    2. O Regulamento Roma III sobre lei aplicable a separación e o divorcio.
    3. As propostas de regulamenos sobre réxime económico matrimonial e consecuencias patrimoniais das unións rexistradas.

    TEMA 5- Protección de nenos, dereitos de custodia e visita, desplazamiento ilícito de nenos

    1. O Regulamento Bruselas II bis.
    2. O Convenio da Haia de 1996.
    3. O Convenio da Haia de 1980 sobre desplazamento ilícito de nenos. Interacción dos instrumentos aplicables.

    TEMA 6- Obrigas alimenticias

    1. Regulamento 4/2009 do Consello de 18 de decembro de 2008, relativo á competencia, lei aplicable e o recoñecemento e a execución das resolucións e a cooperación en materia de obrigacións de alimentos.
    2. Protocolo de Háia (2007) sobre a Lei aplicable ás obrigacións alimenticias


    TEMA 6- Dereito de Sucesións


    1. O Regulamento relativo á competencia, lei aplicable, o recoñecemento a execución das resolucións e os actos auténticos en materia de sucesións e a creación dun certificado europeo.


    TEMA 7. Outras materias ligadas ao estado civil das persoas

    1. O recoñecemento do nome e os apelidos inscritos noutros Estados membros.
    2. As relacións de convivencia estable (rexistradas e non rexistradas) e os matrimonios do mesmo sexo.
    3. Libro Verde para promover la libre circulación de los documentos públicos y el reconocimiento de las certificaciones de estado civil, de 14 de diciembre de 2010.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA

    VVAA. Derecho Privado Europeo, S. Cámara Lapuente, (coord.), Colex, 2003.
    VVAA. Estudios de Derecho de familia y sucesiones, Santiago Álvarez (ed.), Santiago de Compostela 2009
    S. Sanchéz Lorenzo, J. C. Fernández Rozas, Derecho, Derecho Internacional privado, 5ed. Civitas, 2011.
    S. Sánchez Lorenzo, Derecho Privado Europeo, Comares, Granada, 2002.
    R. Arenas García, Crisis matrimoniales internacionales, De Conflictu Legum, Universidad de Santiago de Compostela, 2004.
    S. Álvarez González, Crisis matrimoniales internacionales y prestaciones alimenticias, Civitas, 1996.
    C. Azcarraga Monzonis, Sucesiones Internacionales, Tirant, Valencia. 2008
    E. Rodríguez Pinau, Régimen Económico matrimonial: Aspectos Internacionales, Comares, Granada, 2002.
    A. Lara Aguado, El nombre en Derecho Internacional privado, Comares,1998.

    O profesor encargado proporcionará materiáis docentes o longo das aulas.


    Competencias
    COMPETENCIAS

    A materia persegue que o alumno sexa capaz de:

    - Identificar un problema xurídico vinculado á persoa, familia ou sucesións e determinar cando afecta ao funcionamento da integración europea.

    - Coñecer o funcionamento dos principais instrumentos comunitarios dirixidos a dar resposta xurídica aos problemas que relacional persoa, familia e integración eropea.

    - En especial, delimitar o ámbito de aplicación dos instrumentos comunitarios e o ámbito da normativa nacional de cada Estado Membro; especialmente, a española.

    - Resolver correctamente unha cuestión xurídica en aplicación dos instrumentos comunitarios pertinentes.

    - valorar críticamente a conveniencia, necesidade ou ausencia de necesidade da adopción de medidas comunitarias en relación cos problemas xurídicos vinculados a persoa e familia.
    Metodoloxía da ensinanza
    METODOLOXIA

    Sen prexuízo da división formal das clases en expositivas e interactivas, as clases serán maioritariamente interactivas e ao longo das mesmas analizaranse tanto os aspectos teóricos do programa, canto, moi especialmente, os aspectos prácticos. Neste sentido, prestarase unha moi especial atención á práctica do Tribunal de Xustiza en relación ás materias obxecto de estudo, con análises pormenorizadas da maior parte das sentenzas ditadas polo Alto Tribunal comunitario que se vinculen á materia tratada.

    Ditas sentenzas serán proporcionadas polo Profesor Encargado coa suficiente antelación para que os alumnos poidan analizalas con carácter previo ás clases, onde se discutirán os seus aspectos máis sobresaíntes.
    Sistema de evaluación
    SISTEMA DE AVALIACIÓN

    A avaliación terá lugar mediante un exame final a través do cal búscase valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. Este exame suporá ata o 60% da cualificación. Dito exame poderá consistir na resolución de un ou más casos prácticos.

    A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades xerais programadas, e a realización dos traballos individuais que se programen, así como a súa participación activa nas clases suporá un ata o 40% da cualificación. Neste senso, se farán un o dous exames parciáis para poder evaluar con carácter xeral o aproveitamento xeral e individual das clases por parte dos alumnos.

    En todo caso, dado o carácter presencial da docencia, será precisa unha asistencia mínima do 80% das clases programadas para superar a materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO DE ESTUDO RECOMENDADO

    O alumno deberá dedicar ao estudo e traballo persoal fóra das clases reguladas eun tempo aproximado de entre 1,5 e 2 horas por hora de clase presencial en función dos seus coñecementos previos e o aproveitamento persoal de cada cal.
    Recomendacións para o estudo da materia
    RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA

    Resulta altamente recomendable que os alumnos teñan unha boa base de Dereito comunitario e de Dereito internacional privado, dado que non se dedicará tempo en clase a volver sobre contidos básicos de ambas as disciplinas, os cales daranse por sabidos.

    Os alumnos que non posúan tales coñecementos contarán cunha bibliografía e materiais adicionais para alcanzalos, o que sen dúbida implicará un aumento moi significativo do tempo que deberán dedicar á preparación da materia fose do horario lectivo.