Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3171107 - Economía Mundial (Sistema económico mundial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
JORDAN RODRIGUEZ, MANUEL.SI
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O programa desta materia organízase coa intención de que os alumnos dispoñan duns coñecementos que lles permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos, e coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación
    Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas claves da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas globais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións
    Contidos
    Os sistemas económicos. Análise económica do capitalismo.Etapas e modalidades na expansión do capitalismo
    Estrutura e problemas da poboación mundial.
    A base enerxética do sistema económico mundial
    A internacionalización de capital
    O papel do estado
    O comercio internacional
    O sistema monetario internacional. As relacións financeiras internacionais
    Os procesos de integración económica
    A integración europea
    Centro e periferia: xénese e causas do subdesenvolvemento. A estrutura interna
    Cara a unha nova orde económica internacional: cooperación e axuda ao desenvolvemento
    O problema da débeda externa
    As estratexias de saída: substitución de importacións e crecemento cara a fóra. O consenso de Washington
    A transición dende as economías de planificación central
    Outras cuestións relevantes da economía mundial
    Os límites sociais, económicos e ecolóxicos do modelo de crecemento. Control, uso e degradación dos recursos e ecosistemas naturais
    Bibliografía básica e complementaria
    Para cada tema os alumnos dispoñerán, como lectura básica, dun ou dous textos breves seleccionados polo Departamento.
    Como complemento poderán consultar algún dos manuais de referencia. Entre outros:
    BERZOSA, Carlos e outros, Estructura económica mundial, Síntesis, Madrid, 1996.
    - MARTÍNEZ CHACÓN, Elvira e GARCÍA ALONSO, José María (coords.), Economía mundial, Ariel, Barcelona, 2002.
    - MARTÍNEZ PEINADO, Javier e VIDAL VILLA, José María (coords.), Economía mundial, McGraw-Hill, Madrid, 2000.
    - PALAZUELOS, Enrique e ALBURQUERQUE, Francisco (coord.), Estructura económica capitalista internacional: el modelo de acumulación de posguerra, Akal, Madrid, 1990.
    - PAZ BÁÑEZ, Manuela A. de (dir.), Economía mundial. Tránsito hacia el nuevo milenio, Pirámide, Madrid, 1998.
    - REQUEIJO, Jaime, Economía Mundial, McGraw-Hill, Madrid, 2002.
    - TAMAMES, Ramón, Estructura económica internacional, Alianza, Madrid, 1995.
    - VARELA, Manuel (coord.), Organización económica internacional. Problemas actuales de la economía mundial, Pirámide, Madrid, 1991.
    - VIDAL VILLA, José María e MARTÍNEZ PEINADO, Javier, Estructura económica y Sistema Capitalista Mundial, Pirámide, Madrid, 1987.

    Competencias
    Posuír e comprender os coñecementos que definen a economía como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento en economía.
    Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
    Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
    Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.

    Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
    Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
    Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
    Avaliar consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
    Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores desta.
    Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional.
    Integrarse na xestión empresarial.
    Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
    Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
    Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
    Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.


    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesor. Irá precedida dunha presentación-esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. Os alumnos poderán dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. Plantéxanse, en calquer caso, como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que os alumnos deben ter realizado previa e persoalmente.
    Con independencia da lectura dos textos básicos suministrados, o tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....
    .Ademais, coincidindo co período non lectivo de Xunio, os alumnos deberán realizar un traballo de síntese, relacionado cos contidos tratados , consistentes na busca e organización de datos referentes a diversos aspectos da realidade económica mundial, análise e comentario dos mesmos e elaboración e defensa de conclusións. Os resultados destes traballos serán debatidos en sesións colectivas e monográficas.

    Para a realización deste conxunto de actividades os alumnos poden utilizar as Titorías persoais, virtuais e de aula.

    Sistema de evaluación
    Nesta materia con avaliación continua valorarase o esforzo continuado do alumno ao longo do curso, basicamente, e a título indicativo:
    - A participación na aula: preguntas, respostas ás preguntas do profesor, etc.
    - Grado de cumplimento e calidade das actividades realizadas das propostas en cada tema
    - Se procedera, e se fora necesario en función dos probes resultados das actividades anteriores, pode utilizarse como elemento de valoración algunha proba, de curta duración, sobre un ou varios temas do programa

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Para a realización destas actividades estímase que o alumno debe adicar en torno a 2,5 horas á semana de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio de traballo autónomo é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada un
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ademais da asistencia á clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso. cada alumno deberá adicar o que resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.