Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3171202 - Paz e Conflitos Armados (Fundamentos da orde xurídica internacional) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
JORGE URBINA, JULIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao estudante un coñecemento de carácter xeral das normas regulan o uso da forza nas relacións internacionais e as diferentes cuestións que suscita o mantemento da paz e a seguridade internacionais.

    Analizar as normas que regulan a protección das vítimas nos conflitos armados e que establecen obrigacións concretas para os contendentes. Para iso prestarase unha especial atención ao Dereito internacional humanitario e aos problemas que suscita a súa aplicación nos actuais conflitos armados.


    Contidos
    I. LOS CONFLITOS ARMADOS NA SOCIEDADE INTERNACIONAL.


    Lección 1: Os conflitos armados na sociedade internacional contemporánea

    1. A realidade dos conflitos armados na sociedade internacional
    2. Cambios nas características dos conflitos armados
    3. Novas tipoloxías de conflitos armados: as “novas guerras”
    A. Diminución dos conflitos entre Estados e crecente relevancia da tecnoloxía militar: as guerras asimétricas
    B. Debilitamento do Estado e auxe de actores armados non estatais: os conflitos desestruturados
    C. “Privatización” da violencia nos conflitos armados
    D. Impacto dos conflitos sobre a poboación civil

    II. A REGULACIÓN XURÍDICA INTERNACIONAL DOS CONFLITOS ARMADOS

    Lección 2: O control do uso da forza nas relacións internacionais

    1. Uso da forza e Dereito internacional contemporáneo: a Carta das Nacións Unidas
    2. Natureza e contido da norma que prohibe o uso da forza
    3. Supostos de uso lícito da forza. Lexítima defensa individual e colectiva
    4. As Nacións Unidas e o mantemento da paz
    A. O Capítulo VII da Carta e a súa aplicación polo Consello de Seguridade
    B. As operacións de mantemento da paz
    C. Uso da forza e dereitos humanos: Intervención humanitaria e responsabilidade de protexer

    III. A LIMITACIÓN DA VIOLENCIA NOS CONFLITOS ARMADOS

    Lección 3: O Dereito Internacional Humanitario (I): Aspectos xerais

    1. Os conflitos armados e o desenvolvemento da súa normativa internacional
    A. Orixes e evolución
    B. Noción e características xerais
    2. Ámbito de aplicación
    3. Dereito Internacional Humanitario e Dereito Internacional dos Dereitos Humanos
    4. Principios xerais do Dereito Internacional Humanitario

    Lección 4: O Dereito Internacional Humanitario (II): Condución das operacións militares

    1. Límites na elección dos obxectivos cuxo ataque é lícito
    A. Obxectivos militares
    B. Bens de carácter civil
    2. Condución das hostilidades e protección contra os danos colaterais
    A. Prohibición dos ataques indiscriminados
    B. O principio de proporcionalidade
    C. Medidas de precaución na preparación dos ataques
    3. Límites na elección de medios e métodos de combate
    A. Métodos de combate prohibidos ou limitados
    B. Medios de combate prohibidos ou limitados

    Lección 5: Dereito Internacional Humanitario (III): Protección das vítimas dos conflitos armados

    1. Protección das vítimas dos conflitos armados
    A. Protección de los combatentes. Noción de combatente
    a) Feridos, enfermos e náufragos
    b) Prisioneiros de guerra
    B. Protección da poboación civil.
    a) Noción de persoa civil e de poboación civil
    b) Protección da poboación civil contra os efectos das hostilidades
    c) Protección da poboación civil en poder do inimigo
    3. Dereito Internacional Humanitario e conflitos armados internos

    Lección 6: Dereito Internacional Humanitario (IV): Aplicación e respecto.

    1. Mecanismos para asegurar o respecto do Dereito Internacional Humanitario
    A. Medios preventivos
    B. Papel das potencias protectoras
    C. Especial referencia o CICR
    2. Control da aplicación do Dereito Internacional Humanitario: A Comisión Internacional de Determinación dos Feitos
    3. Represión das violacións e responsabilidade internacional do individuo
    A. Desenrolo normativo: Noción de infraccións graves
    B. Mecanismos para perseguir as violacións do Dereito Internacional Humanitario
    a) Tribunais nacionais: Principio de xurisdición universal
    b) Creación dunha xurisdición penal internacional: A Corte Penal Internacional
    C. Responsabilidade internacional dos Estados
    4. A ONU e a aplicación do Dereito Internacional Humanitario

    Bibliografía básica e complementaria
    ARENAS MEZA, M.: Los límites al recurso a la fuerza transfronteriza en el actual Derecho internacional. El principio de proporcionalidad, Tórculo, Santiago, 2004
    CASTILLO DAUDI, M.; SALINAS ALCEGA, S.: Responsabilidad penal del individuo ante los tribunales internacionales, Tirant lo blanch, Valencia, 2007
    COSTAS TRASCASAS, M.: Violencia interna y protección de la persona, Tirant lo blanch, Valencia, 2008
    GARCÍA, C.; RODRIGO, A.J. (eds.): La seguridad comprometida. Nuevos desafíos, amenazas y conflictos armados, Tecnos/Universidad Pompeu Fabra, Madrid, 2008
    JORGE URBINA, J.: Derecho internacional humanitario. Conflictos armados y conducción de las operaciones militares, Torculo, Santiago, 2000
    KALDOR, M.: Las nuevas guerras. La violencia organizada en la era global, Tusquets, Barcelona, 2001
    MANGAS MARTÍN, A.: Conflictos armados internos y Derecho internacional humanitario, Ediciones Universidad de Salamanca, salamanca, 1990
    LIROLA DELGADO, I.; MARTÍN MARTÍNEZ, M.: La Corte Penal Internacional. Justicia versus Impunidad, Ariel, Barcelona, 2001
    MARTÍNEZ PISÓN CAVERO, J.M.; URREA CORRES, M. (coord.): Seguridad internacional y guerra preventiva, Perla ediciones, Logroño, 2008
    OJINAGA RUIZ, R.: Emergencias humanitarias y Derecho internacional: la asistencia a las víctimas, Tirant lo blanch, Valencia, 2005
    OLASOLO ALONSO, H.: Ataques contra personas o bienes civiles y ataques desproporcionados, Tirant lo blanch, Valencia, 2007
    RODRÍGUEZ-VILLASANTE Y PRIETO, J.L. (ed.): Derecho internacional humanitario, 2ª ed., Tirant lo blanch, Valencia, 2007
    Competencias
    - Capacidade de comprensión e análise crítica dos problemas que suscita o
    mantemento da paz e a seguridade internacionais.

    - Profundizar no coñecemento das normas internacionais dirixidas a asegurar
    a protección das vítimas dos conflitos armados.

    - Proporcionar os intrumentos necesarios para a resolución de problemas que suscita a aplicación do Dereito internacional humanitario nos actuais conflitos armados.

    - Promover o traballo en equipo para a solución de casos da práctica
    internacional relacionados co mantemento da paz e a solución dos
    conflitos, ofrecendo respostas baseadas no cumprimento das normas
    internacionais.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía da materia combina a realización das seguintes actividades no aula:

    Clases teóricas: Desenvolveranse seguindo o formato da lección maxistral. As explicacións atenderán, prioritariamente, a aquelas cuestións que pola súa dificultade ou interese así o requiran, promovendo a participación do alumno. Apoiaranse, sempre que iso resulte factible, no emprego de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.

    Clases prácticas: Comentario e resolución de supostos prácticos, recorrendo para iso ao manexo e análise da documentación e dos instrumentos xurídicos.

    Seminarios: Onde se busca analizar cuestións da realidade internacional que afectan a aspectos concretos da materia.

    Asistencia a titorías: Ten por obxecto a atención persoal ao estudante para unha mellor orientación e seguemiento da súa formación académica. Tamén se pode realizar a través do correo electrónico cando sexa necesario.

    Como apoio á docencia presencial, utilizarase o Campus Virtual da USC, no que se incluirán certos recursos e actividades de utilidade para o estudo da materia.
    Sistema de evaluación
    A avaliación terá lugar mediante un exame, que estará integrado por unha banda
    teórica e un caso práctico, a través do cal búscase valorar os
    coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun
    suposto práctico. Este exame supoñerá, polo menos, o 60% da cualificación. A
    participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades
    programadas (seminarios, casos prácticos, traballos monográficos, comentarios
    de xurisprudencia, exposicións) supoñerá, como máximo, o 40%
    da cualificación.

    Certas actividades avaliables poden realizarse a través do Campus Virtual da USC.

    En todo caso, e á marxe dos criterios de avaliación específicos sinalados anteriormente, a superación da materia requirirá a asistencia, como mínimo, ao 80% das actividades presenciais programadas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A actividade presencial no aula débese completar co traballo individual ou en grupo do alumno, baixo a orientación do profesor, para realizar as seguintes actividades: Preparación das clases teóricas, das prácticas e dos seminarios e estudo individual. O conxunto de actividades deste tipo sumarán un total de 52 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    O estudo desta materia require certos coñecementos xerais previos en ámbitos como a estrutura e funcionamento das Nacións Unidas. O alumno debe coñecer estes aspectos xerais da principal organización encargada do mantemento da paz e a seguridade internacionais.
    Observacións
    Os alumnos que non superasen a materia, pero cumprisen o requisito da asistencia ás clases, estarán exentos da devandita asistencia durante o curso seguinte, aínda que se lles poderá someter a un sistema de seguimento alternativo. Esta situación non quere dicir que queden exonerados da realización do exame final.