Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3171205 - Procesos de Integración Rexional (Integración Rexional) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Martínez Puñal, Antonio.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    *Coñecer as dimensións política, xurídica, económica e social dos procesos de integración rexional.

    *Profundar nestas distintas dimensións, particularmente en relación co espazo latinoamericano.

    Contidos
    I.-Aproximación xeral ao estudo dos procesos de integración rexional.

    II.-Os procesos de integración americanos. Modelos e dinámicas.

    III.-O Tratado de Libre Comercio de América do Norte.

    IV.-O “novo regionalismo” e a integración Norte-Sur.

    V.-Os procesos de integración Sur-Sur: Os límites da integración no
    MERCOSUR.

    VI.-A converxencia MERCOSUR-Comunidade Andina: UNASUR.

    VII.-Globalización e regionalismo en Asía-Pacífico.

    VIII.-Regionalismo e estratexias de integración en África.

    IX.-O marco de relacións entre a Unión Europea e outros procesos de integración
    rexional.


    Bibliografía básica e complementaria
    I.- OBRAS XERAIS E ESPECIALIZADAS

    - Áreas Económicas e Integración/Integration and Economic Areas, IX Reunión de Economía Mundial, dirigida por J.A. Nieto Solis (UAM), Madrid, 26 y 27 de abril de 2007, Madrid, 2007.

    - BALASSA, B.: Teoría de la Integración Económica, UTHEA, México, 1964.

    - BERNAL MEZA, R.: Sistema mundial y MERCOSUR. Globalización. Regionalismo y Políticas Exteriores Comparadas, Grupo Editor Latinoamericana, Buenos Aires, 2000.

    - BÖHLKE, M.: Integraçao regional & autonomia do seu ordenamento jurídico, Jurua Editora, Curitiba, 2002.

    - Derecho de la Integración latinoamericana. Ensayo de sistematización, Ediciones Depalma, Buenos Aires, 1969, (en especial, el Capítulo I, “El fenómeno integracionista”, pp. 3-43)

    -DIEZ DE VELASCO, M.: Las Organizaciones Internacionales. Ed. Tecnos (14ª ed), Madrid, 2006.

    -DROMI SAN MARTINO, L: Derecho Constitucional de la Integración. Editorial Ciudad Argentina, Buenos Aires, 2002.

    - FERNÁNDEZ, W.N.: MERCOSUR, Estados Unidos, Alca. Globalización y Regionalización en el cambio de siglo, Fundación de Cultura Universitaria, Montevideo, 2000, (en especial, “Marco conceptual: Globalización. Regionalismo e Integración Regional. Conjunto de oportunidad y elección racional”, pp. 35-65).

    - MARTÍNEZ PUÑAL, A.: El sistema institucional del MERCOSUR: de la intergubernamentalidad hacia la supranacionalidad, Tórculo Edicións, Santiago de Compostela, 2005.

    - MARTÍNEZ PUÑAL, A: La solución de controversias en el Mercado Común del Sur (MERCOSUR: estudio de sus mecanismos, Tórculo Edicións, Santiago de Compostela, 2000.

    - MARTÍNEZ PUÑAL, A. y DOS SANTOS CARNEIRO, P. H.: “O desafio das negociações entre a União Europeia e o MERCOSUL”, España y Portugal. Veinte años de integración europea ( García Pérez, R/ Lobo-Fernandes, L), Fundación Galicia Europa/Universidad Internacional Menéndez Pelayo, Tórculo Edicións, Santiago de Compostela, 2007.

    - PONTE IGLESIAS, Mª. T.: “Las relaciones Unión Europea-MERCOSUR: dificultades y perspectivas para la consecución de un Acuerdo de Asociación”, Cooperación y conflicto en el MERCOSUR, Lerner Editora, Córdoba, 2007, pp. 47-100.

    - PUEYO LOSA-REY CARO (edts): MERCOSUR: nuevos ámbitos y perspectivas en el desarrollo del proceso de integración. Editorial Ciudad Argentina, Buenos Aires, 2000.

    - SARAIVA STRAUS, F. A.: Soberania e integração latino-americana. Uma perspectiva constitucional do Mercosul, Editora Forense, Rio de Janeiro 2002.


    II.-TEXTOS NORMATIVOS E MATERIAIS DE PRÁCTICAS

    -DIEZ DE VELASCO, M.; ESCOBAR HERNÁNDEZ, C.; TORRES UGENA, N.: Código de las Organizaciones Internacionales. Ed. Aranzadi. Pamplona. 1997.

    -PUEYO LOSA, J.; PONTE IGLESIAS, M.T. (coords.): Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación básica de Instrumentos Jurídicos. Tórculo Edicións (1ª ed.), Santiago de Compostela, 2007.

    Competencias
    *Desenvolver a capacidade analítica e crítica do alumno para que sexa capaz de coñecer a realidade e o dinamismo da integración nos distintos escenarios internacionais.

    *Avanzar no coñecemento das relacións entre a Unión Europea e outros procesos de integración, que permita ao alumno valorar a importancia real destas relacións, particularmente con América Latina.

    *Fornecer as ferramentas necesarias e adecuadas para que o alumno
    poida aplicalos nun mercado onde os intercambios e fluxos comerciais operan a través de actores supranacionales.

    Metodoloxía da ensinanza
    *O ensino desta disciplina desenvolvésese a través de clases teóricas (expositivas), clases prácticas/ seminarios (interactivas), traballos tutelados e tutorías.

    *A clase teórica -que poderá contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos- centrarase na explicación dos contidos esenciais da materia, incentivando o debate e o comentario sobre aspectos da actualidade.

    *A clase práctica/seminario ten por obxectivo propor, debater e resolver supostos de feito da práctica internacional nos que o alumno debe aplicar os coñecementos teóricos adquiridos. Por iso, esíxese a participación activa do estudante durante o seu desenvolvemento, así como unha preparación previa sobre a base dos materiais de apoio entregados.

    *O traballo tutelado diríxese a profundar sobre algún dos aspectos mais relevantes da materia, e a fortalecer a capacidade analítica, discursiva e expositiva do alumno.

    * A tutoría permite ofrecer ao alumno unha orientación individualizada sobre a materia e potenciar o diálogo co profesor. Atenderase ao estudante para tratar cuestións concretas en relación coas súas tarefas e/ou resolver calquera dificultade relacionada coa materia.

    A materia, como optativa, consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas. Polo que se refire ao traballo presencial no aula, ditas horas distribúense como segue: Clases teóricas, 13 horas; Practicas/Seminarios, 4 horas; Traballos tutelados, 2 horas; Tutorías, 2 horas; Exame, 2 horas.

    Sistema de evaluación
    *Para ser obxecto de evaluación o alumno debe asistir obrigatoriamente, como mínimo, ao 80% das aulas.


    *A avaliación terá lugar mediante un exame, que estará integrado por unha banda teórica e un caso práctico, a través do cal búscase valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. Este exame suporá o 50% da cualificación.

    *A avaliación desta materia non se limitará unicamente á acreditación dos coñecementos adquiridos a través do exame final, senón que se realizará a traves dun metodo de avaliación continua do estudante e o seguimento do seu proceso de aprendizaxe: asistencia e participación nas sesións presenciais, realización de actividades programadas ( casos prácticos, seminarios, traballos individuais ou en grupo…). A participación activa do alumno ao longo do curso nestas actividades programadas, e a súa asistencia ás clases, suporá o 50% da cualificación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia, como optativa, consta de 3 créditos ECTS, o que equivale a 75 horas. Polo que se refire ao traballo persoal do alumno, estas horas distribúense como segue:

    *Estudo individual do alumno: 30 horas.

    * Preparación de clases prácticas/seminarios: 11 horas

    * Preparación de traballos e exposicións (traballos tutelados): 11 horas.