Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3171207 - Desenvolvemento e Cooperación Internacional (Sistema económico mundial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ MANZANO, Ma IRENE.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta asignatura é transmitir ao alumno/a unha formación completa, tanto teórica como práctica, do complexo mundo do desenvolvement maila cooperación internacional, abranguendo os distintos actores que interveñen no campo da cooperación internacional para o desenvolvemento mailas políticas deseñadas e executadas por ditos actores
    Contidos
    Tema 1. Cooperación internacional para o desenvolvemento: conceptos básicos

    Tema 2. O sistema internacional de cooperación para o desenvolvemento: orixe e evolución

    Tema 3. A axuda multilateral

    Tema 4. A cooperación bilateral

    Tema 5. A política de cooperación para o desenvolvemento da Unión Europea

    Tema 6. A política española de cooperación para o desenvolvemento



    Bibliografía básica e complementaria
    ALONSO, J.A.; OCAMPO, J.A. (Dirs.) (2011), Cooperación para el desarrollo en tiempos de crisis. Madrid, Fondo de Cultura Económica
    ALONSO, J.A. (Coord.) (2009), Financiación del desarrollo: viejos recursos, nuevas propuestas. Madrid, Fundación Carolina / Siglo XXI
    FUENTE FERNÁNDEZ, R. de la (Coord.) (2010), Los nuevos actores en la cooperación internacional: El papel de los Gobiernos locales y regionales. Madrid, Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación / Los Libros de la Catarata
    GÓMEZ GALÁN, M.; CÁMARA LÓPEZ, L. (Coords.) (2009), La gestión de la cooperación al desarrollo: instrumentos, técnicas y herramientas. Madrid, CIDEAL, D.L.
    GÓMEZ-GALÁN, M.; SANAHUJA, J.A. (1999), El sistema internacional de cooperación al desarrollo: una aproximación a sus actores e instrumentos. Madrid, CIDEAL
    IGLESIA-CARUNCHO, M. (Coord.) (2007), Avances y retos de la cooperación española: reflexiones para una década. Madrid, Fundación Carolina, Siglo XXI
    MAVROTAS, G. (Ed.) (2010), Foreign aid for development: issues, challenges, and the new agenda. Oxford, Oxford University Press
    MOYO, D. (2011), Cuando la ayuda es el problema. Madrid, Gota a Gota
    NERIN, G. (2011), Blanco bueno busca negro pobre. Barcelona, Martínez Roca
    OLIVIÉ ALDASORO, I. (2008), ¿Somos coherentes?: España como agente de desarrollo internacional. Madrid, Marcial Pons
    PIQUERAS INFANTE, A. (Coord.) (2008), Desarrollo y cooperación: un análisis crítico. Valencia, Tirant lo Blanch
    RIST, G. (2002), El desarrollo: historia de una creencia occidental. Madrid, Los Libros de la Catarata
    RODRÍGUEZ MANZANO, I.; TEIJO GARCÍA, C. (Eds.), (2009), Ayuda al desarrollo: piezas para un puzzle. Madrid, Los Libros de la Catarata
    SOGGE, D. (1998), Dar y tomar. ¿Qué sucede con la ayuda internacional?. Barcelona, Icaria
    SOLETO, I. (coord.) (2006), Objetivos de desarrollo del milenio: una responsabilidad compartida. Madrid, Fundación Carolina / Siglo XXI
    SOTILLO LORENZO, J.A. (2006), Un lugar en el mundo: la política de desarrollo de la Unión Europea. Madrid, Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación / Los Libros de la Catarata
    SOTILLO LORENZO, J.Á. (2011), El Sistema de cooperación para el desarrollo: actores, formas y procesos. Madrid, Los Libros de la Catarata
    VEEN, A.M. van der (2011), Ideas, interests and foreign aid. New York, Cambridge University Press
    ZIEGLER, J. (2012), Destrucción masiva. Geopolítica del hambre. Barcelona, Península

    Inclúese a bibliografía complementaria no programa impreso da asignatura, á disposición dos alumnos na fotocopiadora do centro
    Competencias
    Adquirir as ferramentas teórico-metodolóxicas indispensables para analizar o problema do desenvolvemento maila cooperación internacional para o desenvolvemento

    Potenciar a capacidade de reflexión sobre a realidade do mundo en desenvolvemento e das relacións Norte/Sul

    Comprender e interpretar o sistema internacional de cooperación para o desenvolvemento

    Optimizar a habilidade para enxuizar o modelo actual de desenvolvemento mailos instrumentos e políticas de cooperación internacional para o desenvolvemento

    Asumir unha actitude crítica perante a desigualdade internacional e un compromiso cun mundo máis xusto

    Comprender o proceso de construcción do coñecemento que capacita para desenvolver unha investigación rigurosa sobre calquera dos aspectos da materia

    Metodoloxía da ensinanza
    Apoiarase a metodoloxía da ensinanza nas actividades que de seguido se indican:

    Clases expositivas: explicaranse os contidos esenciais da asignatura, presentando e resolvendo os seus problemas centrais

    Seminarios / Prácticas: sobre a base da bibliografía maila documentación aportada pola profesora, analizaranse e debatiranse con profundidade algúns dos contidos dos temas que conforman o programa da materia

    Traballos tutelados: dirixidos a profundizar sobre algún dos aspectos máis salientables da materia e a fortalecer a capacidade analítica, discursiva e expositiva do alumno/a

    Tutorías: entendidas como un apoio á formación do alumno/a, estas sesións orientanse a resolver as súas dúbidas ou calquera outra cuestión sobre a materia

    Sistema de evaluación
    A avaliación terá lugar mediante un exame que suporá o 60% da calificación. A participación activa do alumno/a ao longo do curso nas actividades programadas (seminarios/prácticas, traballos, exposicións...), así como a súa asistencia ás clases suporá o 40% da calificación
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis de asistir regularmente a clase, estímase que o/a alumno/a deberá adicar á materia unha media de 3 horas semanais, co obxectivo de completar as ensinanzas cos recursos bibliográficos e realizar as actividades propostas pola profesora
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir a clase regularmente e participar activamente nos debates

    Recorrer ás tutorías para solventar calquera dúbida sobre a materia

    Planificar o traballo con antelación

    Estudar con tempo e periodicidade

    Completar a ensinanza cos recursos bibliográficos

    Observacións
    Para superar a materia exigirase que o alumno/a asista, como mínimo, ao 80% das sesións presenciais