Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3181101 - Economía Pública Internacional (Fiscalidade Internacional) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Caamaño Alegre, José .NON
SANJIAO OTERO, FRANCISCO J..SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Comprensión teórica e aplicación práctica daqueles aspectos da Economía Pública que fan referencia á dimensión internacional do seu obxecto de estudo.
    Contidos
    1. Sector público e benestar económico na perspectiva internacional. A) Comparacións internacionais. B) Tamaño dos sectores públicos e crecemento económico. C) Determinantes do benestar económico.


    2. A política fiscal nunha economía globalizada. A) Déficits públicos e fluxos internacionais de capital. B) Políticas fiscais e diferenciais de inflación. C) Soberanía e coordinación fiscal.


    3. Os denominados bens públicos globais. A) Avaliación de investimentos en bens públicos globais. B) As asociacións público-privadas globais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Albi Ibáñez, E. (1994), “Hacienda pública internacional: un panorama”, Hacienda pública española, Monografía nº 2: 253-266.


    Albi, E.; González-Páramo, J. M. e Zubiri, I. (2009), Economía Pública, 3ª ed. act., Barcelona: Ariel.


    Cordón Ezquerro, T. (dir.) (2004), Manual de fiscalidad internacional, 2ª ed., Madrid: Instituto de Estudios Fiscales.


    Ferroni, M. e Mody, A. (2004), Bienes Públicos Internacionales. Incentivos, Medición y Financiamiento, 2ª ed., México: World Bank - Banco Interamericano de Desarrollo - Alfaomega.


    García-Arias, J. (2004), “Un nuevo marco de análisis para los bienes públicos: la Teoría de los Bienes Públicos Globales”, Revista de Economía Aplicada, 22(2): 187-212.


    Kaul, I. e Conceição, P. (eds.) (2006), The new public finance: responding to global challenges, New York : Oxford University Press.


    Kaul, I.; Conceição, P.; Le Goulven, K. e Mendoza, R. U. (eds.) (2003), Providing Global Public Goods: Managing Globalization, New York: Oxford University Press.


    Kaul, I.; Grunberg, I. e Stern, M. A. (eds.) (1999), Global Public Goods: International Cooperation in the 21st Century, New York: Oxford University Press.


    Kremer, M. e Mehta, P. (2000), “Globalization and International Public Finance”, NBER Working Papers, 7575, Cambridge, MA: National Bureau of Economic Research.


    Marín Quemada, J. M. e García-Verdugo Sales, J. (2003), Bienes Públicos Globales, Política Económica y Globalización, Barcelona: Ariel.


    Marzo Churruca, S. e Sanchiz Garrote, L. J. (2002), Fiscalidad internacional. Curso básico, Madrid: UNED.


    Méndez, R. P. (1992), International Public Finance: A New Perspective on Global Relations, New York: Oxford University Press.


    Serrano Antón, F. (dir.) (2005), Fiscalidad Internacional, 2ª ed., Madrid: Centro de Estudios Financieros.

    Competencias
    • Capacidade de comprender e analizar de xeito crítico como o campo das finanzas públicas está respondendo aos desafíos que supón a crecente integración mundial.


    • Coñecemento das principais magnitudes e indicadores que permiten establecer comparacións internacionais das finanzas públicas, así como de toda a problemática concernente ao financiamento e provisión dos bens públicos globais.


    • Capacidade para a resolución de supostos prácticos relativos aos diversos problemas do campo das Finanzas Públicas Internacionais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Liñas xerais do ensino da disciplina. A actividade docente presencial a desenvolver no aula consistirá en:


    • Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección maxistral para:


    - Introdución teórica de cada tema.


    - Presentación de supostos prácticos a resolver.


    - Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar.


    - Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.


    • Desenvolverase un programa de titorías personalizado en grupos reducidos. Cada grupo manterá tres reunións ao longo do cuadrimestre.


    • A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:


    - Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.


    - Ofreceranse enlaces ás fontes básicas de coñecemento.


    - Realizaranse probas de autoavaliación.


    - Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.


    Actividade a desenvolver polo alumnado. Ao longo do seu proceso formativo o alumno deberá:


    • Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos da materia.


    • Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de xeito individual como en grupo.


    • Procura de materiais: lexislación, consultas, xurisprudencia, etc.


    • Aplicación das normas a casos concretos.


    • Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.


    • Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.


    • Participar periodicamente nos programas de titorías.

    Sistema de evaluación
    A avaliación terá lugar mediante un exame, que estará integrado por unha parte teórica e exercicios ou supostos prácticos, a fin de valorar tanto a adquisición de coñecementos polo alumno como a súa capacidade de aplicalos á resolución de problemas concretos. Este exame suporá o 60% da cualificación. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades prácticas programadas (exercicios, supostos prácticos, entrega de traballos, exposicións...), así como a súa participación activa nas clases suporá o 40% da cualificación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAIS 30


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 45

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir regularmente e participar activamente nas clases.