P3181102 - Principios fundamentais e marco xurídico da fiscalidade internacional (Fiscalidade Internacional) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público Especial, Economía Aplicada
- Áreas: Dereito Financeiro e Tributario, Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreténdese que os alumnos sexan capaces de analizar problemas xurídico-tributarios nos que concorran os ordenamentos nacionais, o Dereito comunitario e o Dereito internacional. Os estudantes deberán alcanzar un aprendizaxe suficiente e riguroso sobre as materias impartidas, cos seguintes puntos de referencia:
-A soberanía fiscal dos Estados.
-As fontes do Dereito tributario.
-A dobre imposición xurídica internacional.
-A dobre imposición económica internacional.
-Mecanismos para corrixi-la dobre imposición internacional, sinaladamente, medidas unilaterais.
Contidos1. Principios da fiscalidade internacional. A) Principio de territorialidade e principio da fonte. B) Principio da residencia.- 2. Dobre imposición xurídica e económica e mecanismos de solución. A) Método de exención. B) Método de imputación.- 3. Cláusulas antiabuso na normativa internacional e na normativa interna.
Bibliografía básica e complementariaBARBERIS, J.A.: “La coutume est-elle une source de droit international?”, en Mélanges Michel Virally, Paris, 1994.
CALDERÓN CARRERO, J.M.: “Algunas consideraciones en torno a la interrelación entre los convenios de doble imposición y el derecho comunitario europeo: ¿Hacia la «comunitariazión»de los CDIS?”, DOCUMENTOS IEF, Nº4, 2002.
COLLADO YURRITA, M.A. y PATÓN GARCÍA, G.: “Fuentes del Derecho Tributario Internacional”, en AA.VV.: Estudios sobre Fiscalidad Internacional y Comunitaria (COLLADO YURRITA, Dir.), Ed.Colex, Madrid, 2005.
CRUZ PADIAL, I.: “Globalización económica: sinónimo de desnaturalización tributaria”, CRÓNICA TRIBUTARIA, Nº109, 2003.
DAMIANI, M.: Libertà europee e imposizione fiscale. Per una convivenza senza distorsioni, Ed.Giuffrè, Milano, 2004.
D’ELIA, P.: “Il sistema delle fonti del dirtto nel Progetto di Trattato Costituzionale dell’Unione Europea”, LA COMUNITÁ INTERNAZIONALE, Nº2/2004.
DEL GIUDICE, M.: “Il principio dell’«utile mondiale»e le convenzioni contro le doppie imposizioni, IL FISCO, Nº18, 1998.
DÍEZ HOCHTLEINER, J.: La posición del Derecho Internacional en el Ordenamiento Comunitario, Ed.Mc Graw-Hill, Madrid, 1998.
FALCÓN Y TELLA, R.: “El Derecho Fiscal Europeo”, en AA.VV.: Manual de Fiscalidad Internacional, (Dir.CORDÓN EZQUERRO, T.), Ed.IEF, 2ªed., Madrid, 2004.
MARTÍN JIMÉNEZ, A.J.: “El Derecho Financiero constitucional de la Unión Europea”, REDF, Nº109 y 110, 2001.
PEÑA ÁLVAREZ, F.: “Reformulación de los principios de la Hacienda Pública en el ámbito de la fiscalidad internacional”, en AA.VV.: Manual de Fiscalidad Internacional, (Dir.CORDÓN EZQUERRO, T.), Ed.IEF, 2ªed., Madrid, 2004.
RUBIO GUERRERO, J.J., “Los principios básicos de la fiscalidad internacional y la doble imposición internacional”, en AA.VV.: Manual de Fiscalidad Internacional, (Dir.CORDÓN EZQUERRO, T.), Ed.IEF, 2ªed., Madrid, 2004.
SACCHETTO, C.: “Le fonti del diritto internazionale tributario”, en Materiali di Diritto Tributario Internazionale (FALSITA, G.), Ed.IPSOA, Milano, 2002.
SERRANO ANTÓN, F.: “Los principios básicos de la fiscalidad internacional y los Convenios para evitar la doble imposición internacional: Historia, tipos, fines, estructura y aplicación”, en Fiscalidad Internacional, Ed.Centro de Estudios Financieros, Madrid, 2001.
VANISTENDAEL, F.: “Tax revolution in Europe: the Impact of Non-Discrimination”, European Taxation, January/February, 2000
Competencias• Coñecemento dos principais aspectos conceptuais do Dereito Financeiro e Tributario (concepto, poder financeiro, principios, etc): o alumno dominará a definición de Dereito Financeiro e Tributario, a súa autonomía, as súas relacións con outras ramas do ordenamento así como os principios que o fundamentan e limitan.
• Percibir o carácter unitario do Dereito e conseguir a necesaria visión sistémica dos problemas xurídicos no ámbito internacional.
• Capacidade de comprensión, análise e sínteses das repercusións fiscais do proceso de globalización: dobre imposición, elusión fiscal, economías de opción e planificación fiscal internacional.
• Capacidade de interpretar as normas financeiras e tributarias, determinando o seu sentido a través da análise dos seus elementos, no marco do sistema normativo internacional. E unha vez analizado ten que poder levar os seus coñecementos á realidade a través da resolución de problemas concretos.
Metodoloxía da ensinanza A actividade docente presencial a desenvolver no aula consistirá en:
•Presentacións teóricas: Seguindo o formato de lección maxistral para:
oIntroducción teórica de cada tema.
oPresentación de supostos prácticos a resolver.
oPresentación de temas a debater e dos traballos a realizar.
oPosta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
•Desenvolverase un programa de titorías personalizado en grupos reducidos. Cada grupo manterá tres reunións ao longo do cuadrimestre.
•A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
o Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
oOfreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
o Realizaranse probas de auto-avaliación.
o Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
Sistema de evaluaciónASPECTOS A VALORAR
Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica (item I)
Asistencia participativa(item II)
Traballos e Prácticas(item III)
CRITERIOS
Item I.-Coñecemento teórico. Aplicación práctica dos contidos teóricos
Item II.-Participación activa nas clases teóricas. Participación en debates. Participación no comentario dos supostos prácticos.
Item III.-Estrutura e capacidade de análise crítico. Bibliografía empregada
Exposición oral
INSTRUMENTO
Item I.-Exame teórico e práctico
Item II.-Observación e notas do profesor
Item III.-Traballos Exercicios Supostos prácticos
PONDERACIÓN
Item I.-60%
Item II.-5%
Item III.-35%
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de traballo persoal do alumno
Estudo individual ou en grupo 40
Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas 10
Preparación de presentacións orais, debates e similares 5
Asistencia a conferencias 2
Outras tarefas propostas polo profesor: 3
Total horas traballo persoal do alumno 75
Recomendacións para o estudo da materiaAo longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
•Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos da materia.
•Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de maneira individual como en grupo.
•Busca de materiais: lexislación, consultas, xurisprudenza, etc.
•Aplicación das normas a casos concretos.
•Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
•Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
•Participar periodicamente nos programas de titorías.