P3181104 - Tributación dos non residentes (Fiscalidade Internacional) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo é analiza-lo tratamento nun ordenamento nacional (neste caso o español) dos non residentes, poñendo de relevo como as regulacións estatais tiveron en conta a evolución normativa doutros ordenamentos nacionais e do Dereito comunitario, así como as tendencias da fiscalidade internacional. Os estudantes deberán alcanzar unha aprendizaxe suficiente e rigorosa sobre as materias impartidas, cos seguintes puntos de referencia:
-Características esenciais da tributación dos non residentes á luz do Real Decreto Lexislativo 5/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, e do Real Decreto 1776/2004, de 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda de non Residentes.
-Elementos persoais da tributación dos non residentes: contribuentes, responsables, representantes.
-Rendas obtidas mediante establecemento permanente
-Rendas obtidas sen mediación de establecemento permanente
-A situación dos non residentes comunitarios. A necesaria vinculación do Dereito Comunitario.
-Xestión, control e recadación na tributación dos non residentes
Contidos1. Tributación de non residentes: xeneralidades.- 2. Tributación con establecemento permanente.- 3. Tributación sen establecemento permanente.- 4. Obrigas formais e xestión a través de retención na fonte.- 5. A súa redución por presenza de Convenios de Dobre Imposición.
Bibliografía básica e complementariaAMATUCCI, F: “Responsabilità fiscal limitata Della società non residente e libertà di stabilimento”. Rivista di Diritto Tributario Internazionale. 2001.
BUSTOS BUIZA, J.A: “Tributación de las EARs en el Impuesto sobre la Renta de No Residentes”. ICE: Revista de economía, Nº 825, 2005.
CACCIAPUOTI, E: “Sulla deducibilittà delle spese sostenute dalla socità madre et atribuite alla stabile organizzazione”. Diritto e Practica Tributaria Internazionale, 2001. 524.
CALLEJA CRESPO, A: “La fiscalidad de los no residentes en España (III): Rentas obtenidas a través de establecimiento permanente”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001
CALVO VÉRGEZ, J: “Notas esquemáticas de las principales novedades contenidas en la nueva Ley 35/2006, de 28 de noviembre, del impuesto sobre la renta de las personas físicas y modificación parcial de las leyes de los impuestos sobre sociedades, sobre la renta de no residentes y sobre el patrimonio”. Nueva fiscalidad, Nº. 2, 2007.
CARMONA FERNÁNDEZ, N: “La fiscalidad de los cánones en el Impuesto sobre la Renta de No Residentes”. ICE, Revista de economía, Nº 825, 2005.
CARMONA FERNÁNDEZ, N: “La fiscalidad de los no residentes en España (I): Elementos subjetivos”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001
CARMONA FERNÁNDEZ, N: “La fiscalidad de los no residentes en España (II): hecho imponible y supuestos de exención”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001
CORDÓN EZQUERRO, T: “Régimen fiscal de los impatriados y expatriados”. ICE: Revista de economía, Nº 825, 2005.
FERNÁNDEZ DE PEDRO, F: “La fiscalidad de los no residentes en España (IV): rentas obtenidas sin establecimiento permanente”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001.
GAFFURI, A: “La determinazion del reddito della stabile organizzazione”. Rasegna Tribtuaria, núm. 86. 2002.
MARINO, G: La residenza nel Diritto tributario. Cedam, Padova, 1999.
MARTÍNEZ-CARRASCO PIGNATELLI, J.M: “La fiscalidad comunitaria de intereses y cánones. En particular, las Directivas 48/2003/CE y 49/2003/CE y su incidencia en el Impuesto sobre la Renta de No Residentes”. Noticias de la Unión Europea, Nº 246, 2005.
Competencias• Comprensión da bipolaridade dos sistemas tributarios occidentais en función do criterio da residencia do suxeito pasivo.
• Distinción das regras aplicables a cada un dos grupos de suxeitos.
• Comprensión das solucións adoptadas polo lexislador español. Identificación dos principais puntos de converxencia das mesmas en relación ás decisións adoptadas noutros Estados.
Metodoloxía da ensinanza A actividade docente presencial a desenvolver no aula consistirá en:
•Presentacións teóricas: Seguindo o formato de lección maxistral para:
oIntroducción teórica de cada tema.
oPresentación de supostos prácticos a resolver.
oPresentación de temas a debater e dos traballos a realizar.
oPosta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
•Desenvolverase un programa de titorías personalizado en grupos reducidos. Cada grupo manterá tres reunións ao longo do cuadrimestre.
•A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
o Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
oOfreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
o Realizaranse probas de auto-avaliación.
o Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
Sistema de evaluaciónASPECTOS A VALORAR
Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica (item I)
Asistencia participativa(item II)
Traballos e Prácticas(item III)
CRITERIOS
Item I.-Coñecemento teórico. Aplicación práctica dos contidos teóricos
Item II.-Participación activa nas clases teóricas. Participación en debates. Participación no comentario dos supostos prácticos.
Item III.-Estrutura e capacidade de análise crítico. Bibliografía empregada
Exposición oral
INSTRUMENTO
Item I.-Exame teórico e práctico
Item II.-Observación e notas do profesor
Item III.-Traballos Exercicios Supostos prácticos
PONDERACIÓN
Item I.-60%
Item II.-5%
Item III.-35%
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de traballo persoal do alumno
Estudo individual ou en grupo 40
Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas 10
Preparación de presentacións orais, debates e similares 5
Asistencia a conferencias 2
Outras tarefas propostas polo profesor: 3
Total horas traballo persoal do alumno 75
Recomendacións para o estudo da materiaAo longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
•Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos da materia.
•Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de maneira individual como en grupo.
•Busca de materiais: lexislación, consultas, xurisprudenza, etc.
•Aplicación das normas a casos concretos.
•Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
•Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
•Participar periodicamente nos programas de titorías.