Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3181107 - Harmonización fiscal comunitaria: fiscalidade directa (Fiscalidade Comunitaria) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Departamento Externo
  • Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo central desta materia é obtención polo alumno dos coñecementos específicos relativos ao proceso de harmonización fiscal comunitaria, concretamente no eido da fiscalidade directa (imposición sobre a renda e o patrimonio). De xeito especial, pretendese o coñecemento dos logros acadados neste proceso a través das Directivas existentes na materia (que afectan a temas coma o aforro, os dividendos, a reestruturación empresarial, as relacións matrices-filiais,os intereses e cánones e o intercambio de información entre Estados) e da labor do TXCE. Ao mesmo tempo, o alumno debe acadar a comprensión das estruturas e circunstancias polas que previsiblemente se desenvolverá este proceso no futuro.
    Contidos
    1. Fiscalidade dos particulares. A) Fiscalidade dos rendementos do aforro. B) Imposición dos dividendos obtidos por persoas físicas.-
    2. Fiscalidade das empresas. A) Sociedades matrices e filiais. B) Fusións,
    escisións e aportación de activo. C) Pagos de intereses e cánones entre sociedades asociadas.- 3. Asistencia mutua dos Estados membros.-
    4. A harmonización de segundo grao do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
    Bibliografía básica e complementaria
    AA.VV. (2007), Convenios fiscales internacionales y fiscalidad comunitaria, CISS, Valencia.

    AA.VV. (2003), Lo stato della fiscalità nell’Unione europea. L’esperienza e l’efficacia dell’armonizzazione, tomos I y II, Ministero dell’Economia e delle Finaze, Roma.

    ALVAREZ GARCÍA, S. (2000), “Armonización de la imposición indirecta en la Unión Europea”, en Estudios en Homenaje a Ricardo Pedreira Pérez.

    AVERY JONES (2000), “A comment on progresive taxation of non-residents and intra-EC allocation of personal allowances”, European Taxation, August.

    CALDERON CARRERO, J. M. (2006), “Consolidación Fiscal e Importación de Pérdidas: el caso Marks & Spencer”, Noticias de la UE, n. º257.

    CALDERON CARRERO, J. M. (2007), “La compatibilidad comunitaria de los impuestos de salida y de las reglas de reembolso de garantías exigidas en relación con impuestos contrarios al Derecho Comunitario: el caso N”, Revista de Contabilidad y Tributación, enero.

    CALDERÓN CARRERO, J. M./RUIZ ALMENDRAL, V. (2005), “¿Es compatible la norma española anti-Directive Shopping con el Derecho Comunitario?”, Jurisprudencia Tributaria Aranzadi, n.º11.

    CRAIG et alter (2002), “ECJ renders wide-reaching decision on German Thincapitalization rules”, Tax Notes International, vol.28, n.º12.

    DASSESSE (2001), “The ECJ’s Decision in AMID and its Implications for Belgian Companies”, Bulletin for International Fiscal Documentation vol. 55/2001.

    DAVITS (2006), “What the ECJ´s N decision means for Dutch exit taxes”, International Tax Review, October.

    DE BROE (2005), “Hard times for emigration taxes in the EC”, in Essays in Honor of Maarten Ellis, Kluwer.

    DOUMA, S. (2006), “The three Ds of Direct Tax Jurisdiction: Disparity, Discrimination and Double Taxation”, European Taxation, November.

    GONZALEZ SANCHEZ, E. (2005), Corporate tax harmonisation in the EU, Universidad del País Vasco.

    ROCHE LAUNA, I. (2000), La integración europea como límite a la soberanía fiscal de los Estados Miembros. Armonización de la imposición directa en la Comunidad Europea), Tirant lo Blanch, Valencia.

    VAN RAAD (2006), “Revisiting a 1981 Perspective on EC Non-Discrimination Rules in Income Tax Matters”, British Tax Review, nº3.

    VANISTENDAEL (2006), “The ECJ at the Crossroads: Balancing Tax Sovereignty against the Imperatives of the Single Market”, European Taxation, September.
    Competencias
    · Identificar as diversas fases da evolución do Dereito Tributario Europeo e extraer os datos necesarios para a comprensión da realidade actual da fiscalidade na Unión Europea.
    · Coñecer e comprender os distintos aspectos nos que se manifesta o Dereito da Unión Europea no eido tributario na fiscalidade directa.
    · Coñecemento do proceso de harmonización fiscal no marco da Unión Europea: análise dos logros obtidos en fiscalidade directa e asimesmo dos obxectivos da futura política fiscal da Unión. Especial atención á incidencia do proceso constitucional europeo.
    Metodoloxía da ensinanza
    Liñas xerais do ensino da materia. A actividade docente presencial a desenvolver na aula consistirá en:
    • Presentacións teóricas: Seguindo o formato de lección maxistral para:
    o Introducción teórica de cada tema.
    o Presentación de supostos prácticos a resolver.
    o Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar.
    o Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
    • Desenvolverase un programa de titorías persoalizado en grupos reducidos. Cada grupo manterá tres reunións ao longo do cuadrimestre.
    • A actividade presencial complementarase co soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
    o Se ofrecerán materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
    o Se ofrecerán enlaces ás fontes básicas de coñecemento.
    o Se realizarán probas de autoavaliación.
    o Se habilitarán métodos de contacto para titorías virtuais.
    Actividade a desenvolver polo alumnado. Ao longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
    • Chegar ao coñecemtno teórico dos conceptos básicos da materia.
    • Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de xeito individual coma en grupo.
    • Procura de materiais: lexislación, consultas, xurisprudenza, etc.
    • Aplicación das normas a casos concretos.
    • Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
    • Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
    • Participar periódicamente nos programas de titorías.
    Sistema de evaluación
    Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica: Coñecemento teórico: Aplicación práctica dos contidos teóricos. A través de un examen teórico y práctico: 60% da cualificación final.

    Asistencia participativa: Participación activa nas clases teóricas. Participación en debates. Participación no comentario dos supostos prácticos. A través da observación e notas do profesor: 5% da cualificación final.

    Traballos e Prácticas: Valorando a súa estrutura e capacidade de análise crítica, así coma a bibliografía empregada e a exposición oral. (Traballos, exercicios e supostos prácticos): 35% da cualificación final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo persoal do alumno (Horas)
    Estudio individual ou en grupo............................................40
    Resolución de casos prácticos ou outros traballos..................15
    Lecturas recomendadas.....................................................10
    Preparación de presentacións orais, debates e similares.........5
    Asistencia a conferencias.....................................................2
    Outras tarefas propostas polo profesor.................................3
    Outras sesións co profesor...................................................2
    Total horas traballo persoal do alumno................................75

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non hai recomendacións específicas