P3181108 - Harmonización fiscal comunitaria: fiscalidade indirecta (Fiscalidade Comunitaria) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo deste Curso céntrase no análise da harmonización fiscal europea, tanto do procedemento normativo e os seus resultados no que atinxe á harmonización dos impostos indirectos coma do papel do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas na chamada harmonización negativa, valorando a importancia da xurisprudencia comunitaria para supera-las reticencias estatais, ó tempo que se pon de relevo como se xeran, en ocasións, efectos non desexados, debido ó enfoque da harmonización dende a perspectiva fundamental do mercado. Os estudantes deberán alcanzar un aprendizaxe suficiente e riguroso sobre as materias impartidas, cos seguintes puntos de referencia:
-A harmonización fiscal en a Unión Europea. Antecedentes. Evolución. Trascendencia no sistema tributario español.
-A harmonización dos impostos indirectos:
* Impostos sobre vendas e transaccións comerciais.
* Impostos sobre consumos.
Contidos1. Impostos indirectos que gravan a concentración de capitais.- 2. Imposto sobre o Valor Engadido. A) Sistema común do IVE. B) Réximes especiais. C) Exención e reembolso do IVE.- 3. Impostos sobre consumos específicos. A) Réxime xeral B) Armonización e aproximación de lexislacións da imposición sobre bebidas alcohólicas, labores do tabaco e produtos enerxéticos. C) Especial referencia á fiscalidade ambiental.- 4. Impostos aplicables aos automóbiles de turismo.- 5. Cooperación administrativa e asistencia mutua. 6. A armonización de segundo grao do Tribunal de Xustiza.
Bibliografía básica e complementariaAA.VV. (2007), Convenios fiscales internacionales y fiscalidad comunitaria, CISS, Valencia.
AA.VV. (2003), Lo stato della fiscalità nell’Unione europea. L’esperienza e l’efficacia dell’armonizzazione, tomos I y II, Ministero dell’Economia e delle Finaze, Roma.
ALVAREZ GARCÍA, S. (2000), “Armonización de la imposición indirecta en la Unión Europea”, en Estudios en Homenaje a Ricardo Pedreira Pérez.
AVERY JONES (2000), “A comment on progresive taxation of non-residents and intra-EC allocation of personal allowances”, European Taxation, August.
CALDERON CARRERO, J. M. (2006), “Consolidación Fiscal e Importación de Pérdidas: el caso Marks & Spencer”, Noticias de la UE, n. º257.
CALDERON CARRERO, J. M. (2007), “La compatibilidad comunitaria de los impuestos de salida y de las reglas de reembolso de garantías exigidas en relación con impuestos contrarios al Derecho Comunitario: el caso N”, Revista de Contabilidad y Tributación, enero.
CALDERÓN CARRERO, J. M./RUIZ ALMENDRAL, V. (2005), “¿Es compatible la norma española anti-Directive Shopping con el Derecho Comunitario?”, Jurisprudencia Tributaria Aranzadi, n.º11.
CRAIG et alter (2002), “ECJ renders wide-reaching decision on German Thincapitalization rules”, Tax Notes International, vol.28, n.º12.
DASSESSE (2001), “The ECJ’s Decision in AMID and its Implications for Belgian Companies”, Bulletin for International Fiscal Documentation vol. 55/2001.
DAVITS (2006), “What the ECJ´s N decision means for Dutch exit taxes”, International Tax Review, October.
DE BROE (2005), “Hard times for emigration taxes in the EC”, in Essays in Honor of Maarten Ellis, Kluwer.
DOUMA, S. (2006), “The three Ds of Direct Tax Jurisdiction: Disparity, Discrimination and Double Taxation”, European Taxation, November.
GONZALEZ SANCHEZ, E. (2005), Corporate tax harmonisation in the EU, Universidad del País Vasco.
ROCHE LAUNA, I. (2000), La integración europea como límite a la soberanía fiscal de los Estados Miembros. Armonización de la imposición directa en la Comunidad Europea), Tirant lo Blanch, Valencia.
VAN RAAD (2006), “Revisiting a 1981 Perspective on EC Non-Discrimination Rules in Income Tax Matters”, British Tax Review, nº3.
VANISTENDAEL (2006), “The ECJ at the Crossroads: Balancing Tax Sovereignty against the Imperatives of the Single Market”, European Taxation, September.
Competencias• Coñecemento do proceso de armonización fiscal no ámbito da Unión Europea: análise dos logros obtidos na fiscalidade indirecta así como dos obxectivos da futura política fiscal da Unión. Especial atención á incidencia do proceso constitucional europeo.
• Coñecer e comprender os distintos aspectos en que o Dereito da Unión Europea se manifesta no ámbito da fiscalidade indirecta.
• Identificar as diversas fases de evolución do Dereito Tributario Europeu e extraer os datos necesarios para a comprensión da realidade actual da fiscalidade na Unión Europea.
• Comprensión da importancia das decisións do Tribunal de Xustiza da Unión Europea para a construción do ordenamento tributario europeo. A armonización indirecta ou de segundo grao.
Metodoloxía da ensinanza A actividade docente presencial a desenvolver no aula consistirá en:
•Presentacións teóricas: Seguindo o formato de lección maxistral para:
oIntroducción teórica de cada tema.
oPresentación de supostos prácticos a resolver.
oPresentación de temas a debater e dos traballos a realizar.
oPosta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
•Desenvolverase un programa de titorías personalizado en grupos reducidos. Cada grupo manterá tres reunións ao longo do cuadrimestre.
•A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
o Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
oOfreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
o Realizaranse probas de auto-avaliación.
o Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
Sistema de evaluaciónASPECTOS A VALORAR
Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica (item I)
Asistencia participativa(item II)
Traballos e Prácticas(item III)
CRITERIOS
Item I.-Coñecemento teórico. Aplicación práctica dos contidos teóricos
Item II.-Participación activa nas clases teóricas. Participación en debates. Participación no comentario dos supostos prácticos.
Item III.-Estrutura e capacidade de análise crítico. Bibliografía empregada
Exposición oral
INSTRUMENTO
Item I.-Exame teórico e práctico
Item II.-Observación e notas do profesor
Item III.-Traballos Exercicios Supostos prácticos
PONDERACIÓN
Item I.-60%
Item II.-5%
Item III.-35%
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de traballo persoal do alumno
Estudo individual ou en grupo 40
Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas 10
Preparación de presentacións orais, debates e similares 5
Asistencia a conferencias 2
Outras tarefas propostas polo profesor: 3
Total horas traballo persoal do alumno 75
Recomendacións para o estudo da materiaAo longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
•Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos da materia.
•Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de maneira individual como en grupo.
•Busca de materiais: lexislación, consultas, xurisprudenza, etc.
•Aplicación das normas a casos concretos.
•Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
•Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
•Participar periodicamente nos programas de titorías.