P3181110 - Seminarios sobre fiscalidade internacional e comunitaria (Módulo Seminarios) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público Especial, Departamento Externo
- Áreas: Dereito Financeiro e Tributario, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo é analiza-los mecanismos de elusión e evasión fiscal e os instrumentos de que os ordenamentos nacionais, o Dereito internacional e o Dereito comunitario dispón a loita contra a fraude fiscal. Os estudantes deberán alcanzar unha aprendizaxe suficiente e rigorosa sobre as materias impartidas, cos seguintes puntos de referencia:
-Economías de opción; planificación fiscal; elusión e abuso fiscais. Conflito na aplicación da norma tributaria ("fraude de lei"). Simulación.
-Mecanismos para evita-la fraude fiscal. Medidas convencionais. Normas internas.
-Disposicións antielusión na imposición persoal sobre a renda. Operacións vinculadas; subcapitalización; transparencia fiscal internacional.
-Disposicións antielusión na imposición sobre o capital. Operacións triangulares e o "fraude de carrusel" no Imposto sobre o Valor Engadido.
-Disposicións antielusión nos impostos especiais ("accisas").
-Paraísos fiscais e “zonas de nula” tributación.
Contidos1. Conferencias ditadas por expertos nacionais e estranxeiros sobre temas tributarios de actualidade. – 2. Visitas a institucións e organismos con competencias en materia de fiscalidade internacional e comunitaria.
Bibliografía básica e complementariaBERLIN, Dominique, Droit Fiscal Communautaire, Presses Universitaires de France, Paris, 1988.
CÓRDON EZQUERRO, Teodoro (coord), Manual de Fiscalidad Internacional, 2ª edición, Madrid, Instituto de Estudios Fiscales, 2004.
GORMLEY, Laurence W, EU Taxation Law, Richmond, 2005
PIETRO, Adriano Di, “El futuro tributario de la Unión Europea: del mercado al ordenamiento juridico, de las libertades económicas a los principios de la imposición”, Revista española de derecho financiero, nº 116, 2002, p. 573-580.
SERRANO ANTÓN, Fernando (coord), Fiscalidad Internacional, 2ª edición Madrid, Centro de Estudios Financieros, 2005.
TERRA, Ben e WATTEL, Peter, European Tax Law, fourth edition, Kluwer Law International, London – The Hague – New York, 2005.
TRIDIMAS, Takis, The general principles of EC Law, Oxford, 1999.
VANISTENDAEL, Frans (ed.), EU Freedoms and taxation, EATLP International Tax Series, Volume 2, International Bureau of Fiscal Documentation, Amesterdam, 2006.
Competencias• Adquisición de capacidades cognitivas en temas de actualidade tributaria.
• Capacidade de discusión e de crítica sobre formulacións tributarias non tradicionais.
• Utilización das técnicas argumentativas para a solución de problemas tributarios novos.
• Identificación dos tópicos do actual debate tributario internacional e europeo.
Metodoloxía da ensinanza A actividade docente presencial a desenvolver consistirá en:
-Presentacións teóricas que, seguindo formato de lección maxistral introduzan cada tema a debater
- Seminarios nos que participen expertos do ámbito da fiscalidade internacional e comunitaria que debatan cos alumnos e acheguen os seus puntos de vista nas cuestións de actualidade.
- Visitas a institucións e organismos con competencias en materia de fiscalidade internacional e comunitaria
Sistema de evaluaciónA valoración centrarase exclusivamente nos aspectos participativos nas diversas actividades, conforme ao seguinte esquema:
-Asistencia ás sesións e visitas.- Valoraranse a través dun control de asistencia (40%).
-Pola súa banda, a calidade das intervencións e participacións nos seminarios (contidos e forma) valorarase mediante a observación e notas do profesor doutor coordinador do mesmo (60%).
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de traballo persoal do alumno
Estudo individual ou en grupo 40
Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas 10
Preparación de presentacións orais, debates e similares 5
Asistencia a conferencias 2
Outras tarefas propostas polo profesor: 3
Total horas traballo persoal do alumno 75
Recomendacións para o estudo da materiaAo longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
• Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
• Asistir ás visitas ou encontros organizados.