Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3181111 - Traballo fin de Máster (Fin de Máster ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 24.00
  • Total: 24.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 76.50
  • Horas de Titorías: 229.50
  • Total: 306.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público Especial, Dereito Público Especial, Economía Aplicada, Dereito Público Especial, Departamento Externo
  • Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Dereito Procesual, Dereito Financeiro e Tributario, Economía Aplicada, Filosofía do Dereito, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES.NON
GONZALEZ MENDEZ, AMELIA PAZ.NON
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL.SI
Nieto Montero, Juan José.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A realización do traballo de fin de máster esixido pola normativa reguladora deste nivel educativo ten por obxectivo fundamental, nos másteres con perfil investigador, iniciar ao alumno no campo da investigación e poñelo en condicións para, no seu caso, poder iniciar posteriormente -tras a superación do máster- a formación propia dos estudos conducentes á obtención do doutoramento.
    Contidos
    Ao tratarse dun traballo a desenvolver sobre calquera das liñas de investigación relacionadas cos contidos do máster, non ten uns contidos específicos, sendo reproducibles neste punto os contidos de todas as demais materias da titulación.
    Bibliografía básica e complementaria
    Ao non ter uns contidos específicos, a bibliografía a utilizar no desenvolvemento do traballo dependerá dos contidos que se asignen en cada caso concreto, sendo reproducibles a título orientativo as indicacións bibliográficas indicadas en cada unha das demais materias do máster, en función de a cal delas se refire o traballo.
    Competencias
    • Na elaboración do traballo de fin de Máster debe plasmarse a adquisición e manexo polo alumno de todas as competencias xerais do Máster.
    • O Traballo Fin de Máster, permitirá ao estudante desenvolver as capacidades de escritura, análise e exposición pública, fundamentais para os perfís do Título.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ao tratarse dun traballo tutelado, a metodoloxía de ensino-aprendizaxe será a propia dos devanditos traballos
    O sistema contemplado é o de asignación de temas entre as distintas liñas de investigación propias do Máster e a distribución de titores de modo equitativo entre os distintos profesores do cadro de persoal docente, en función das especialidades de cada un deles e atendendo aos temas dos traballos a desenvolver.
    Os traballos desenvolveranse de modo individual e defenderanse ante unha Comisión formada por tres profesores do Máster a efectos da avaliación do mesmo, nomeada pola Comisión Académica a proposta do titor do mesmo.

    Sistema de evaluación
    A avaliación realizarase a partir dos seguintes criterios:
    * Seguimento continuado do Profesor titor e visto e prace final do traballo.
    * Avaliación do Traballo por unha Comisión integrada por profesores do cadro de persoal docente do Máster.
    * Valorarase especialmente o desenvolvemento das capacidades de escritura, análise e exposición pública, fundamentais para os perfís do Título.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao tratarse do desenvolvemento dun traballo de investigación, non existen pautas temporais para o desenvolvemento do mesmo, debendo responder na súa estruturación temporal aos criterios establecidos para cada caso polo propio alumno e segundo as indicacións do seu titor ou titores.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Unha vez asignados temas e titores, o alumno debe contactar co titor asignado e seguir as pautas correspondentes.