P3181201 - Institucións, dereito e principios xurídicos da Unión Europea (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo desta materia é adquirir un coñecemento do proceso de integración europeo que hoxe identificamos coa Unión Europea. Resultan moi recomendables os seguintes coñecementos previos:
-Un coñecemento da historia europea durante o século XX
-Un coñecemento básico da evolución e desenvolvemento do proceso de integración europeo
--Manexo de terminoloxía politolóxica e xurídica nun nivel elemental
-Coñecementos de inglés e francés para utilización de bibliografía especializada
Contidos1.Fundamentos e dinámicas de evolución do proceso de integración europeo
-1.1. Rexionalismo internacional e procesos de integración rexional
-1.2.Dinámicas federalistas, funcionalistas e intergobernamentais na construción europea
-1.3.Fundamentos e presupostos da integración europea
-1.4.Ampliación e afondamento no proceso de integración europeo
2. A repartición de poderes na Unión Europea. Competencias e mecanismos de
decisión
-2.1. Interacción de intereses no sistema de funcionamento da Unión Europea. O principio de equilibrio institucional.
-2.2. O exercicio das competencias lexislativas e executivas: As funcións da Comisión, o Consello e o Parlamento Europeo. A intervención dos Parlamentos nacionais
-2.3.Intergubernamentalismo no sistema institucional: O Consello Europeo e a súa Presidencia estable
-2.4.El control xurisdicional na UE. O papel do TJUE.
3.O Dereito da Unión Europea. Fontes e aplicación
-3.1. As competencias da Unión Europea
-3.2. O sistema de fontes do Dereito da Unión Europea
-3.3. As relacións entre o ordenamento da Unión e os ordenamentos dos Estados membros
Bibliografía básica e complementaria- Abellán Honrubia, V., Vilá Costa, B. (dirección) ;Olesti Rayo, A. (coordinación)Lecciones de derecho comunitario europeo , Ariel, 2008.
-ALONSO GARCÍA, R., Sistema Jurídico de la Unión Europea, Thomson-Civitas Madrid, 2007
-ANDRÉS SÁENZ DE SANTAMARÍA, M.P.; GONZÁLEZ VEGA, J.; FERNÁNDEZ PÉREZ, B.: Introducción al Derecho de la Unión Europea, Eurolex. Madrid, 2ª ed.,1999
-BARNARD, C., The Substantive Law of the EU: The Four Freedoms, Oxford, Oxford University Press, 2007
- CINI, M. (ed.), European Union Politics, Oxford, Oxford University Press, 2005.
-ESCOBAR HERNÁNDEZ, C. (dir.): Instituciones de Derecho Comunitario, ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2006
-HUESA VINAIXA, R. (Coordinación); FERNANDEZ TOMAS, A.; FORCADA VARONA, I.; SANCHEZ LEGIDO, A.: Instituciones de Derecho Comunitario, 2ªed., Tirant lo Blanc, Valencia, 2000
-ISAAC, G.: Manual de Derecho Comunitario General, 5ª ed., Ariel, Barcelona,
2000
- JORGENSEN, K.E., POLLACK, M.A., ROSAMOND, B., Handbook of European Union Politics, London, SAGE, 2006
- LINDE PANIAGUA, E., Políticas comunitarias, 5ª ed., Madrid, Colex, 2008
- LÓPEZ ESCUDERO, M.,MARTÍN PÉREZ DE NANCLARES (coord), Derecho comunitario material, Madrid, McGraw-Hill, 2000
-MANGAS MARTIN, A./LIÑAN NOGUERAS, J., Instituciones de Derecho de la Unión Europea, 6ª ed., ed.Tecnos, Madrid, 2010
- WIENER, A., European Integration Theory, Oxford University Press, 2004
Competencias-Avanzar no coñecemento da dinámica e funcionamento do proceso de
integración europeo
-Afondar na problemática relativa ao sistema xurídico da Unión Europea e
a súa aplicación
-Adquirir unha visión global da actuación da Unión Europea a través do
análise da súa acción no ámbito internacional e dalgunhas das políticas e
ámbitos de actuación máis significativos en dimensión interna
-Desenvolver a capacidade analítica e crítica do alumno para poder comprender o
funcionamento da Unión Europea e proporcionar solucións ás cuestións
prácticas que este formule no seu exercicio profesional.
-Adquirir o manexo dos instrumentos necesarios para resolver problemas
relacionados coa aplicación do Dereito da Unión Europea no seu exercicio
profesional.
Metodoloxía da ensinanza Clase teórica: Neste caso basearase no ensino impartido polo
profesor sobre a base da guía docente elaborada. Para iso, poderá
contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Non obstante,
non se limita á mera exposición de contidos por parte do docente,
senón que se incentivará a participación activa dos estudantes, certos
espazos para o debate e o comentario de aspectos da actualidad,que permitan interrelacionar as diferentes partes do contido de cada
materia.
. Clases prácticas: Serven de complemento ás clases teóricas, pois en
elas propóñense e resolven supostos de feito da práctica
internacional nos que o alumno debe aplicar os coñecementos
teóricos adquiridos. Trátase de poñer de manifesto a relevancia
práctica dos coñecementos teóricos e os problemas que se suscitan
na realidade. Por iso, esíxese a participación activa do estudante
durante o seu desenvolvemento, así como unha preparación previa sobre a base de
os materiais de apoio entregados.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá lugar mediante un exame, que estará integrado por unha
parte teórica e un caso práctico, a través do cal se busca valorar os
coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun
suposto práctico. Este exame supoñerá o 60% da cualificación. A
participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades
programadas (seminarios, casos prácticos, traballos monográficos,
exposicións), e a súa asistencia ás clases, supoñerá o 40% da cualificación.
Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica-Coñecemento teórico.Aplicación práctica
dos contidos teóricos-exame teórico e práctico 60%
-Asistencia participativa-Participación activa nas clases teóricas, debates,seminarios e comentario de supostos prácticos-Observación e notas do profesor 10%
-traballos prácticas. Estrutura e capacidade de análise crítica. Bibliografía empregada. Exposición oral. Traballos. Comentarios de xurisprudencia- Casos prácticos- 30%
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e traballo persoal
Estudo individual do
alumno 30
Preparación de
Seminarios/casos prácticos 15
Preparación de traballos e
exposicións 15
Total 60
Recomendacións para o estudo da materiax
Observaciónsx