Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3181203 - Facenda Pública da Unión Europea (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial, Economía Aplicada
  • Áreas: Dereito Financeiro e Tributario, Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Caamaño Alegre, José .NON
Nieto Montero, Juan José.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento e análise crítica da estrutura, procedementos e principais compoñentes do orzamento da Unión Europea, así como dos mecanismos europeos de coordinación das políticas fiscais dos Estados membros.
    Contidos
    1. Introdución ao Sector Público da UE.
    2. Os ingresos da UE. A) Recursos propios. B) Outros ingresos. C) O Fondo Europeo de Desenvolvemento e o BEI.
    3. O Orzamento Comunitario. A) Principios xerais. B) O procedemento orzamentario.
    4. As políticas de gasto da UE.
    5. A coordinación de políticas económicas. A) As políticas fiscais. B) A política monetaria. C) Coordinación das políticas fiscal e monetaria.
    Bibliografía básica e complementaria
    Buti, M. e Nava, M. (2003), "Towards a European budgetary system", European University Institute Working Papers, San Domenico (Firenze): European University Institute.
    Cieslukowski, J. M. e Alves, R. H. (2006), "Financial autonomy of the European Union after enlargement", Colección Investigaçao da Universidade do Porto (Faculdade de Economia), 217, Porto: Faculdade de Economia, Universidade do Porto.
    Comisión Europea, Dirección General Comunicación (2007), "Invertir en nuestro futuro común: el presupuesto de la Unión Europea", Luxemburgo: Oficina de Publicaciones Oficiales de las Comunidades Europeas.
    Cuenca García, E. (2007), Economía de la Unión Europea, Madrid: Pearson Educación.
    Cuenca García, E. e Rodríguez Martín, J. A. (2005), "Evolución y principales modificaciones del presupuesto comunitario", Boletín Económico de Información Comercial Española, 2844: 13-24.
    Edo Hernández, V. e Pablos Escobar, L. de (1998), "Los Presupuestos de la Unión Europea: análisis y estructura, características y evolución histórica", Colección Documentos de Trabajo del Instituto Complutense de Estudios Internacionales, 9, Madrid: Instituto Complutense de Estudios Internacionales.
    Graciano Regalado, J. C. (2005), "Presupuesto de la Unión Europea, impacto presupuestario de las ampliaciones y perspectivas financieras", Documentos de Trabajo del Instituto de Estudios Fiscales, 3. Madrid: IEF.
    Jordán Galduf, J. (2006), "La gobernanza económica en la Unión Europea", en Esteban, M. e Serrano, F. (eds.), La política económica en tiempos de incertidumbre, Netbiblo, 97-114.
    Jordán Galduf, J. M. (coord.) (2008), Economía de la Unión Europea, 6ª ed., Cizur Menor (Navarra): Thomson-Civitas.
    Ruiz Maciá, J. P. (2007), Los cimientos de los Estados Unidos de Europa, Oleiros (A Coruña): Netbiblo.
    Vega Mocoroa, I. et alia (1997), Financiación y Política Presupuestaria de la Unión Europea, Valladolid: Lex Nova.
    Vega Mocoroa, I. et alia (1998), La integración Económica Europea: curso básico, 2ª ed., Valladolid: Lex Nova.
    Vega Mocoroa, I. et alia (2005), Logros, iniciativas y retos institucionales y económicos: la UE del siglo XXI, Valladolid: Lex Nova.
    Competencias
    Competencias xenéricas:
    - Pensamento crítico: analizar a coherencia dos xuízos propios e alleos e valorar as implicacións prácticas das decisións e propostas considerando a súa relación cos dereitos das persoas.
    - Pensamento analítico: análise de situacións complexas, iniciativa propia.
    - Traballo en equipo: ser capaz de dirixir grupos de traballo, asegurando a integración dos seus membros e a súa orientación a un rendemento elevado.

    Competencias específicas:
    - Coñecemento e análise crítica do financiamento ordinario e extraordinario da Unión Europea e as súas políticas de gasto, así como da repercusión da súa ampliación sobre a actuación financeira da Facenda Europea.
    - Comprensión dos mecanismos europeos de coordinación das políticas económicas e, sobre todo, fiscais dos Estados membros da Unión Económica e Monetaria europea.
    Metodoloxía da ensinanza
    Liñas xerais do ensino da disciplina. A actividade docente presencial a desenvolver no aula consistirá en:
    1) Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección maxistral para:
    - Introdución teórica de cada tema.
    - Presentación de supostos prácticos a resolver.
    - Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar.
    - Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
    2) Desenvolverase un programa de titorías personalizado en grupos reducidos. Cada grupo manterá tres reunións ao longo do cuadrimestre.
    3) A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
    - Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
    - Ofreceranse enlaces ás fontes básicas de coñecemento.
    - Realizaranse probas de autoavaliación.
    - Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.

    Actividade a desenvolver polo alumnado. Ao longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
    - Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos da materia.
    - Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de xeito individual como en grupo.
    - Procura de materiais: lexislación, consultas, xurisprudencia, etc.
    - Aplicación das normas a casos concretos.
    - Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
    - Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
    - Participar periodicamente nos programas de titorías.
    Sistema de evaluación
    A avaliación terá lugar mediante un exame, que estará integrado por unha parte teórica e un caso práctico, a través do cal búscase valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. Este exame suporá o 60% da cualificación. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades prácticas programadas (exercicios, casos prácticos, entrega de traballos, exposicións), así como a súa participación activa nas clases suporá o 40% da cualificación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NO AULA: 30 horas
    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 45 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir regularmente e participar activamente nas clases.