Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3181204 - Procedementos ante o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Procesual
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo fundamental a acadar nesta materia é fornecer aos alumnos os coñecementos esenciais sobre o funcionamento do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que lles poida permitir achegarse ao labor do mesmo no eido tributario, esencialmente na chamada harmonización de segundo grao ou negativa. Para ilo, é esencial que o alumno coñeza os procedementos xudiciais e, nomeadamente, os relativos á cuestión prexudicial e o recurso de incumprimento. En cada un deles, cómpre que o alumno domine as diversas fases procedimentais e as peculiaridades de cada una das mesmas.
    Contidos
    1. Competencias do Tribunal de Xustiza: clases de recursos.- 2. O procedemento dos recursos directos. A) Iniciación. B) Instrución e informe para a vista. C) Vista pública e conclusións do Avogado Xeral. D) Deliberación e sentenza.- 3. O procedemento prexudicial: especialidades.- 4. Os procedementos específicos.
    Competencias
    • Coñecer a normativa reguladora do Tribunal Europeo para unha mellor comprensión das súas competencias e funcionamento.
    • Coñecemento das competencias do Tribunal de Xustiza da Unión Europea: prexudicial, contenciosa e consultiva. Dominio das fases escrita e oral do procedemento perante este Tribunal.
    • Capacidade para utilizar as diversas bases de datos de normativa e xurisprudencia comunitaria, co fin de obter documentación e normativa.

    Metodoloxía da ensinanza
    A actividade docente presencial a desenvolver no aula consistirá en:
    •Presentacións teóricas: Seguindo o formato de lección maxistral para:
    oIntroducción teórica de cada tema.
    oPresentación de supostos prácticos a resolver.
    oPresentación de temas a debater e dos traballos a realizar.
    oPosta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
    •Desenvolverase un programa de titorías personalizado en grupos reducidos. Cada grupo manterá tres reunións ao longo do cuadrimestre.
    •A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
    o Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
    oOfreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
    o Realizaranse probas de auto-avaliación.
    o Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.

    Sistema de evaluación
    ASPECTOS A VALORAR
    Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica (item I)
    Asistencia participativa(item II)
    Traballos e Prácticas(item III)
    CRITERIOS
    Item I.-Coñecemento teórico. Aplicación práctica dos contidos teóricos
    Item II.-Participación activa nas clases teóricas. Participación en debates. Participación no comentario dos supostos prácticos.
    Item III.-Estrutura e capacidade de análise crítico. Bibliografía empregada
    Exposición oral
    INSTRUMENTO
    Item I.-Exame teórico e práctico
    Item II.-Observación e notas do profesor
    Item III.-Traballos Exercicios Supostos prácticos
    PONDERACIÓN
    Item I.-60%
    Item II.-5%
    Item III.-35%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas de traballo persoal do alumno
    Estudo individual ou en grupo 40
    Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15
    Lecturas recomendadas 10
    Preparación de presentacións orais, debates e similares 5
    Asistencia a conferencias 2
    Outras tarefas propostas polo profesor: 3

    Total horas traballo persoal do alumno 75

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ao longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
    •Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos da materia.
    •Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de maneira individual como en grupo.
    •Busca de materiais: lexislación, consultas, xurisprudenza, etc.
    •Aplicación das normas a casos concretos.
    •Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
    •Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
    •Participar periodicamente nos programas de titorías.