
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Dereito Privado
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Nieto Alonso, Antonia
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Os obxectivos do Máster teñen como orientación xeral a formación de doutores en Dereito, especialmente en ramas de Dereito privado.
Competencias xerais
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Competencias específicas
- Dotar aos estudantes dunha perfecta destreza no manexo dos instrumentos necesarios para a interpretación e aplicación das normas ou dos textos que, sen carácter normativo directo, teñen unha enorme importancia na construción do moderno dereito privado.
- Lograr un nivel capaz de pór ao estudante en condicións de coñecer e familiarizarse coas técnicas de investigación xurídica.
- Capacitar ao estudante que xa alcanzou o Grao para lograr un coñecemento máis profundo das liñas básicas polas que discorre o moderno dereito privado.
- Lograr que o estudante elabore un traballo de investigación xurídica sobre calquera dos contidos do Máster que alcance un nivel suficiente para merecer a súa publicación nunha revista con recoñecemento no ámbito científico do dereito privado.
O Máster ten inicialmente unha orientación académica e investigadora, de xeito que a súa pretensión fundamental é servir de acceso aos ensinos de doutoramento, pero non se descarta que no futuro se lle engada un matiz profesionalizante, xa que os contidos que se ofrecen son de gran actualidade.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Por orde de preferencia:
1.Titulados en Dereito
2.Titulados en Relacións Laborais
3.Titulados en Ciencias Políticas
4.Titulados en Economía
5.Titulados en Administración e Dirección de Empresas
6.Titulados en Xornalismo
7.Titulados en Comunicación Audiovisual
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3121101 | O Marco Común de Referencia | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P3121102 | Contratos e Dereitos de Danos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P3121103 | Bases Romanas do Dereito Patrimonial | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P3121104 | Propiedade Inmobiliaria | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P3121201 | Protección dos consumidores e novas formas de contratación | 6.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P3121202 | Fiscalidade dos contratos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P3121203 | Perspectiva Histórica do Dereito Privado | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3121105 | Xénero e Dereito Antidiscriminatorio | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P3121204 | Violencia de Xénero | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P3121205 | Discapacidade e Dereito Antidicriminatorio | 6.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3121106 | As Crises Matrimoniais e as súas consecuencias | 6.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX | P3121107 | Dereito de Sucesións | 6.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX | P3121108 | Persoa Física | 3.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX | P3121109 | Persoa Xurídica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX | P3121206 | Sucesión non Testamentaria | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P3121207 | Principios Xerais do Dereito Sucesorio Romano | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P3121208 | Protección Internacional dos Nenos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P3121209 | Mediación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P3121210 | Fiscalidade das Familias e das Sucesións | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P3121211 | Protección Procesal dos Menores | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3121212 | Localización e Xestión de Recursos de Información Documental para as Ciencias Xurídicas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3121110 | Traballo Fin de Máster | 18.00 | OB | TFGM | 1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable