
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Nieto Montero, Juan José
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O Máster Universitario Oficial en Fiscalidade Internacional e Comunitaria asume, como obxectivo, un compromiso consistente no ofrecemento ao alumno dunha formación especializada de alta calidade na área da fiscalidade internacional e comunitaria, que lle permita adquirir coñecementos e destrezas necesarias para desenvolver o seu labor investigador nun sector do Dereito especialmente complexo pola pluralidade de suxeitos que participan no establecemento das súas normas reguladoras, pola multiplicidad de instrumentos normativos que deben tomarse en consideración para a resolución dunha concreta situación e polas constantes modificacións ás que resultan sometidos eses instrumentos normativos.
Os obxectivos concretos que se perseguen son:
a) Análise das repercusións fiscais do proceso de globalización: dobre imposición, elusión fiscal, economías de opción e planificación fiscal internacional.
b) Estudo do proceso de armonización fiscal no ámbito da Unión Europea: análise dos logros obtidos tanto no ámbito da imposición directa como da imposición indirecta e así mesmo dos obxectivos da futura política fiscal da Unión. Especial atención á incidencia do proceso constitucional europeo.
c) Adquisición de capacidades e técnicas de investigación no ámbito do Dereito.
d) Formación integral do xurista, que supón tanto a adquisición de coñecementos de Dereito positivo como o desenvolvemento de capacidades de interpretación, integración e aplicación das normas xurídicas.
e) Capacidade de análise crítica do Dereito, tanto do seu deseño normativo como da xurisprudencia emanada dos Tribunais competentes en materia tributaria.
Competencias xerais
a.- Instrumentais:
1. Capacidade de comprensión, análise e síntese., capacidade de organización e planificación
3. Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiales e nunha ou varias linguas estranxeiras.
4. Coñecementos de informática aplicados ao ámbito do estudo.
5. Capacidade de obtención e xestión da información., resolución de problemas e capacidade de decisión
6. Razoamento crítico
Interpersoais:
1. Traballo en equipo, nun contexto internacionalincluidos os equipos de carácter interdisciplinar.
b.- Sistémicas:
1. Aprendizaxe autónomo.e adaptación a novas situacións
2. Creatividade, iniciativa e espíritu emprendedor.
3. Coñecementos de outras culturas.
4. Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
5. Sensibilidade ante temas da realidade social, económica e ambiental.
Competencias específicas.
1. Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
2. Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica e manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas, asi como capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento.
3. Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente cunha linguaxe fluída e técnica.
4. Percibir o carácter unitario do Dereito e conseguir a necesaria visión sistémica dos problemas xurídicos.
5. Adquirir un coñecemento profundo da regulación e funcionamento das Institucións comunitarias e as institucións tributarias.
6. Comprender o campo material propio do Dereito Financeiro e Tributario e as súas relacións coas demais disciplinas xurídicas e sociais., e individualizar o marco cognoscitivo do Dereito Tributario Europeo.
7. Identificar as diversas fases de evolución do Dereito Tributario Europeo e extraer os datos necesarios para a comprensión da realidade actual da fiscalidade na UE.
8. Coñecer e comprender os distintos aspectos en que o Dereito da Unión Europea maniféstase no ámbito tributario, tanto na fiscalidade indirecta como na directa.
Académica, en canto viría ampliar os coñecementos que os alumnos adoitan ter en materia tributaria unha vez finalizados os estudos de grao, transmitíndolles unha visión global do fenómeno tributario que transcende e completa á meramente interna.
Científica, en canto supón unha oportunidade para analizar desde unha perspectiva crítica os principios e esquemas clásicos da fiscalidade, expondo novos principios e modelos de tributación adecuados a unha economía globalizada.
Por outra banda, analizarase a relevancia da política fiscal da Unión Europea e a súa incidencia no ordenamento xurídico español; o proceso aínda inconcluso de armonización e aproximación das lexislacións tributarias internas dos Estados membros; a implementación de instrumentos para evitar os problemas de dobre imposición no territorio comunitario; e, en fin, os procesos recentemente abertos en Europa para a utilización da fiscalidade como un medio para a realización doutras políticas (ambiental, enerxética, de emprego, en materia de discapacidade, de transportes…)
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 9
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
-Licenciatura en Dereito
-Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
-Licenciatura en Economía
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3181101 | Economía Pública Internacional | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3181102 | Principios fundamentais e marco xurídico da fiscalidade internacional | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3181103 | Convenios de dobre imposición internacional | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3181104 | Tributación dos non residentes | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3181105 | O principio de non discriminación fiscal e as liberdades comunitarias de circulación(I) | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3181106 | O principio de non discriminación fiscal e as liberdades comunitarias de circulación(II) | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3181107 | Harmonización fiscal comunitaria: fiscalidade directa | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3181108 | Harmonización fiscal comunitaria: fiscalidade indirecta | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3181109 | Facendas territoriais e dereito comunitario | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3181110 | Seminarios sobre fiscalidade internacional e comunitaria | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3181201 | Institucións, dereito e principios xurídicos da Unión Europea | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3181202 | Técnicas de investigación e argumentación xurídica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3181203 | Facenda Pública da Unión Europea | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3181204 | Procedementos ante o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3181111 | Traballo fin de Máster | 24.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable