
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Estudos Internacionais
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 28/02/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: JORGE URBINA, JULIO
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O Máster Universitario en Estudos Internacionais busca responder ás inquietudes dun bo número de licenciados e graduados, sobre todo do ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas, en relación co estudo das cuestións internacionais, así como ao interese de institucións públicas -como a Escola Diplomática- de contar con expertos e investigadores na análise da realidade internacional desde diferentes perspectivas. - - - Formar especialistas na análise das relacións internacionais desde unha perspectiva eminentemente multidisciplinar, na que se conxuguen os aspectos xurídicos, politolóxicos ou económicos; e na que se teña moi presente o respecto dos valores considerados fundamentais para as relacións internacionais no século XXI, tal como foron proclamados na “Declaración do Milenio” (liberdade, igualdade, solidariedade, tolerancia, respecto do medio ambiente ou responsabilidade común), así como a protección dos dereitos humanos -particularmente a igualdade de homes e mulleres-, os principios democráticos e o desenvolvemento dunha cultura de paz.
- Contribuír á preparación dos licenciados ou graduados que desexen desenvolver o seu labor profesional no ámbitos relacionados cos estudos internacionais (diplomacia, organizacións internacionais, ONG, xornalistas especializados,...), satisfacendo así a propia demanda das Administracións públicas e do mercado en xeral de especialistas neste ámbito concreto.
- Iniciar aos alumnos nos labores de investigación no ámbito dos estudos internacionais.
Competencias xenéricas
- Desenvolver capacidades de comprensión e análise da realidade internacional desde unha perspectiva crítica.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos en novos contextos, identificando os problemas que se poidan suscitar e formulando posibles solucións imaxinativas.
- Fomentar a capacidade para facer fronte a diferentes situacións que se poidan suscitar na realidade internacional, tomando as decisións que se requiran, aínda cando a información dispoñible sexa incompleta ou limitada.
- Impulsar nos estudantes a capacidade para traballar en equipo, especialmente no caso de se tratar de grupos de carácter multidisciplinar.
- Promover a capacidade de comunicación oral e escrita das conclusións obtidas da análise de problemas ou situacións concretas da realidade internacional dun modo claro a público especializado e non especializado.
- Fomentar o recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade propias da sociedade internacional contemporánea.
- Espertar no estudante un compromiso claro cara aos temas da realidade política, económica e social da súa contorna, do que non pode permanecer alleo á hora de formular os seus xuízos ou tomar decisións.
- Habilidades no uso das tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao ámbito dos estudos internacionais (bases de datos de análises da realidade internacional, procura de xurisprudencia e lexislación internacionais...)
- Suscitar no estudante un interese polos estudos internacionais que lle permita continuar a súa formación no futuro con carácter permanente e de forma autónoma.
Competencias específicas
- Profundar na análise dos principios, estrutura e funcionamento da sociedade internacional contemporánea, así como do seu ordenamento xurídico.
- Profundar no coñecemento das principais institucións internacionais, tanto de ámbito universal como rexional, así como dos principais mecanismos de solución de conflitos na sociedade internacional contemporánea.
- Profundar no coñecemento do funcionamento da realidade económica internacional e dos seus principais mecanismos e institucións.
- Comprender adecuadamente a interrelación existente entre os fenómenos políticos, sociais, económicos ou culturais, entre outros, na análise dos problemas e cuestións internacionais.
- Utilizar os valores de liberdade, igualdade, solidariedade, tolerancia, respecto ao medio ambiente e responsabilidade colectiva na análise das relacións internacionais, con especial atención á promoción do respecto dos dereitos humanos -especialmente, a igualdade de homes e mulleres-, dos principios democráticos e dunha cultura de paz.
- Percibir a interrelación existente entre as diferentes disciplinas científicas (Dereito Internacional, Relacións Internacionais, Economía, Historia) que analizan a realidade internacional e polo de relevo na práctica.
- Desenvolver a capacidade de razoamento e argumentación sobre os principais problemas e intereses que afectan á sociedade internacional contemporánea cunha conciencia crítica e na que se integren as diferentes perspectivas de análises.
- Capacidade para aplicar criterios de investigación científica no ámbito dos estudos internacionais.
- Organizacións Internacionais e Acción Exterior: Este ámbito identifica a Diplomacia, vinculada ao Ministerio de Asuntos Exteriores ou a organismos internacionais, realizada en embaixadas e consulados ou en organizacións internacionais (Banco Mundial, ONU, oficinas de cooperación...). Ademais, tamén ha de contemplarse a posibilidade de desenvolver este traballo nas Consellerías de Relacións Exteriores e Cooperación, nas oficinas técnicas abertas polas Comunidades Autónomas no exterior e en organizacións do Terceiro Sector que operan no ámbito internacional.
- Institucións e Administración da Unión Europea: Comisión, Consello, Parlamento Europeo, Tribunal de Xustiza, Tribunal de Contas, Banco Central Europeo, Defensor do Pobo Europeo, Comité Económico e Social, Comité das Rexións e Axencias da Unión Europea.
- Organizacións políticas, de representación de intereses e non gobernamentais, tanto no ámbito europeo como internacional.
- Sector privado, no que se inclúen empresas e consultoras con proxección internacional
-Administracións públicas (do Estado e autonómicas) vinculados á política exterior do Estado ou á acción exterior das Comunidades Autónomas
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións por orde de preferencia:
1º) Cota prazas titulacións preferentes:
a) 25 prazas Licenciaturas en Dereito e Ciencias
Políticas e da Administración
b) 10 prazas Licenciaturas en Historia, Humanidades,
Economía, Xornalismo, Xeografía, Administración e
Dirección de Empresas, Socioloxía, Filoloxías,
Diplomaturas en Xestión e Administración Pública,
Relacións Laborais
2º) Outras titulacións universitarias e estranxeiros 5 prazas
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3171101 | Gobernanza Global | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3171102 | Transformacións do Sistema Internacional | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3171201 | Historia das Relacións Internacionais | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3171103 | Estrutura e Funcións do Ordenamento Xurídico Internacional | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3171104 | Dereito Internacional dos Dereitos Humanos | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3171202 | Paz e Conflitos Armados | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3171203 | Diplomacia Internacional | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3171204 | Xestión Internacional dos Espazos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3171105 | Estudos de Integración Europea | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3171106 | Persona, Familia e Integración Europea | 4.50 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3171205 | Procesos de Integración Rexional | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3171107 | Economía Mundial | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3171206 | Institucións Económicas Internacionais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3171207 | Desenvolvemento e Cooperación Internacional | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3171208 | Economía da Solidariedade | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3171108 | Traballo de Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable