
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Dereito
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782
Santiago
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10)
Data de publicación no BOE: BOE do 3 de marzo de 2011
Data da última acreditación: 30/06/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: MIGUEZ MACHO, LUIS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
O obxectivo xeral de título de Grao en Dereito proposto é ofrecer unha titulación xeneralista en Dereito, que capacite aos graduados para o futuro desempeño das profesións xurídicas e paraxurídicas.
Como obxectivos específicos establécense:
a) A formación integral do xurista, que supón tanto a adquisición de coñecementos de Dereito positivo como o desenvolvemento de capacidades de interpretación, integración e aplicación das normas xurídicas.
b) A capacidade de análise crítica do Dereito e o deseño normativo.
c) A adquisición de competencias complementarias, necesarias para a comprensión do Ordenamento xurídico e o desempeño das distintas profesións xurídicas e paraxurídicas.
a) Capacidade de comprensión, análise e síntese
b) Capacidade de organización e planificación
c) Capacidade de obtención e xestión da información
d) Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
e) Traballo nun contexto internacional
f) Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
g) Adaptación a novas situacións
h) Creatividade
i) Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
a) Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
b) Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
c) Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
d) Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
e) Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
As profesións reguladas relacionadas co título son as de avogado e procurador dos tribunais, de acordo coa Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais.
Para o acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais, ademais de posuir o Grao en Dereito, será preciso cumprir os requisitos que estabelece a Lei 34/2006 e a sua normativa de desenvolvemento.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Dereito [pdf - 1083 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 180
Demanda do ano anterior: 7.998 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: O acceso ao título non esixe características persoais ou académicas especiais, salvo as relativas ás competencias lingüísticas requiridas para os alumnos que desexen cursar materias en lingua inglesa. En particular, ao non existir no ensino secundario e o bacharelato materias específicas de formación xurídica, non é posíbel recomendar un perfil académico determinado aos estudantes.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros
anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Os alumnos deberán realizar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo da titulación. A Facultade fará cada curso unha oferta de traballos e de titores. Os alumnos seleccionarán o tema do traballo dentro desa oferta e o titor ou titores serán designados a cada alumno en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesorado. Para poder matricularse do traballo de fin de Grao, os alumnos deberán ter superados 150 ECTS da titulación, entre eles todos os da primeira metade da mesma.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Optativas
Poden obterse 9 ECTS por recoñecemento académico pola realización de prácticas externas relacionadas coa titulación, de acordo co establecido no art. 12.6 do Real Decreto 1393/2007. Para obter o devandito recoñecemento, os alumnos deberán cursar e superar o total destes 9 ECTS mediante prácticas externas. Para a configuración da oferta das prácticas adaptaranse os convenios que a Universidade de Santiago de Compostela ten subscritos na actualidade para a realización do Prácticum externo do vixente plan de estudos da Licenciatura en Dereito.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3161101 | Dereito Constitucional I: Definición do Estado e Sistemas de Fontes | 4.50 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3161102 | Dereito Romano- Introdución Histórica e Procesual- Dereitos Reais | 4.50 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3161103 | Economía Política I- Empresa e Mercados | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3161104 | Fundamentos Históricos do Dereito | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3161105 | Teoría do Dereito | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3161106 | Dereito Constitucional I : Órganos do Estado Democrático | 4.50 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3161107 | Dereito Romano : Sucesión Hereditaria e Obrigacións | 4.50 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3161108 | Economía Política II - Facenda Pública | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3161109 | Técnicas de Expresión Oral e Escrita Aplicadas ao Dereito | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3161121 | Introdución ao Dereito Civil e Dereito da Persoa | 6.00 | OB | 1SG | OFERTA.1 | G3161122 | Dereitos Reais | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3161201 | Dereito Eclesiástico do Estado | 6.00 | FB | 1SG | G3161202 | Institucións e Dereito da Unión Europea | 6.00 | FB | 2SG | G3161221 | Dereito Penal - Parte Xeral | 9.00 | OB | ANG | G3161222 | Dereito Constitucional II - Os Dereitos e as Liberdades e a súa Protección | 6.00 | OB | 1SG | G3161223 | Dereito de Obrigacións e Responsabilidade Civil | 6.00 | OB | 1SG | G3161224 | Dereito Internacional Público | 6.00 | OB | 1SG | G3161225 | Dereito Administrativo I - Fundamentos de Dereito Administrativo | 4.50 | OB | 1SG | G3161226 | Dereito do Traballo I | 6.00 | OB | 2SG | G3161227 | Dereitos de Contratos | 6.00 | OB | 2SG | G3161228 | Dereito Administrativo I - Instrumentos da Actividade Administrativa | 4.50 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3161321 | Dereito de Familia | 4.50 | OB | 1SG | G3161322 | Dereito de Traballo II | 4.50 | OB | 1SG | G3161323 | Dereito Financeiro | 6.00 | OB | 1SG | G3161324 | Dereito Mercantil I | 4.50 | OB | 1SG | G3161325 | Dereito Penal, parte especial - Delitos contra a Persoa e contra o Patrimonio | 4.50 | OB | 1SG | G3161326 | Organización Xudicial e Proceso | 4.50 | OB | 1SG | G3161327 | Dereito de Sucesións | 4.50 | OB | 2SG | G3161328 | Dereito Mercantil II | 6.00 | OB | 2SG | G3161329 | Dereito Penal, parte especial - Delitos contra a Orde Socioeconómica e contra a Comunidade | 4.50 | OB | 2SG | G3161330 | Dereito Procesual Penal | 6.00 | OB | 2SG | G3161331 | Dereito Administrativo II - Formas e Medios da Actividade Administrativa | 6.00 | OB | 2SG | G3161332 | Procedementos Tributarios | 4.50 | OB | 2SG |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable