Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

161532 - Contabilidade de Xestión (OPTATIVAS VINCULADAS) - Curso 2011/2012

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
    • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
    • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
    • Convocatoria: Anual
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    BLANCO DOPICO, MARIA ISABEL.NON

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONSI
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A propia configuración do sistema de información de xestión sobre bases informativas e organizativas implica a consideración desta materia como unha disciplina de síntese que integra contabilidade xeral, contabilidade analítica e de custos, técnicas de previsión, estudos de organización, informática de xestión, coñecemento sobre procesos técnicos ou análise da motivación psico-social, enlazando os coñecementos adquiridos no primeiro ciclo da licenciatura de ADE coas necesidades informativas evidenciadas nos derradeiros anos por parte dos directivos e as derivadas do control de xestión.
    O seu estudo realizarase, fundamentalmente, dende a perspectiva da definición e a análise das bases informativas, sen esquecer os aspectos anteriormente citados, sendo a súa finalidade principal reflectir e reflexionar sobre os fundamentos das técnicas orzamentarias e de control e establecer as características básicas dun sistema informativo de xestión estreitamente conexionado co sistema directivo.
    Esta relación implica, nos momentos actuais, unha ampliación do tradicional marco contable, na que destaca a interdependencia entre os ámbitos directivo e informativo, a súa relación co contorno, as novas tecnoloxías produtivas e de información e as novas filosofías directivas, no desenvolvemento da idea de contabilidade como sistema de información para os usuarios internos.

    Contidos
    1.- A CONTABILIDADE DE XESTIÓN E AS SÚAS RELACIÓNS COA FILOSOFÍA DE XESTIÓN EMPRESARIAL E OUTROS SISTEMAS DE INFORMACIÓN
    Significado, valor e caracterización da información en relación coa actividade de xestión e decisión
    Requisitos e características da información subministrada pola Contabilidade de Xestión
    Enfoques teóricos para o seu estudo (Teoría de Continxencias, Teoría da Axencia, Teoría Institucional)

    2.- INFORMACIÓN PARA A TOMA DE DECISIÓNS (I)
    Caracterización do novo contorno produtivo e empresarial. Implicacións para a relevancia da información contable. A necesidade dun Sistema de Contabilidade de Xestión de perspectiva estratéxica
    Bases conceptuais para o deseño dun Sistema de Contabilidade de Xestión de perspectiva estratéxica
    Antecedentes, descrición e consideracións xerais en torno aos sistemas de custos baseados nas actividades (ABC). A xestión baseada nas actividades.
    Xestión estratéxica de custos. Análise da cadea de valor. Criterios para a elección dos xeradores de custos
    A filosofía just-in time. Aspectos xerais e obxectivos fundamentais. Implicacións, vantaxes e inconvenientes do JIT. Requirimentos informativos nun contorno JIT. Insuficiencia dos sistemas informativos de xestión tradicionais nun contorno JIT. Características dos Sistemas de Contabilidade de Xestión nun contorno JIT
    O control e a xestión total da calidade. Importancia da calidade como variable estratéxica no novo contorno. Os custos de calidade: concepto e clases. Os indicadores de calidade

    3.- INFORMACIÓN PARA A TOMA DE DECISIÓNS (II)
    Contexto no que as organizacións toman decisións sobre prezos. O target costing e as decisións sobre prezos. Fundamentos da filosofía do Target Costing. Proceso de establecemento e problemas asociados á súa aplicación. O kaizen costing
    Consideracións iniciais acerca dos prezos de transferencia. Condicións que teñen que cumprir os prezos de transferencia. Bases para a súa fixación. Modelos de prezos de transferencia.
    Análise de custos baseada no ciclo de vida do produto (CVP). Importancia e necesidade da información sobre o CVP. Os custos do CVP. Indicadores de xestión e o CVP. Planificación e control no longo das fases do CVP

    4.- INFORMACIÓN PARA O CONTROL (I)
    Natureza e papel do control organizativo. Concepto básico de control. Necesidade, obxectivos e tipos
    Estrutura informativa básica para o control organizativo. A Contabilidade de Xestión e o control organizativo
    A información para a planificación e o control. Introdución ao control orzamentario. Consideracións de partida sobre información previsional. Plans, programas, orzamentos e control orzamentario

    5.- INFORMACIÓN PARA O CONTROL (II)
    O proceso orzamentario. O orzamento: concepto, obxectivos, natureza, funcións, principios e fases.
    Orzamentación e control orzamentario. Orzamentos por programas. O orzamento ABC. Orzamentos estratéxicos

    6.- NOVOS DESENVOLVEMENTOS EN CONTABILIDADE DE XESTIÓN
    A Contabilidade de Xestión en empresas multinacionais. Papel, características e particularidades do Sistema de Contabilidade de Xestión en empresas multinacionais. Influencia da interacción entre cultura organizativa e local ou nacional. Análise comparativa das características e métodos da Contabilidade de Xestión en distintos países
    A dimensión ambiental da actuación empresarial e a súa análise dende un punto de vista estratéxico. Papel da contabilidade de xestión, custos, indicadores e informes para a xestión ambiental. Deseño dun sistema de información para a xestión ambiental
    A Contabilidade de Xestión na era do coñecemento. Capital intelectual e xestión do coñecemento. A identificación, medición, valoración e xestión do capital intelectual. As innovacións na organización e as súas implicacións sobre o Sistema de Contabilidade de Xestión

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    ARNOLD, J. y HOPE, T. (1990): Accounting for management decisions, segunda edición, Prentice Hall, Londres.
    ARNOLD, J. y TURLEY, S (1996): Accounting for management decisions, tercera edición, Prentice Hall, Londres.
    BLANCO DOPICO, MªI. (1994): Contabilidad de costes. Análisis y control, Pirámide, Madrid
    BROMWICH, M. y BHIMANI, A. (1994): Management Accounting. Pathways to progress, The Chartered Institute of Management Accountants (CIMA), Londres.
    DRURY, C. (1992): Management and cost accounting, tercera edición, Chapman & Hall, Londres.
    FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A y MUÑOZ RODRÍGUEZ, MªC. (1997): Contabilidad de gestión y excelencia empresarial, Ariel Economía, Barcelona.
    FLAMHOLTZ, E. (1996): Effective management control: theory and practice, Kluwer Academic Publishers, Massachusetts.
    KAPLAN, R.S. y ATKINSON, A.A (1998): Advanced Management Accounting, tercera edición, Prentice Hall, Londres.
    MALLO RODRÍGUEZ, C.; KAPLAN, R.S.; MELJEM, S. y GIMÉNEZ, C. (2000): Contabilidad de costos y estratégica de gestión, Prentice Hall, Madrid.
    SIMONS, R. (1999): Performance measurement & control systems for implementing strategy. Text & cases, Prentice Hall, Nueva Jersey

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CONTABILIDAD Y ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS. AECA. Documentos Serie Contabilidad de gestión.
    ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CONTABILIDAD Y ADMINISTRACIÖN DE EMPRESAS. Libros de Congresos
    ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE PROFESORES UNIVERSITARIOS DE CONTABILIDAD. Jornadas de Contabilidad de costes.

    Competencias
    O adecuado seguimento do programa debe capacitar o alumno para abstraer conceptos e xulgar e adecuar as ferramentas metodolóxicas dispoñibles para os fins da súa propia busca de coñecementos, ao tempo que examinar as ideas ou aplicar procesos intelectuais a novas situacións, contextos e ideas, planificar actividades en grupo e participar no seu desenvolvemento e resultados, identificar e resolver problemas estruturais, aprender mediante a experiencia, utilizar a tecnoloxía de xeito efectivo, comunicarse con fluidez e relacionarse cos demais.
    Respecto á súa actividade profesional futura, dotaráselle das habilidades e destrezas necesarias para tomar decisións razoables e observar as consecuencias das súas eleccións, representar un rol activo (investigar, expor, observar, entrevistar, participar en reunións) nun contorno máis complexo e involucrarse na realidade da xestión.

    Metodoloxía da ensinanza
    Utilízase un enfoque práctico que pon o seu énfase no proceso no que o alumno desenvolve tarefas e estratexias que lle axudan a converterse en aprendices efectivos e promover o seu pensamento crítico.
    Combinaranse as clases de teoría coas de práctica (resolución de exercicios, problemas, comentarios de texto) na medida na que o tema o requira. As clases teóricas realizaranse mediante exposición xeral do tema por parte da profesora, baseada no material entregado previamente aos alumnos ou citado na bibliografía básica recomendada. Ao inicio de cada tema, recomendaráselles aos alumnos unha bibliografía específica que lle permita ao alumno analizar as particularidades do tema e formular e discutir cuestións xerais.
    Nalgúns temas concretos (en particular do bloque temático 1) recorrerase a discusións guiadas sobre textos previamente comentados por escrito por grupos de tres alumnos.
    No que respecta á parte práctica, consistirá, por unha banda, na resolución de exercicios tipo e na formulación doutros para a súa resolución por parte dos alumnos. No obstante, o noso maior interese céntrase no estudo de casos reais e na discusión e comentario das solucións adoptadas.

    Sistema de evaluación
    Existen dúas opcións:
    1.- Mediante a realización dun exame final nas datas establecidas no calendario oficial para o curso 2009-2010 fixado pola Facultade. Este exame versará sobre toda a materia exposta neste programa e constará dunha parte teórica e dunha práctica, cualificadas por separado e non compensables.
    2.- Para aqueles alumnos cunha asistencia á clase non inferior ao 70% das horas presenciais, mediante unha avaliación continuada, que incluirá:
    a.- Distintas probas de nivel realizadas no longo do curso académico (un mínimo de 3 probas que abarcarán respectivamente os bloques temáticos 1 e 2, os bloques 3 e 4 e, por último, os bloques 5 e 6). O seu calendario, forma e contido estableceranse de acordo cos alumnos.
    b.- Realización de traballos:
    * de carácter global, realizados en grupos de tres alumnos coordinados por un deles e supervisados pola profesora, cos seguintes contidos:
    (1) Papel e funcións da Contabilidade e do controller a través de ofertas de emprego.
    (2) Estrutura organizativa e necesidade de información dunha empresa virtual.
    (3) Deseño dun Sistema de Información de Xestión para unha empresa virtual (orzamentación e cadro de mando)
    * de carácter individual, en particular desenvolvemento, exposición e discusión de temas do programa.
    Valorarase a calidade do traballo, a súa defensa e a participación do resto dos alumnos na discusión.
    C.- Controis do grao de comprensión e asimilación por parte dos alumnos do contido da materia, realizados ao final de cada bloque temático. A tal efecto, dedicarase unha sesión a expoñer cuestións e exercicios curtos que os estudantes deben resolver. En ocasións, as respostas a estas cuestións e exercicios discutiranse na clase, mentres que outras veces entregaranse por escrito para a súa corrección conxunta por parte da profesora e dun grupo de catro alumnos (que irán rotando no longo do curso) seleccionados entre os asistentes.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo:
    Horas presenciais: 90 horas
    • teóricas: 60 horas
    • prácticas (de problemas): 20 horas
    • seminarios: 10 horas

    Horas non presenciais: 120 horas (incluídas as dedicadas aos traballos e á preparación do exame final)

    Horas de avaliación: 15 (incluídas os exames oficiais e os posibles controis ao final de cada bloque)

    Total volume de traballo: 225 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Coa finalidade de axudar á asimilación de conceptos por parte dos alumnos, recoméndase, antes do comezo do estudo de cada tema, a lectura do seu material correspondente, que se lle entregará previamente. Igualmente, co obxectivo de dinamizar o ensino, considérase adecuada a lectura da bibliografía específica recomendada no desenvolvemento de cada tema como forma de cubrir máis adecuadamente os distintos ítems obxecto de estudo.
    Buscando o control da comprensión e asimilación de conceptos, así como a detección dos problemas e dúbidas que poidan suscitarse en cada tema, e antes de avanzar no desenvolvemento da materia, é importante que, despois da análise na clase o alumno resolva as cuestións e exercicios propostos. Igualmente, recoméndase a asistencia as titorías e a configuración de equipos de traballo con outros compañeiros.
    O contido e actualidade dun gran número dos temas tratados no programa require do alumno unha continuada reflexión sobre os aspectos tratados, a participación proactiva na clase e o recurso a diversas fontes bibliográficas que, malia que na súa maior parte serán artigos de revistas de xestión, en ocasións requiren que o alumno se manteña ao día en artigos periodísticos de carácter xeral.
    Dada a amplitude do temario, recoméndase optar pola avaliación continuada, aínda cando a estreita relación e interdependencia entre o contido dos distintos bloques temáticos non permite a súa consideración como áreas estanco.