G3061226 - Macroeconomía II (Análise Económica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia pretende ofrecer un marco actualizado e comprensible que permita que o estudante entre en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteña unha visión integrada da macroeconomía. O curso debe subministrar unha base ampla ao estudante para posteriores cursos avanzados de macroeconomía. Para axudar ao estudante a entender e asimilar a lóxica da materia, ilustraranse os desenvolvementos teóricos de cada etapa da mesma con datos relevantes e cuestións actuais de política económica.
ContidosI. O DESEMPREGO
1. Teorías alternativas
2. Evidencia empírica. Feitos estilizados e tipos de desemprego.
II. A TEORÍA DO CRECEMENTO ECONÓMICO. A ECONOMÍA NO LONGO PRAZO
1. A acumulación de capital e o crecemento da poboación
2. O progreso tecnolóxico. A análise empírica e a política económica
III. FUNDAMENTOS MICROECONÓMICOS DA MACROECONOMÍA
1. O consumo
2. O investimento
3. A oferta e a demanda de diñeiro
IV. A TEORÍA DOS CICLOS ECONÓMICOS
1. A teoría dos ciclos económicos reais
2. A nova economía keynesiana, a rixidez de prezos e salarios
V. EPÍLOGO
1. A historia da macroeconomía. Tendencias actuais e ideas comúns
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MANKIW, N.GREGORY (2007), MACROECONOMÍA, Antoni Bosch editor, 6ª Edición.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ABEL, ANDREW B. e BERNANKE, BEN S. (2004), MACROECONOMÍA, Pearson Educación, 4ª Edición.
BLANCHARD, OLIVIER (2006), MACROECONOMÍA, McGraw Hill, 4ª Edición.
BELZUNEGUI et. al. (2002), MACROECONOMÍA. Cuestións e exercicios resoltos. Pearson Educación.
JONES, CHARLES I (2000), INTRODUCIÓN AO CRECEMENTO ECONÓMICO. Pearson Educación
CompetenciasCompetencias específicas da materia:
- Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise macroeconómica do desemprego, do longo prazo e dos ciclos económicos
- Dominio dos modelos básicos que se utilizan para o estudo do crecemento económico a longo prazo e das flutuacións económicas de curto prazo, así como do desemprego
- Profundar nos modelos que serven para estudar o comportamento do consumo e do investimento
- Estudar o papel que xoga o diñeiro, os mercados financeiros e a política monetaria nas flutuacións económicas
- Capacidade de aplicar modelos teóricos na interpretación dos datos macroeconómicos
Metodoloxía da ensinanza O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e discusión de problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a consolidar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e a discusión de casos e a discusión e análise de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición de competencias a que contribúe, así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
O sistema de avaliación da materia estará baseado en dous tipos de requisitos diferentes:
(1) A proba final, consistente nun exámen escrito onde debe darse resposta a un conxunto de cuestións referentes aos contidos incluídos no programa e que se celebrará nunha data por determinar.
(2) A realización das actividades que serán propostas gradualmente durante as sesións expositivas e interactivas da materia.
A cualificación final terá en conta os dous requisitos anteriores, coa valoración seguinte:
(1) 70% da cualificación total
(2) 30% da cualificación total
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Docencia expositiva: 31 horas
Docencia interactiva: 17 horas
Titorías en grupos reducidos: 3horas
Proba final: 2 horas
Total horas de traballo presencial na aula: 53 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas
Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 30 horas
Preparación de exames: 35 horas
Lecturas recomendadas e actividades en biblioteca: 10 horas
Total horas de traballo persoal do alumno: 95 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia regular ás sesións, a participación activa e a revisión extensa da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento desta materia.