Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061229 - Socioloxía (Materias Obrigatorias) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Socioloxía
  • Áreas: Socioloxía
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CANCIO ALVAREZ, MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Como se establece no folleto “Programa, Obxectivos e Organización Xeral do curso – Guía para a realización de Traballos” desta materia Socioloxía (6 créditos) de 2º curso (2º cuatrimeste) do Grao de Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela-USC), búscase que o estudante de segundo curso se inicie no traballo científico sociolóxico, socioeconómico, socioempresarial (A partir de Benjamin Franklin: “A principal inversión é a honradez”; “Investir en coñecementos é nun traballo honrado, humilde e riguroso a partir dos mesmos, da critica científica, da crítica fundada, comprometida coa verdade e que xenera valor engadido vía formación de bos profesionais, investigadores, científicos, técnicos, emprendedores, intelectuais, creadores, etc. que van a facer posible a investigación, o desenvolvemento, a innovación, a critica permanente comprometida coa verdade e a sua búsqueda sen fin – unas preguntas, hipótesis e desafíos dan paso a outros/as – pode e debe producir os mellores beneficios tanto socioeconómicos como inmateriais, os mellores capitais humans, espirituais, éticos, o enriquecimento, non só socioeconómico de xogo limpo, senon tamen o enriquecimento humano, social e espiritual) por medio da realización de traballos dirigidos (para o que o profesor facilitalle o estudante todo o necesario en plazo, forma, fondo e contidos) e do control continuo dos mesmos (a existencia a clase é obligatoria e se pasa lista mediante a sinatura); se inicie, no traballo científico e como profesional superior da economía, da administración e dirección de empresas, etc., que o estudante pode e debe ser (profesional superior) sempre que se aplique a elo con honradez e proveito; se inicie, como decíamos, nos devanditos traballos co manexo das ferramentas universitarias, das teorías, autores, conceptos, hipótesis (critica, elaboración e verificación de hipótesis), dos métodos, técnicas, fontes, bibliografías, datos, indicadores, etc. da socioloxía en relación interdisciplinaria coa economía, a empresa e outras ciencias, saberes, artes, experiencias e coñecementos. Buscase que o estudante se meta na cociña e se manche as mans, é dicir, aprenda a traballar científica e profesionalmente traballando honrada, rigurosa e regularmente dende o primeiro momento co discurso falado e escrito (defensa, presentación e exposición dos seus traballos, preguntas, obxectivos, hipótesis, métodos, criticas, guions, memorias, informes, proxectos, bibliografías, datos, indicadores, estatísticas, materiais varios, etc.), debidamente construidos e utilizados, no campo da socioloxía en relación con a economía, a empresa, outras ciencias e saberes.
    Tratamos, partindo do estudante e dos traballos que debe realizar ao largo do curso, que este poida realizalos libremente e que ditos traballos estén conectados coa realidade social e os seus problemas para que lle sexa mais fácil aplicar as teorías, autores, conceptos, métodos, técnicas, indicadores, etc.

    Tratamos, por tanto, de que o estudante se inicie na aplicación teórico-práctica da socioloxía, da socioeconomía, da socioempresa, etc. e que sexa consciente que, si o fae con honradez, rigor e regularidade, pode:

    - Non só formarse con maior competencia e calidade senón xerar valor engadido, contribuír honrada, científica e profesionalmente á procura e difusión da verdade e á resolución de problemas sociais que son algo máis que problemas verbais (Popper).
    - Facer socioanálise e autosocioanálise (Bourdieu) sobre calquera asunto micro, meso, macro e ciber social. O que lle permitirá, sempre dende o punto de vista científico (a función da universidade), coñecerse mellor e coñocer mellor o contexto próximo e afastado que o rodea, coñecer o xogo social, o que se xoga, quen xoga, como, cando, onde, canto, por qué, para qué, con quen, contra quen, que se xoga, en que condicions, etc. (variables sociolóxicas, temporais-históricas, contextuais-xeográficas-espaciais, económicas, políticas, etc.).

    - Facer traballos científicos da máxima calidade e útiles socialmente como demostramos coa publicación de libros, de traballos referenciais, feitos por estudantes de esta materia baixo a dirección do profesor da mesma. Traballos científicos que surxiron do traballo de curso-proxecto de investigación que elixe libremente o estudante o comenzo do curso e que pode ser individual e colectivo. Estos son alguns dos libros feitos por os estudantes e que surxiron do traballo de curso previsto nesta materia: María Luísa Barrera Peña e Ana López Peña, Sociología de la mujer en la universidad: análisis histórico-comparativo Galicia-España, 1900-1981, Ed. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, col. Monografías Nº 92, 1983 (este libro é o primeiro que foi publicado no Servicio de Publicacions dunha universidade española feito por duas estudantes. Este libro expuxose no Quinto Centenario da Universidade de Santiago de Compostela nunha sección dedicada a muller e figura en bibliografías nacionais e internacionais); José Miguel González Míguez, A Banca galega no marco do sistema bancario español, Ed. Coordenadas/ Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, 1992 (este libro é un dos primeiros que se publicou en Galicia e en galego sobre a banca galega); Xosé A. Brey, Concha Lado, María X. Mariño, Xosé J. Pose, colaboradores da investigación, do libro Enquisa sobre do movemento estudantil galego e internacional, Ed. Coordenadas/ Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia 1991 (este libro recolle unha das primeiras enquisas feitas aos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela sobre o movemento estudantil); Silvia da Iglesia Requejo, Facendo as Américas polo mundo. Un estudio socioeconómico e antropológico de la emigración gallega y de una familia de tres generaciones de emigrantes, Biblioteca Universitaria da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela 2001 (este libro, este excelente estudio interdisciplinar, feito en parte con datos e documentos recollidos por a estudante da sua propia familia, impresionou a aula cando foi presentado como traballo de curso ante a misma é en cursos posteriores, pois, a autora foi invitada a presentalo no ciclos de conferencias, ponencias e debates que se celebran cada curso para a clase é aos que son invitados expertos galegos, españois e doutros países, pero, tamén, os estudiantes que nos cursos anteriores fixeron traballos excelentes é os defenderon ante a clase e/o profesor de forma excelente). Poderiamos engadir mais traballos de curso que deron lugar a creación de empresas por parte do estudante ou estudantes que os fixeron e que, tamén, foron expostos e defendidos ante a clase, como no caso do estudiante Carlos Morales Canedo é o seu traballo sobre Internet, etc.

    - Verse seleccionado para ampliar estudos (doutorado, máster, etc.) en centros do maior prestixio internacional (Instituto de Empresa, ESADE, IESE, Universidade de Berkeley, etc.), e como sucedeu con varios estudantes que sacaron as mellores cualificacións da materia. Estudantes que foron presentados polo profesor das devanditas materias nos informes requiridos polos devanditos centros para poder acceder a eles.

    - Formar parte como colaborador de proxectos de investigación realizados por profesores, etc.; estar en mellores condicións de realizar prácticas en empresas, institucións públicas e privadas e de traballar profesionalmente nesas prácticas da mellor maneira (o que é moi importante para conseguir un bo traballo, pois, bastantes empresas, institucións están solicitando traballos científico-profesionais para seleccionar os mellores bolseiros, estudantes en prácticas); poder presentarse voluntario en institucións públicas e privadas para facer prácticas; pór en marcha iniciativas emprendedoras no campo universitario e nou
    Obxectivos da materia
    tros campos. Varios empregadores, que foron alumnos das materias deste profesor, dirixíronse a el para solicitarlle que lles enviase algún alumno dos que sacaron as mellores notas, con maior capacidade de traballo e de iniciativa. Así, empregáronse varios e como profesionais superiores.

    O obxectivo é que o estudante, individualmente e en equipo, sempre que se esforce honrada, regular e rigorosamente, que de o mellor da súa parte, poida liberar as súas mellores enerxías creativas, se sinta motivado e en condicións de facelo, sinta que estamos aí (profesores, universidade, etc.): para facer todo o posible para axudarlle a conseguilo; para tratar de liberar as mellores enerxías creativas dos estudantes, dos investigadores, para espertar e potenciar as intelixencias múltiples que posúen; para fomentar a aventura intelectual, a paixón polo saber e o coñecemento, o compromiso honrado e rigoroso coa procura da verdade e a súa difusión (responder unhas preguntas, hipóteses e desafíos para dar paso a outras/os) co obxectivo de tratar de resolver problemas sociais próximos e afastados (Chejov: “Ao estudar e traballar honrada e profesionalmente pola miña casa é aldea, fágoo polo mundo; e ao estudar e traballar da mesma maneira pola mellora do mundo e a vida, fágoo pola miña casa é aldea”); para promover activamente o gusto por emprender, por xerar valor engadido. Todo isto pode contribuír ao enriquecemento individual e social, ao desenvolvemento individual e social, local, nacional e global, socioeconómico, cultural e humano.


    Contidos
    - Principais teorías, autores e métodos da socioloxía e a sua aplicación a economía, a empresa, o desenvolvemento, a solución dos problemas sociais.
    - Teoría-práctica sociolóxica dos indicadores sociais en relación coa economía, a empresa, o desenvolvemento e outras ciencias, saberes, artes, practicas e coñecementos.
    - Socioloxía do xogo social, dos xogadores individuais e colectivos: papel dos axentes, dos xogadores, da acción social, das forzas, movementos, instancias e estructuras sociais en relación coa economía, a empresa, o desenvolvemento, etc.
    - Socioloxía do poder (material, inmaterial, micro, meso, macro, etc.) en relación co atraso, o desenvolvemento, a economía, a empresa, o axente social, etc. Movementos sociais e vellas e novas formas de dominación, de mellora, de desenvolvemento individual, grupal, social, local, nacional e internacional-global.
    - Instancias, campos, aparatos, dispositivos de encarnación, socialización, identificación, institucionalización, referenciación, representación, divulgación, axitación e movilización sociais en relación coa economía, a empresa, o desenvolvemento, etc.
    - Sociología da primeira, segunda, terceira… revolución industrial, da globalización, das novas tecnoloxías: vellas e novas relixions e a sua relación co atraso, co desenvolvemento. Socioloxía da crisis.
    - Iniciación o traballo sociolóxico, socioecónomico, socioempresarial. ¿Para que sirve a socioloxía, a socioeconomía, a socioempresa? Explicación pormenorizada , partindo sempre do alumno e contando con este, do proceso de investigación, do traballo científico en socioloxía (selección do titulo do proxecto ou traballo; preguntas que se queren responder, obxectivos a cumprir, aplicación das hipótesis existentes, critica das mesmas e creación doutras novas; emprego de teorías, autores, conceptos e métodos o título, preguntas, obxectivos e hipótesis seleccionados; búsqueda de datos e tratamento dos mesmos para verificar as preguntas, objectivos, hipótesis; búsqueda e crítica da bibliografía pertinente; elaboración das primeiras conclusions; redacción do informe; presentación e defensa rigurosa, oralmente e por escrito, en prazos, forma e fondo, do informe, do proxecto de investigación, dos traballos sociolóxicos que se esixen nesta materiaa). A enquisa, a entrevista, a observación participante e outras técnicas sociolóxicas. A sua elaboración, aplicación e critica.

    Bibliografía básica e complementaria
    - A. Giddens, Sociología, Ed. Alianza Universidad 2007, 5ª ed.
    - D. Light, S. Keller, Cr. Calhoum, Sociología, Ed. McGraw-Hill 2000, 7ª ed.
    - J. J. Macionis, K. Plummer, Sociología, Ed. Prentice Hall 2007, 3ª ed.
    - M. Pérez Yruela (Comp.), La sociologia en España, Ed. CIS, 2007
    Estes excelentes e interdisciplinarios manuais de socioloxía, que teñen aplicacions ao caso español e bibliografía en español, son de grande utilidade para o estudante desta materia e outras, deste centro e doutros para poder levar a cabo os seus traballos científicos, profesionais, para emprender e sociais, para tratar, de forma interdisciplinaria e científica, un gran número de asuntos que teñen que ver coa sociología, a economía, as ciencias empresariais e outras ciencias, saberes, artes e coñecementos. Facilitase, tamén, unha boa compilación da socioloxía en España.

    Trabajos do profesor da asignatura sobre a mema e entre outros:

    - M. Cancio, Materiales para el trabajo científico en sociología, economía y ciencias sociales, Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de Santiago de Compostela 1979, 1994, 1999, 2005 (este traballo trata de facilitarlle ao estudante, da forma máis accesible posible, diferentes ferramentas universitarias, todo o que necesita, nas diferentes fases do proceso de investigación, para facer con honradez e rigor, en forma, fondo e contido, os diversos traballos universitarios, científicos aos que debe enfrontarse nesta e outras materias, pero tamén na realidade social e pensando na mellor formación universitaria, científica e profesional que debe adquirir, e á que deben contribuír a universidade, os profesores, etc.)
    -M. Cancio, Economistas, empresarios, intelectuales, periodistas, políticos, prelados y sus mercados macro y microsociales. La polémica liberal-intervencionista, neoliberal-antiglobalización, Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de Santiago de Compostela 1999 (este traballo surxe ao poñer en marcha a materia de quinto curso “Socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociales”, proposta por este profesor. Surxe para que os estudantes teñan a sua disposición boas ferramentas universitarias, teorías, metodolóxicas, autores, textos, bibliografías, análises, indicadores, etc. do campo da socioloxía, a economía e outras ciencias sociais, saberes e experiencias. Ferramentas que se utilizan, que se aplican a casos concretos de Galicia, España e outros países, e en relación coa polémica clásica entre as hipótesis liberais e as intervencionistas)
    -M. Cancio, Herramientas universitarias bibliográficas: bibliografía, fuentes bibliográficas y de datos, interdisciplinarias y comentadas, de sociología, economía, empresa y otras ciencias, saberes, artes, culturas y conocimientos, de Galicia, España y otros países; publicaciones periódicas científicas, profesionales, culturales, etc. en gallego y español, Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de Santiago de Compostela 2006 (facilitase esta bibliografía comentada para que o estudante poida facer os seus traballos co máximo rigor, poida pensar, traballar, actuar por el mesmo e buscar honrada, humilde e fundamente a verdade)
    - O profesor facilita aos estudantes, por escrito, na aula e no despacho, bibliografía complementaria para levar a cabo os traballos propostos, amplio material bibliográfico en permanente actualización, fontes bibliográficas, de datos e indicadores, e como hai que traballar, como se pode traballar coa básica e fundamental ferramenta bibliográfica.


    Competencias
    Esta materia, por medio da realización de traballos, do traballo en progresión (“Work in Progress”), da evaluación continua, da participación activa nas clases, nas tutorías, nos entrevistas, encontros co profesor, cos expertos, etc., busca co estudante adquira as seguintes competencias:

    Competencias da titulación de Economía a que contribue a materia de Socioloxía:

    - Contribuir o coñecemento científico do contexto material e inmaterial, do contexto político, doctrinal, científico, técnico, infomediático, cultural e social no que se enmarca e xoga a economía e a empresa

    - Contribuir a comprensión, análise e investigación, científicos, interdisciplinarios e críticos, do xogo e xogadores económicos, da economía nos seus diferentes sectores e representacions; dos autores, teorías, historia, métodos e técnicas da ciencia económica e empresarial; do desenvolvemento honrado, responsable-sostible, creativo e de xogo limpi.

    - Contribuir a adquisición da formación científico-técnica, para a investigación, para a innovación (investigación básica e aplicada; I + D + I), intelectual (cultura económica e interdisciplinaria criticas), profesional superior, para xerar valor engadido, para emprender, para xerar, por medio do xogo limpo, con sentido ético, non só riqueza, rendabilidade, beneficio, capital económico (con ser elo moi importante), senon, tamén, riqueza, rendabilidade, beneficio social, human, espiritual, capital ético.

    - Contribuir o estudio, investigación, elaboración de datos relevantes no campo económico e empresarial, dos indicadores económicos, empresariais, socioeconómicos, socioempresariales, etc. e onde as variables sociolóxicas ocupan un lugar importante con relación a reflexión, critica e aplicación dos indicadores existentes, e a construcción doutros novos.

    - Contribuir a resolución científica de problemas económicos e empresariais próximos e afastados, de forma honrada e profesional superior.

    Competencias especificas da materia de Socioloxía:

    - Formarse, investigar, traballar, mancharse as mans, meterse na cociña, socializarse, familiarizarse, de forma honrada e rigurosa, cos principais autores, teorías, métodos e técnicas da sociología en relación coa economía, a empresa, etc. Elaborar, aplicar e criticar científicamente a técnica socioloxica da enquisa e otros métodos sociolóxicos. Comprender, analizar, investigar científicamente como funcionan os vellos e novos movimentos sociais en relación coa economía, empresa, co desenvolvemento honrado, responsable-sostible, creativo, de xogo limpo.

    - Iniciarse no traballo sociolóxico para contribuir a liberar as enerxías creativas, as intelixencias múltiples dos estudantes co fin de que estes poidan formarse científicamente e para a investigación, para a innovación (investigación básica e aplicada; I + D + I), intelectualmente (cultura sociolóxica e interdisciplinaria criticas) como profesionais superiores do campo da economía, a empresa (e outros campos), para que poidan xerar valor engadido, para que poidan emprender, para que poidan resolver problemas sociais a escala local, nacional e global, para que poidan levar a cabo iniciativas que contribuan, por medio do xogo limpo e das ferramentas sociolóxicas, das armas sociolóxicas (P. Bourdieu), a rendabilidade, o enriquecimiento socioeconómico e a rendabilidade social, o enriquecimiento humano, ético.

    - Saber usar e interpretar os datos sociales relevantes, os indicadores sociológicos, socioeconómicos, socioempresariales, sociopolíticos, sociohistóricos, etc. existentes; saber analizalos, criticalos e tratar de contribuir a creación doutros nuevos.

    - Iniciarse na realización, presentación e defensa de traballos sociolóxicos oralmente e por escrito, en plazo, forma e fondo debidos; de traballos científicos individuais e de grupo; iniciarse na critica e debate científicos na clase e con expertos, con invitados do exterior, e fora das clases e que sirvan para resolver problemas sociais próximos e afastados.

    - Levar a cabo durante os estudios universitarios, sen esperar a su finalización, seguindo o que decía Pierre Bourdieu o comenzo dos seus cursos (nos que sinalaba que el non ensinaba nada, que metía aos seus estudantes na sua cociña e co seu equipo – o que levaba sempre aos seus cursos para presentar e discutir os traballos que estaban facendo, que iban a facer e para o que, tamén, traía todo tipo de invitados - para que se manchasen as mans e aprendesen dende o principio a facer platos por eles e por o sistema de proba-ensaio e erro, de traballo continuo); levar a cabo autosocioanálise e socioanálise a escala micro, meso, macro, trans, mega e cibersocial, o que lle permitirá o estudante (e o profesor, etc.), si traballa honradamente, co humildade, rigor e de forma regular, saber, por medio da reflexividade-racionalidade científica critica, o que pasa no mundo e na vida, e saber o que lle pasa, saber en que consiste o xogo social, que é que esta en xogo, como, cando, canto, onde, porque, para que, con quen, contra quen, etc. xoga, cal é o seu papel, a sua responsabilidade social como axente social, como xogador, etc.


    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teórico-prácticas desta materia, como vimos sinalando, desenvolvense dentro do sistema de ensinanza de Traballo e Evaluación Continuas, do metodo da realización polos estudantes de traballos dirixidos e controlados continuamente polo profesor. Previamente, os alumnos dispoñen na fotocopiadora e a Biblioteca: do “Programa, Obxectivos e Organización xeral do curso – Guia para a Realización de Traballo”; e de materiais elaborados polo profesor para que o alumno, de forma completamente accesible para el, pero sempre que se esforce e traballe con honradez, regularidade e rigor, poida facer e defender os traballos propostos. O profesor, durante as duas primeiras semans explica os estudantes como poden traballar, en plazo, forma e fondo, por medio do discurso escrito e falado, coas teorías, conceptos, metodoloxías, bibliografías e fontes de datos, indicadores, etc. da materia. A partir da terceira semana, na que os estudantes deben entregar o primeiro traballo, o profesor explica o proceso de investigación, a forma de estudo e aplicación das teorías, conceptos, métodos, técnicas, bibliografías, datos, indicadores, etc., partindo dos traballos dos estudantes e dun dialogo, interacción constante con estes e a partir deles. A partir de aí, o profesor vai traballando (nas clases e fóra das clases), vai corrixindo en forma e fondo mediante o sistema de proba-ensaio erro (Popper), os traballos que deben entregar e defender (por escrito e verbalmente) os estudantes nas datas establecidas e de acordo coas normas científicas previamente establecidas e constantemente reiteradas. O obxectivo é que o estudante aprenda a traballar cientificamente no campo da socioeconomía traballando coas ferramentas universitarias, é dicir, que vaia encarnando os hábitos científicos, universitarios e profesionais, que se vaia socializando e mentalizando na necesidade ineludible de facerse con eles para ser un bo-excelente profesional.

    Ademais, organízanse conferencias-coloquios, presentación de investigacións e relatorios, etc., para que os estudantes poidan non só debater as súas hipóteses, métodos, etc., senón para que traten de ver como poden aplicar científica e profesionalmente o que están estudando, aquilo no que están traballando, ás hipóteses, propostas, casos que presentan os invitados, os expertos. Os estudantes teñen que facer, despois de cada conferencia, un comentario critico dun folio onde, seguindo os protocolos que se esixen para facer un artigo científico (como por exemplo na Revista Galega de Economía deste centro. Os estudantes son animados a facer ben os seus traballos para que poidan ser publicados nela e noutras. O que xa sucedeu), deben levar a cabo, en función do establecido nas clases, un breve resumo critico da intervención, sinalar cales son as súas palabras clave, facer un comentario critico científico e fundado das hipóteses explícitas ou implícitas presentadas, achegar referencias, indicadores, etc. sobre o tratado, levar a cabo algunha pregunta, hipótesis, obxectivo que poida servir para desencadenar un proceso de investigación, profesional, emprendedor sobre o tratado.

    O profesor insístelle aos estudantes que, ademais das titorías, está á súa disposición todo o curso no seu despacho, no centro, desde as 8-9 hs. ás 13 hs e das 16 hs. ás 21-22 hs., para resolver todo tipo de dúbidas, problemas, preguntas, etc. que lle presenten os estudantes en relación coa materia, a súa formación e ao emprego universitario. Pero insiste en que estas entrevistas (e outras) deben prepararse honrada, responsable e rigorosamente para que sexan o máis frutíferas posibles.


    Sistema de evaluación
    Para superar esta materia, que sigue o sistema de evaluación e traballo continuos, e de acordo co que se establece dende o primeiro día no Programa, Obxectivos e Organización Xeral do Curso-Guía para a Realización de Traballos e se explica reiteradamente nas clases e titorías, hai que asistir as clases e hai que facer todos os traballos de curso en plazo, forma e fondo debidos, e que foron previamente programados e calculados de tal maneira que, o estudante que traballa honrada, regularmente e de acordo co explicado e facilitado, pode levalos a cabo sen ningún problema. No devandito Programa-Guía concretase de forma precisa a evaluación, os controes continuos para superar esta materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais da asistencia obrigatoria ás clases e conferencias-coloquio, calculamos e estimamos de forma obxectiva que o estudante, para superar a materia debe estudar e traballar cada semana ao longo do tempo escolar que dura esta materia, desde o primeiro día de clases ata o ultimo e a data fixada para a entrega dos últimos traballos, entre catro (4) e seis (6) horas semanais.

    O prestixioso sociólogo, Pierre Bourdieu, co que estudiou varios anos, en París-Francia (na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociais/Maison des Sciences de L’Homme: Rue de Varenne e Boulevard Raspail), o profesor desta materia (e a cuxa obra lle dedicou o libro: La enseñanza reproductora y/o transformadora. Sociología de la educación y de la cultura de Pierde Bourdieu, Ed. Coordenadas 1988), ao comezo de cada curso e rodeado do seu equipo, dicía (Bourdieu) que el entendía a ensinanza metendo os estudantes, os investigadores que admitira no seu curso, na cociña para que, a partir dos traballos concretos que estes tiñan que realizar xunto ao mestre cociñeiro e a seu equipo, manchasen as mans e aprendesen a traballar traballando cientificamente de forma regular a partir dos seus datos, indicadores e materiais (dos achegados, buscados e traballados polos estudantes), e do estudo, traballo e discusión regular a partir dos traballos de investigación xa realizados ou en vías de realización polo investigador principal (Bourdieu) e o seu equipo, e que estes presentaban no curso, e a partir dos traballos de investigación, estudos de casos que viñan a presentar ao curso os invitados de Bourdieu.

    O gran epistemólogo e científico social Karl Popper no seu excelente libro Búsqueda sin término: una biografía intelectual, Ed. Alianza 2002, dixo que non debemos malgastar o tempo con problemas verbais e múltiples elucubracións, senón que debemos ocuparnos na solución de problemas reais. Conta Popper que el estudaba e investigaba por medio do traballo regular, seguindo o sistema de proba e erro, escribindo e reescribindo constantemente para clarificarse, para reflexionar sobre o escrito por medio da autocrítica. O meo traballo personal, a miña forma de proceder, decía Popper, baséase na defensa permanente do pensamento crítico fronte ao dogmático; na defensa do método crítico que se basea en propoñer, en traballar regularmente con algunha hipótese (pregunta, obxectivo científico) e sometela a feroces críticas, constantes refutacións para detectar onde estamos equivocados. Críticas e autocríticas das teorías, hipóteses, métodos, datos, indicadores, estatísticas, etc. que se prolongaban, que continuaban e tiñan lugar constantemente nas clases, seminarios, coloquios, conferencias, cos amigos, compañeiros, mentres durmía, etc.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Establecida a normativa sobre a marcha da materia, a forma de estudar e preparar os traballos, de superar a materia (que todos os estudantes, que traballan honradamente, acuden as clases e cumpren coas normas establecidas por escrito e verbalmente , poden facer) e conseguir boas cualificacións, queremos facer as seguintes recomendacións.
    Os traballos propostos son completamente asumibles e realizables polo alumno se asiste á clase e vai traballando (“work in progres”) de forma regular ao longo do curso. Para o que sempre ten á súa disposición o profesor, pero sempre e cando o estudante sexa honrado, se esforce, traballe científica e previamente pola súa conta e así se consigan os obxectivos establecidos de avanzar na súa formación, na encarnación dos mellores hábitos universitarios, científicos, profesionais e para emprender. É dicir, nesta materia, a partir deste programa craramente para facilitar co estudiante aprenda universitariamente a traballar traballando dende o primeiro momento coas ferramentas universitarias, partese do estuduante, do traballo que iste elixe – e doutros que se lle propoñen complementariamente para conseguir o obxectivo de adquerir unha boa formación universitaria, científica, profesional e para emprender – e se lle motiva, facilitanselle os medios necesarios para que pense, actue e traballe por el mesmo en lugar de limitarse a facer pasivamente o que, como ven sucedendo, lle dita o profesor. Neste sentido, o estudante non pode limitarse a que o profesor, ou quen sexa (o ordenador, etc.): lle solucionen, máxica, mecánica e automaticamente, todos os problemas; lle diten as hipóteses, as preguntas e, tamén, as respostas, etc., mentres el se limita a copialo pasiva e mecanicamente (ou a pedir, fotocopiar os apuntamentos, traballos, etc.); lle busquen, lle diten a bibliografía, os datos, etc. que ten que empregar, etc. O estudante debe saber que, ao igual que o profesor, o investigador e por moi alto que sexa o nivel de este, debe facer fronte, á hora de iniciarse, de traballar científica, universitaria e profesionalmente, a cosas que non entende, a dúbidas, incertezas, contradicións, pasos adiante e pasos atrás, a problemas varios, a situacións de estrés (ou estrés positivo que sempre se dá ao tratar de facer as cosas ben, neste caso as responsabilidades, as tarefas universitarias), etc. Pero debe saber tamén que o profesor, os profesores, a universidade, etc., sempre que (o estudante) traballe honrada, regular e adecuadamente, están, deben estar aí para contribuír da mellor forma posible, a que resolva todos os problemas que se lle presentan, a que consiga unha boa, unha excelente formación.

    No caso, como sinalamos, de que o estudante non supere a materia e deba facelo na próxima convocatoria polas formas previamente establecidas; o estudante debe saber que poderá facelo se para o exame establecido (racional e completamente asumible polo estudante que minimamente o prepare) leu e traballou a bibliografía proposta para demostrar nas preguntas que se lle propoñan que sabe utilizar as teorías, conceptos, métodos, autores, bibliografía, datos, etc. de forma científica e tal como se lle pide (para o que nalgún caso se lle permite a utilización de materiais científicos). Farase o mesmo no caso dos traballos propostos: verificarase se os presentou ben en forma, fondo e contido, e se sabe defender correctamente o que se lle demandou.

    Como se di no “Programa-Guia”, nesta materia tratamos de poñer todos os medios dispoñibles para que o estudante que se esforce, traballe honrada e adecuadamente, poida conseguir unha excelente formación universitaria-intelectual (pensar, actuar e traballar con rigor e por un mesmo), científica, profesional superior, emprendedora, técnica, integral, humana e, a partir de aí, un bo emprego.

    Keynes: “Os economistas (e os que estudan para selo) deberían ser como os dentistas honrados, uns profesionais que se preocupan por facer ben as cosas, con eficacia e humildade”.

    Edison: “A xenialidade é un 2% de inspiración e un 98% de transpiración”.

    O estudante ten que ser moi consciente que debe saír adiante e avanzar na súa formación por medio do seu propio esforzo e traballo honrado, regular e rigoroso, e coa sempre necesaria axuda do profesor, os profesores, etc. Pero debe ter moi claro, e canto antes mellor, que todo o que verdadeiramente vale a pena, como a formación superior, se consegue con esforzo, con traballo honrado, continuo e digno, co firme empeño de resolver problemas reais, de facer ben as cosas, de tratar de melloralas individual e profesionalmente, social e humanamente, local, nacional e globalmente, sen preocuparse das medallas.

    Por outra parte e tendo en conta a aplicación nesta materia do sistema de evaluación e traballo continuos nos últimos 30 anos (valorado moi positivamente por os estudantes que o realizaron nesta materia e no grupo experimental da Licenciatura de Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela e que se iniciou a partir do curso 2005-2006 ata a actualidade), se lle recomenda ao estudante para alcanzar a mellor formación: A) que non se despiste, que traballe semanalmente de forma honrada, humilde (un, canto mais estudia e traballa, menos sabe e sempre debe seguir estudando e traballando, con honradez, humildad e rigor, para seguir aprendendo e especialmente dos propios erros, para resolver unhas preguntas, hipótesis e desafíos e dar paso a outras/os), rigurosa e regular para poder realizar os traballos propostos, que se van facendo de forma paulatina e para o cal o profesor, dentro e fora da clase, sempre esta a disposición dos estudiantes para explicar, orientar, axudar e facilitar todo o necesario para levalos a cabo en plazo, forma e fondo requeridos. B) Seguir publicacions como a revista mensual interdisciplinaria Revista de Libros (similar a referencial The New York Review of Books e que esta na Biblioteca-hemeroteca da Universidade de Santiago de Compostela: palacio de Fonseca. O índice do publicado por esta revista podese consultar por Internet), como a revista trimestral Libros de Economía y Empresa (Hemeroteca da Facultad de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela) que lle permitan estar ao día, documentarse de forma científica, profesional, económica, empresarial, cultural, etc. e co máximo rigor. C) Seguir críticamente, sen medo (para formular preguntas, hipótesis profundas, antes hai que lanzarse, sen medo e facelas menos profundas, habelas traballado por o sistema de proba-ensaio e erro), de forma contrastada e rigurosa (a ser posible facendo dossiers – o seguimento diario da prensa xeral, económica, etc. é fundamental - naquilos asuntos que lle gusten ao estudante e sen cortarse nunca a hora de falar cos profesores, conferenciantes, expertos, empresarios, responsables públicos e privados, etc. dentro e fora das clases e que están aí o deben estar para iso, para axudar aos estudantes, as persoas que queren formarse, para asesoralos, orientalos, contribuir a que den o mellor deles mesmos sempre e cando previamente traballaran, demostraran intereses, documentación, e preocupación rigurosa no que están facendo, traballando, investigando, emprendendo, por o que están preguntando, etc.), a escala local, nacional e internacional-global (ter un verdadeiro espíritu universitario, universal e, por tanto, abrirse o mundo, moverse, non esperar sentados que a un lle resolvan os problemas, dotarse persoalmente dos medios que o fagan posible), seguir honrada, rigurosa e críticamente, como decíamos, a actualidade socioeconómica, socioempresarial, sociocultural, sociopolítica, etc., sin olvidarse nunca da historia e das achegas dos grandes clásicos da economía, empresa, socioloxía, filosofía, do que poden achegar outras ciencias, saberes, artes, practicas e coñecementos. D) Seguir críticamente (mirando
    Recomendacións para o estudo da materia
    sempre o que o estudante, o que un pode engadir, achegar de forma positiva; tratando de pensar, traballar e actuar por un mesmo, con criterio propio, honrada, humilde e rigurosamente) aos grandes científicos, empresarios, emprendedores, profesionais e creadores de onte e hoxe nos diversos campos (incluido no campo artístico, cultural, deportivo, artesanal) e sen olvidarse nunca dos que, co seu esforzo, traballo, iniciativas, emprendimentos, achegas, creacions, contribuen o xogo limpo, a mellora individual e social, a excelencia, o ben común, a critica e xusticia xustas, o desenvolvemento honrado, responsable e de xogo limpo a escala local, nacional e internacional-global, a mellora, o enriquecimento de xogo limpo non só socioeconómico, socioempresarial e medioambiental (que son importantes) senon tamén humano, espiritual. E) Formarse canto antes nos idiomas – nos países mais competitivos con España, os estudiantes veñen dominando dous idiomas ademais do nativo -, no traballo coa ferramenta informática, con Internet, coas novas tecnologías e sair a outros países, a ser posible, as cidades, centros mais competitivos, de grande nivel, e onde o estudante, a persoa na sua formación teña as mellores posibilidades para formarse, para ampliar estudios, cos mellores expertos é nos mellores centros, naquilo no que poida dar o mellor de si, no que mais o motive, lle guste e, tamén, onde teña mais posibilidades para traballar e facerse con fondos para a sua formación, para ser independente, xerar valor engadido, ser rendable e facer o que mais lle guste. F) Vincularse, activamente e canto antes, con aquilos axentes, grupos, profesionais, empresarios, empresas, equipos de investigación, empregadores, sectores públicos e privados nos que o estudante poida realizar practicas, poida colaborar, presentar iniciativas, proxectos, demostrar o que vale e co fin de formarse mellor no que esta estudando e/ou naquilo no que cree que pode dar o mellor de si, ser mais rendible. G) Participar, no seu lugar de orixe, na Universidade, etc., nas ligas universitarias de debate, nas revistas universitarias, estudiantiis, xuveniis, nas asociacions culturais, universitarias, deportivas, sociais, nas iniciativas e instancias nas que poida poñer en xogo a sua formación, a sua capacidade de traballo, iniciativa, participación , xestión, etc., a sua capacidade para vincularse coa realidade económica e empresarial, coa realidade social, cos problemas sociais e a suaresolución.
    De esta maneira, o estudante estará en moi boas condicions para facerse cun bon capital universitario, formativo nesta e outras materias, para adquirir una formación universitaria de calidade, ética, con principios, para ampliar estudios, para poder empregarse, para emprender nas mellores condicions, para crear, xerar valor engadido e enriquecerse, non só socioeconomicamente e mediante o xogo limpo, senon social, humana e espiritualmente.

    Observacións
    Esta materia parte do estudante e da sua actividade, do seu traballo regular, o que lle permitirá, co apoio activo do profesor dentro e fora da clase, adquirir as competencias antes citadas. Esta materia basease no principio: Aprendese a traballar, universitaria, científica e profesionalmente, traballando regularmente co sistema de proba-ensaio e erro, critica e aplicación das hipótesis existentes e elaboración doutras novas; traballando co discurso científico construido, coas teorías, conceptos, autores, métodos, técnicas, cos saberes acumulados por o capital educativo, universitario, científico, de experiencias, etc. Ao estudante, dende o primeiro día de clase, facilitaselle a lista de traballos que ten que facer de forma gradual e, a partir dos traballos que debe ir facendo para entregar no prazo, forma e fondo debidos, o profesor vai explicando, en interacción activa cos estudantes, como aplicar os principais autores, teorías, conceptos, métodos da socioloxía. E, mais en concreto e ante os traballos que están facendo, presentando e discutindo os estudantes, o profesor analiza o plan de viabilidade de ditos traballos no relativo a como seleccionar os títulos dos mesmos, como aplicar as teorías, autores e hipótesis existentes, como criticalas e crear outras novas, como buscar datos e tratalos científicamente cos diferentes métodos sociológicos, como buscar a bibliografía actual, pertinente e como traballala, como elaborar as conclusiones, como presentar os diferentes trabajos (informes, guions, índices, memorias, comentarios de textos, cuadros, estatísticas, enquisas, entrevistas, observación participante, etc., é dicir, como presentar e defender, oralmente e por escrito, en plazo, forma e fondo, os traballos que deben realizar os estudantes).

    Isto lle permite o estudante, por o sistema de proba e erro, é o realizarse de forma progresiva, co apoio do profesor dentro e fora da clase e que lle van sinalando como van os seus traballos, ir gañando en seguridade ao ver, ao comprobar as saus melloras, como avanza, como vai encarnando os hábitos científicos, profesionais superiores, para emprender, etc.