Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061441 - Historia das Relacións Económicas Internacionais (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia e Institucións Económicas
  • Áreas: Historia e Institucións Económicas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN.NON
GARCIA-LOMBARDERO VIÑAS, JAIME.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta masteria intenta:

    a) Aproximar ao alumno ás características e tendencias máis destacadas das relacións económicas internacionais nos séculos XIX e XX.

    b) Poñer de manifesto o carácter interdependente das economías nacionais e o proceso de transmisión dos cambios dunhas economías a outras. Trátase de que os alumnos comprendan que o desenvolvemento económico e as políticas económicas dun país non poden entenderse á marxe do que acontece no resto do mundo.

    c) Facilitar a comprensión da historia das relacións económicas internacionais a través de conceptos económicos relevantes, de xeito que os alumnos aprendan a interpretar e analizar a información dispoñible e poidan valorar adecuadamente a transcendencia dos cambios históricos que se foron producindo a nivel mundial e as súa repercusión para cada país.

    d) Axudar a que os alumnos aprendan a relacionar a descrición e a análise histórica a longo prazo da evolución dos feitos co desenvolvemento teórico. Intentarase tamén que os alumnos coñezan o estado dos debates máis recentes en cada un dos asuntos tratados.

    Contidos
    BLOQUE I: A EXPANSIÓN DAS RELACIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS DESDE A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ATA A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

    Tema 1: Crecemento económico e circulación internacional de bens e factores productivos: 1800-1914.

    - As causas da expansión das relacións económicas internacionais.
    - A evolución do comercio internacional. As políticas comerciais.
    - Os fluxos de traballo e capital.

    Tema 2: O sistema financeiro e monetario internacional no século XIX.

    - Desenvolvemento e cambios no sistema financeiro.
    - Sistemas monetarios e tipos de cambio.
    - O financiamento das relacións económicas internacionais.

    BLOQUE II: ENTRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL E A ACTUALIDADE: DESINTEGRACIÓN DE ENTREGUERRAS, REORIENTACIÓN DA ECONOMÍA INTERNACIONAL NA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XX E GLOBALIZACIÓN ACTUAL

    Tema 3: A desintegración da economía mundial no período de entreguerras.

    - O comercio: inestabilidade durante a Gran Guerra, recuperación dos anos vinte e forte retroceso da década de 1930. O retorno a políticas comerciais proteccionistas.
    - Os fluxos de capital: a influencia das débedas e reparacións sobre os fluxos de capital, os cambios na concesión de préstamos internacionais, os efectos dos cambios no liderado internacional sobre o financiamento internacional.

    Tema 4: A inestabilidade financeira e monetaria no período de entreguerras.

    - A recuperación de posguerra, a estabilización das principais divisas internacionais, a articulación do patrón de cambios ouro e as súas debilidades.
    - Gran depresión, colapso do patrón de cambios ouro e articulación de zonas monetarias.
    - O sistema financeiro: do crecemento dos anos vinte ás quebras bancarias dos trinta. Os efectos da crise financeira sobre o financiamento das operacións internacionais.

    Tema 5: A reorientación da economía internacional a partir de 1945.

    - As institucións internacionais creadas despois da Segunda Guerra Mundial e os seus cambios e adaptacións ao longo do tempo.
    - Crecemento económico e novo impulso aos fluxos de bens e factores productivos. A crecente presenza dos servizos nos intercambios internacionais.
    - Da crise da década de 1970 á crise actual. Os choques nos diferentes mercados de bens e factores e os seus efectos sobre a economía internacional.

    Tema 6. Os procesos de integración económica: rexionalización e globalización.

    - Definicións e terminoloxía sobre procesos de integración económica.
    - As principais iniciativas de integración dende 1945 ata a actualidade.
    - O proceso de integración europea: o caso de maior éxito.
    - As orixes da integración europea.
    - A CECA e a CEE: Unión Aduaneira e Política Agrícola Común.
    - A Comunidade Europea nas décadas de 1960 e 1970: do "europtimismo"
    ao "europesimisimo".
    - O relanzamento da integración: Acta Única, Tratado de Maastricht, Mercado Único e
    Unión Económica e Monetaria.
    - A ampliación da Unión Europea e as relacións cos países veciños.
    - O Tratado de Lisboa: Que hai de novo?

    Tema 7: Os sistemas monetarios e financeiros desde 1945 á actualidade: principais etapas na súa evolución.

    - O sistema de Bretton Woods. O patrón ouro-dólar. Crise da libra e realiñamento das moedas europeas. Acordos rexionais de pagamentos. Crise do dólar, desvalorización e fin do patrón ouro-dólar.
    - Dos anos setenta ata os nosos días. Os tipos de cambio flutuantes. Europa: da serpe monetaria á Unión Monetaria.
    - Os problemas da débeda internacional e a reorganización dos fluxos financeiros.


    Bibliografía básica e complementaria
    MANUAIS BÁSICOS:

    EICHENGREEN, B. (2000), La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional. Barcelona, Antoni Bosch.
    FOREMAN-PECK, J. (1995), Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas internacionales desde 1850. Madrid, Prentice Hall.
    FINDLAY, R. e O’ROURKE, K. (2007), Power and Plenty. Trade, War and the World Economy in the Second Millennium. Princenton, Princeton University Press (Caps. 6 al 10)
    KENWOOD, A. G. e LOUGHEED, A. L. (1999), The growth of the international economy, 1820-2000. London, Routledge.
    SENIOR NELLO, S. (2009), The European Union. Economics, Policies and History. London, McGraw-Hill.

    OBRAS COMPLEMENTARIAS:

    AGHION, P. e WILLIAMSON, J. F. (1998), Growth, Inequality and Globalization. Theory, History and Policy. Cambridge, CUP.
    ALDCROFT, D. H. (1985), De Versalles a Wall Street, 1919-1929. Barcelona, Crítica.
    BAIROCH, P. (1993), Economics and World History. Myths and Paradoxes. New York, Harvester Wheatsheaf.
    BALDWIND, R. e WYPLOSZ, C. (2009), The Economics of European Integration. London, McGraw-Hill.
    BRENNER, R. (2009), La economía de la turbulencia global. Madrid, Akal.
    DE LA IGLESIA, J. (coord.) (1994), El orden económico mundial. Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial y GATT. Madrid, Síntesis.
    DÍAZ ALEJANDRO, C. (1988), Trade, development and the world economy. Oxford, Basil Blackwell.
    EICHENGREEN, B. (ed.) (1996), The Reconstruction of the International Economy, 1945-1960. Cheltenham, Edward Elgard.
    ENGERMAN, S. L. (Ed.) (1996), Trade and the Industrial Revolution, 1700-1850. Cheltenham, Edward Elgar.
    FOREMAN-PECK, J. (Ed.) (1998), Historical Foundations of Globalization. Cheltenham, Edward Elgar.
    FRIEDEN, J. A. (2006), Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona, Crítica.
    HARLEY, C. K. (ed.) (1996), The Integration of the World Economy, 1850-1914. Cheltenham, Edward Elgar. 2 vols.
    HATTON, T. J. e WILLIAMSON, J. G. (eds.) (1994), Migration and the International Labor Market, 1850-1939. London, Routledge.
    KINDLEBERGER, C. P. (1985), La crisis económica 1929-1939. Barcelona, Crítica.
    KRUGMAN, P. (comp.) (1991), Una política comercial estratégica par la nueva economía internacional. México, FCE.
    LANDES, D. S. (1999), La riqueza y la pobreza de las naciones. Barcelona, Crítica.
    MADDISON, A. (1991), Historia del desarrollo capitalista. Sus fuerzas dinámicas. Barcelona, Ariel.
    MADDISON, A. (2002), La economía mundial.Una perspectiva milenaria. Madrid, OCDE/Mundi Prensa.
    MADDISON, A.; PRASADA RAO, D. S. E SHEPHERD, W. F. (2002), The Asian Economies in the Twentieth Century. Cheltenham, Edward Elgar.
    MANCHA NAVARRO, T. e SOTELSEK SALEM, D. (dirs.) (2001), Convergencia económica e integración. La experiencia en Europa y América Latina. Madrid, Pirámide.
    MARICHAL, C. (2010), Las grandes crisis financieras. Una perspectiva, global, 1873-2008. Barcelona, Debate.
    MILWARD, A. S. (1986), La Segunda Guerra Mundial, 1939-1945. Barcelona, Crítica.
    MITCHELL, B. R. (1992-1999), International Historical Statistics. 1750-1993. Basingstoke, MacMillan. (Varios vols.).
    REINHART, C. M. e ROGOFF, K.S. (2009), This Time is Different. Eight Centuries of Financial Folly. Oxfordshire, PUP.
    REYNOLDS, LL. G. (1989), El crecimiento económico en el Tercer Mundo, 1850-1980. Madrid, Alianza.
    THOMAS, M. (ed.) (1996), The Desintegration of the World Economy between the World Wars. Cheltenham, Edward Elgar, 2 vols.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE ESTA MATERIA:

    - Coñecer e comprender os principios básicos da economía.
    - Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
    - Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
    - Avanzar na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
    - Afacerse a participar no traballo en equipo e aprender a resolver os conflitos que poidan xurdir.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:

    - Saber determinar as principais etapas no proceso de internacionalización económica e estar en condicións de explicar as características e os aspectos máis destacados de cada etapa histórica.
    - Coñecer a evolución dos principais fluxos internacionais de bens, servizos e factores produtivos (comercio de bens e servizos, investimento, emigración, relacións monetarias e financeiras...) e ser capaz de indicar cales adquiriron maior relevancia en cada período concreto.
    - Saber determinar e comprender os factores e causas (económicas, sociais, políticas, de innovación...) que impulsaron as relacións económicas internacionais ou que, no seu caso, dificultaron ou provocaron un retroceso nelas.
    - Ser capaz de explicar razoadamente as consecuencias da internacionalización para os distintos participantes no proceso.
    - Comprender e saber valorar criticamente o papel xogado polos distintos países, institucións e axentes sociais no desenvolvemento das relacións económicas internacionais.
    - Coñecer os cambios institucionais que se foron producindo desde a segunda metade do século XIX ata a actualidade e comprender e valorar os devanditos cambios.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia consta de 6 créditos ECTS, o que na USC equivale a 150 horas totais de dedicación do alumno á mesma, e impártese no primeiro semestre do curso.

    Nas sesións dedicadas ás clases expositivas presentaranse os contidos teóricos da materia e aclararanse as dúbidas de carácter xeral que vaian xurdindo. Nestas sesións proporcionaráselles tamén aos alumnos información complementaria (bibliográfica ou doutro tipo) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónoma.

    As sesións de docencia interactiva estarán dedicadas, unha parte delas, a seminarios de discusión de lecturas e probas de avaliación sobre as mesmas e, outra parte, ao traballo con series de estatísticas históricas sobre a evolución dos fluxos entre países de bens, servizos e factores produtivos.

    Con carácter xeral, as titorías en grupo reducido estarán destinadas a resolver as dúbidas dos alumnos e a orientalos na preparación dos contidos da materia. Así mesmo, como se trata dunha materia optativa do último curso da titulación, aqueles alumnos que individualmente estean interesados en afondar nalgúns temas concretos poden solicitar a axuda e orientación dos profesores para a busca e selección de lecturas, a iniciación de traballos de investigación, etc.

    Fóra da aula, dentro das horas non presenciais ou de traballo autónomo, o alumno deberá dedicar tempo a:
    - Estudar os contidos teóricos explicados e a bibliografía básica relacionada cos devanditos contidos.
    - Preparar o contido das lecturas.
    - Elaborar os informes sobre as series estatísticas coas que traballou na aula.
    - Preparar as exposicións orais que se lles vaian requirindo ao longo do curso.

    Esta é unha materia presencial, por tanto, consideramos que a asistencia as actividades diarias na aula é fundamental. Pero conta tamén con apoio a través da USC virtual, onde os profesores deixaremos algúns materiais relevantes e a través da cal poderemos pedir aos alumnos a realización e entrega de certas prácticas, traballos, etc.
    Sistema de evaluación
    Nesta materia ofrécense dúas posibilidades de avaliación:

    A) Alumnos que asistan a clase con regularidade (mínimo esixido 80% das clases). Neste caso combínase a avaliación continua coa final, coas porcentaxes que se indican a continuación:

    - Avaliación continua (comentarios de textos, probas sobre lecturas, exposicións orais, ...): 50%
    - Exame final: 50%

    B) Alumnos que non asistan a clase con regularidade (con independencia das razóns que motiven a súa falta de asistencia). Neste caso a avaliación farase por medio dun exame final da materia sobre os contidos que se inclúan na bibliografía básica que se indica neste programa.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    As 150 horas totais (6 créditos ECTS * 25 horas/crédito) de dedicación do alumno a esta materia distribúense como segue:

    Horas presenciais: 51

    - Docencia expositiva ou clases teóricas: 17 (nestas horas inclúese 1 das 2 dedicadas a exame final).

    - Docencia interactiva ou clases prácticas: 31 horas (nestas horas inclúense ás dedicadas a avaliación de lecturas e exposicións orais –véxase o apartado de metodoloxía; e tamén 1 das 2 horas dedicadas ao exame final. Estímanse arredor de 7 horas de actividades de avaliación).

    - Titorías en grupos reducidos: 3 horas (dedicadas á aclaración de dúbidas de carácter xeral e, no caso de que os alumnos o soliciten, á orientación sobre temas de interese individual)

    Horas estimadas de traballo non presencial do alumno: 99

    Cada alumno decidirá a distribución desas 99 horas como considere máis adecuado. Non obstante, proponse como orientación o seguinte reparto:

    - Estudo e preparación dos materiais correspondentes á parte teórica da materia: 32 horas (2 horas de estudo por cada hora de docencia expositiva, 16 *2=32).

    - Preparación das lecturas, das exposicións orais e redacción de informes e comentarios de textos: 52 horas.

    - Repaso para a preparación do exame final: 15 horas.



    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable que os alumnos lean os capítulos dos manuais básicos antes da explicación dos correspondentes temas na aula. Desta maneira seguirán mellor as explicacións da clase e poderán expor as dúbidas que lles xurdan.

    Así mesmo, e ao ritmo que se vai explicando o temario, os estudantes terán que ir preparando as lecturas obrigatorias correspondentes ás clases interactivas, xa que sobre elas versarán os seminarios de debate e as probas de avaliación continua. Non cabe a posibilidade de superar esta parte da materia no exame final, excepto no caso de que o alumno se acolla á modalidade B de avaliación (véxase apartado de avaliación).


    Observacións
    Tendo en conta que esta é unha materia optativa de 4º curso da titulación, os alumnos que desexen matricularse nela deberían ter coñecementos básicos de Historia Económica Mundial, Economía Mundial e Estatística. Enténdese aquí por básicos ter superadas as materias do Grao en Economía seguintes: Historia Económica Mundial, Estrutura Económica Mundial I e II, Principios de Economía, Estatística Económica I e II. Os alumnos deben así mesmo ser capaces de ler e comprender textos en inglés. No caso de que a maioría dos alumnos o desexe, poderán impartirse clases en inglés.

    É tamén importante que os alumnos teñan coñecementos de Contabilidade Nacional, Econometría e Macroeconomía Aberta.