Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071221 - Contabilidade de custos: Cálculo, Análise e Control (Materias Obrigatorias) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
AIBAR GUZMAN, BEATRIZ.SI
AIBAR GUZMAN, CRISTINA.NON
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE_04HorariosClase ExpositivaSISI
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01+CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09+CLIS_10OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_13HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_14HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_15HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    No desenvolvemento da idea da contabilidade como sistema de información para os usuarios internos, a finalidade da materia Contabilidade de Custos é introducir os alumnos no coñecemento das necesidades informativas derivadas da xestión empresarial, as características que presenta e as funcións que cumpre nas empresas.

    Por outra banda, preténdese introducir os conceptos fundamentais nos que se sustenta o devandito sistema informativo, así como as cuestións metodolóxicas e rudimentos necesarios para unha contabilidade orientada nun primeiro momento ao cálculo e, máis adiante, ó análise e a utilización da información na toma de decisións empresariais.

    Posteriormente, estes conceptos básicos complementaranse a través da análise dos compoñentes da actividade empresarial e dos principais métodos de asignación, acumulación e agregación dos custos.

    Contidos
    (1) O sistema de información contable. Insuficiencia da contabilidade xeral. A búsqueda da complementariedade: a contabilidade de custos.

    (2) Fundamentos teóricos da contabilidade de custos e proceso xeral de determinación de custos e resultados. Clasificación, localización e imputación dos custos.

    (3) Diferenciación dos custos en función da súa variabilidad coa actividade e da súa relación co produto. Métodos para o cálculo e control dos custos indirectos. A imputación racional dos custos de estrutura.

    (4) Elementos básicos de custos na función produtiva. Materiais. Man de obra. Custos do activo non corrente.

    (5) Sistemas de custos para a avaliación e o cálculo. Sistemas de custos por ordes de fabricación e por procesos

    (6) Información para a planificación e o control. Orzamentos e custos estándar


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica para as clases teóricas:
    BLANCO DOPICO, Mª I. (1994): Contabilidad de costes. Análisis y control, Pirámide, Madrid.
    BLANCO IBARRA, F. (2006): Contabilidad de costes y de gestión, Ediciones Deusto, Bilbao
    HORGREN, C.T.; FOSTER, G. y DATAR, S.M. (2007): Contabilidad de costos. Un enfoque gerencial (12ª edición), Prentice-Hall Hispanoamericana, México
    LÓPEZ DÍAZ, A. y MENÉNDEZ MENÉNDEZ, M. (1989): Curso de contabilidad interna, AC, Madrid.
    MALLO RODRÍGUEZ, C. y JIMÉNEZ MONTAÑÉS, Mª A. (2000): Contabilidad de costes, Pirámide, REQUENA RODRÍGUEZ, J. Mª. y VERA RÍOS, S. (2009): Contabilidad interna (Contabilidad de costes y de gestión). Cálculo, análisis y control de costes y resultados para la toma de decisiones (3ª edición). Ariel Economía, Barcelona. Madrid.
    SÁEZ TORRECILLA, A.; GUITIÉRREZ DÍAZ, G. y FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A. (2009): Contabilidad de Costes y Contabilidad de Gestión, Vol. I, McGraw-Hill.
    SERRA SALVARDOR, V. (2003): Contabilidad de costes. Cálculo, análisis y control, Tirant lo Blanch, Valencia
    SCHNEIDER, E. (1972): Contabilidad industrial, Aguilar, Madrid.

    Bibliografía básica para as clases prácticas:
    BLANCO DOPICO, Mª I.; AIBAR GUZMÁN, B. y RÍOS BLANCO, S.L. (2001): Contabilidad de costes. Cuestiones, supuestos prácticos resueltos y propuestos, Prentice Hall, Madrid.
    BLANCO IBARRA, F. (1990): Contabilidad Analítica. Casos Prácticos, Ed. Deusto, Bilbao.
    MONTESINOS JULVE, V. y BROTO RUBIO, J. (1991): Ejercicios y soluciones de contabilidad de costes (2ª edición corregida), Ariel, Barcelona.
    MUÑOZ, C.I.; VEUTHEY; E. y ZORNOZA, J. (2004): Introducción a la contabilidad de costes para la gestión (2ª edición). Curso práctico. Civitas, Madrid.

    Bibliografía complementaria:
    AECA: serie Principios de Contabilidad de Gestión.
    ÁLVAREZ-DARDET, M.C. y GUTIÉRREZ, F. (coord.) (2009): Contabilidad de gestión. Cálculo de costes. Pirámide, Madrid.
    ÁLVAREZ LÓPEZ, J. et al. (2001): Introducción a la contabilidad de gestión: cálculo de costes, Ediciones McGraw-Hill-AECA
    DONOSO, R. y DONOSO. A. (2011): Sistemas de costes e información económica. Pirámide.
    DRURY, C. (1994): Management and cost accounting, Chapman & Hall, Londres.
    ELDENBURG, l y WOLCOTT, S. (2005): Cost Management: Measuring, Monitoring, and Motivating Performance. Wiley
    GARRISON, R.; NOREEN, E. y BREWER, P. (2007): Contabilidad administrativa. McGraw-Hill. (edición en castellano de Managerial Accounting)
    HORNGREN, C.T.; SUNDEM, G.L. y SELTO, F.H. (1993): Introduction to management accounting, Prentice Hall, Londres
    WEYGANDT, J.J.; KIESO, D.E. y KIMMEL, P.D. (2008): Managerial Accounting (4ª edición).Wiley
    WILLIAMSON, D. (1996): Cost & management accounting, Prentice Hall, Londres.
    Competencias
    * Coñecer e comprender os conceptos fundamentais vinculados ao ciclo contable da contabilidade de custos.
    - Coñecer os principais sistemas de custos orientados á avaliación e ao cálculo, así como as condicións para a súa utilización.
    - Distinguir os distintos tipos de custos en función da súa relación coa actividade e o produto/servizo/proceso.

    * Aprender a elaborar e presentar un informe dos custos dun produto ou proceso. A súa vez, isto supón:
    - Coñecer e manexar as distintas fontes de datos ás que un contable de custos pode obter datos para elaborar un informe de custos.
    - Coñecer os distintos tipos de fichas que poden prepararse pra recoller os datos necesarios pra elaborar un informe de custos.
    - Coñecer e manexar os principais tipos/modelos de informes que poden elaborarse dependendo do obxectivo perseguido, do tipo de sistema de custos utilizado e do problema a resolver.

    * Relacionar os distintos modelos de deseño do sistema de contabilidade de custos coas características organizativas e produtivas da empresa e cos obxectivos do devandito sistema, a fin de determinar ar condicións nas que resulta máis apropiada a utilización de cada un deles.

    * Coñecer as características do control organizativo e o papel da contabilidade de custos como instrumento de control.

    * Introducir ó alumno nos obxectivos e características básicas da xestión orzamentaria e a súa lóxica subxacente. Tamén se pretende que coñeza a estrutura de formación dos custos estándar, comprenda a súa utilidade e as particularidades da súa utilización e saiba interpretar as desviacións.

    Metodoloxía da ensinanza
    Dada a ubicación da materia no segundo curso da titulación e as características dos alumnos, préstase especial atención as actividades presenciais. Así, no desenvolvemento da asignatura teñen un peso importante as actividades formativas no aula ca presencia do profesor.

    Durante o curso incidirase especialmente na resolución de problemas a través da aplicación dos conoñecementos suministrados a distintos casos e problemas a fin de que os alumnos aprendan a: identificar e resolver problemas non estruturados; buscar solucións creativas; integrar os coñecementos adquiridos e realizar análisis críticos. Para lograr estos obxectivos, os alumnos dispondrán ca debida antelación dos exercicios que se resolverán nas sesións de aula así como de solucións de exercicios e problemas “tipo” e bibliografía á que poden acudir no caso de dúbidas.

    Nas sesións expositivas (grupo grande) dedicadas a clases teórico-prácticas realizarase a exposición teórica dos contidos básicos de cada tema seguindo unha lóxica que permite aumentar progresivamente os coñecementos dos alumnos. Tras a exposición dos fundamentos teóricos do tema (o de forma simultánea), realizarase a aplicación dos mesmos a “supostos” da realidade, cun doble obxectivo: por unha banda, ilustrar as explicacións teóricas e facilitar a comprensión e asimilación por parte dos alumnos dos coñecementos impartidos e, por outra banda, favorecer o acercamiento do estudante ó entorno empresarial real.

    Nas sesións interactivas (grupos pequenos) plantearanse ós alumnos, organizados en grupos reducidos, cuestiones teóricas a analizar e discutir, o exercicios curtos a resolver e presentar en clase a fin de lograr unha maior implicación e a participación activa dos alumnos na clase e, ao mesmo tempo, fomentar a cooperación e o traballo en equipo.

    Estas actividades complementanse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: búsqueda de material bibliográfico, lectura do material, elaboración de informes, traballo autónomo guiado polo profesor nas horas destinadas a tutorías.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia lévase a cabo a través de duas actuacións:
    (1) Avaliación continua (30%): tendrá en conta as actividades que deben realizarse durante o cuadrimestre considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxa propia da materia o a participación activa na clase. En particular, a avaliación continua tendrá en conta:
    (a) a asistencia do alumno a clases (mínimo requerido do 80%)
    (b) a participación (razoada) nas clases,
    (c) o traballo en clase. Ao final de cada bloque temático dedicarase unha sesión a formular cuestións e exercicios que os estudantes deben resolver. En ocasións, as respostas discutiranse na clase, mentres que outras veces entregaranse por escrito para a súa corrección.
    (d) Probas de nivel realizadas ao final de cada bloque temático para controlar o grao de comprensión e a asimilación do contido da materia por parte dos alumnos.

    (2) Exame final teórico-práctico (70%): avaliaráse ó dominio dos coñecementos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos.

    De acordo coa lexislación vixente, a cualificación final da asignatura (obtida pola combinación das dúas actuacións anteriores) se realizará nunha escala numérica, de 0-10 con un decimal
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula:
    sesións expositivas: 17 horas
    sesións interactivas: 31 horas
    Tutorías (grupos reducidos): 3 horas

    Horas no presenciais (traballo persoal do alumno: 90 horas (incluidas as dedicadas ápreparación do examen final)

    Horas de evaluación: ata 9 (exámenes oficiais)

    Total volumen de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS)

    Recomendacións para o estudo da materia
    Considérase recomendable que, previo ó inicio do curso, o alumno repase as noción básicas de contabilidade financeira adquiridas no curso anterior.

    Ao comezo do estudo de cada tema, recoméndaselle ao alumno a lectura do material correspondente, que se lle entregará previamente, así como dalgunhas lecturas recomendadas particularmente ilustrativas dos aspectos obxecto de análise. Preténdese dinamizar o ensino e favorecer a aprendizaxe dos conceptos por parte dos alumnos.

    Despois da análise de cada tema, recoméndaselle ao alumno a resolución das cuestións de análise e dos exercicios propostos, co obxectivo de comprobar o grao no que comprenderon e asimilaron os conceptos, detectar as posibles dúbidas e aspectos mal comprendidos e resolver os problemas antes de seguir avanzando na materia.

    Recoméndaselles aos alumnos participar nas discusións, debates e, en xeral, no desenvolvemento das aulas e aproveitar dende o comezo do curso as titorías.

    Observacións
    O desglose do programa se recollerá na guia docente que se entregará os alumnos ao comenzo do curso.