Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3161102 - Macroeconomía: conxuntura e tendencias (Obrigatorio) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL PILAR.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa



Obxectivos da materia
Esta materia ten dous obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, preténdese que o alumno afonde no coñecemento dos modelos macroeconómicos que permiten dende a teoría representar o comportamento macroeconómico nacional e internacional e os debates de política económica. O segundo obxectivo é que o alumno poida usar estes instrumentos analíticos para comprender a evolución actual a nivel macroeconómico nas principais economías do mundo.

Para cumprir o primeiro obxectivo, o curso está baseado en modelos macroeconómicos que non só reflicten as características do mundo real, senón que incorporan os avances recentes nas ideas macroeconómicas. Estes modelos permitirán ao alumno afondar na comprensión do crecemento económico, o ciclo económico, o desemprego, a inflación, a política monetaria, a política fiscal e o comportamento das economías interdependentes. Tamén se poñerá atención á explicación dos principais agregados macroeconómicos que van determinar o comportamento da economía, como son o consumo, o investimento e o diñeiro. Aínda que os modelos macroeconómicos que presentamos son amplamente usados na actualidade non só en universidades senón tamén en bancos centrais e outras institucións públicas á hora de tomar decisións de política económica, existen enfoques macroeconómicos relevantes que presentan discrepancias. Outro obxectivo deste curso será coñecer a discusión existente en determinados problemas.

Para cumprir o segundo obxectivo, analizarase a evolución macroeconómica real da economía española, a europea e o resto do mundo, utilizando as ferramentas analíticas estudadas.

Polo tanto, ao finalizar o curso o alumno será capaz de:
- comprender a macroeconomía actual, nacional e internacional e
- usar as ferramentas analíticas para enfrontarse por si mesmo á explicación dos feitos macroeconómicos que acontezan no futuro.
Contidos
Comportamento dos agregados macroeconómicos e ciclo económico. Imperfeccións nos mercados de traballo e o comportamento da oferta agregada. O desemprego. A inflación e a política monetaria. Política fiscal e déficit público. Os fundamentos do consumo e do investimento. A economía aberta e as economías interdependentes. Comportamento macroeconómico, política económica e tendencias de longo prazo en España, Europa e o resto do mundo.
Bibliografía básica e complementaria
Carlin, Wendy y David Soskice (2006), MACROECONOMICS: IMPERFECTIONS, INSTITUTIONS AND POLICIES, Oxford University Press.
Romer, David (2011), ADVANCED MACROECONOMICS 4th edition, McGraw-Hill.
Na guía docente incluirase unha bibliografía máis detallada e aportarase bibliografía complementaria.
Competencias
. Coñecer e comprender a forma de articular a análise teórica e empírica na elaboración de estudos sobre o comportamento da macroeconomía.
. Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución de problemas económicos.
. Establecer as bases teóricas e empíricas dos xuízos e propostas de solución a problemas económicos e facer explícitas as consecuencias sociais asociadas a estes xuízos e propostas.
. Comunicar con claridade e fluidez os coñecementos e conclusións e as bases destes a públicos especializados e non especializados de xeito verbal e escrito, e facendo uso dos medios e técnicas de transmisión e representación de ideas que se empregan na economía.
. Recoller e manexar datos e información relevante de fontes estatísticas e publicacións especializadas.
. Competencias transversais: Análise e síntese. Resolución de problemas. Uso do inglés en Economía. Razoamento crítico. Sensibilidade cara a problemas sociais. Traballo en equipo. Estimulación intelectual.
Metodoloxía da ensinanza
O proceso de aprendizaxe proposta na materia require tanto do traballo na aula coma do traballo persoal do alumno.

Traballo na aula: clases expositivas combinadas con clases interactivas, titorías e exames.
As clases expositivas proporcionarán ao alumno unha visión xeral de cada tema e as aplicacións fundamentais deste. Poñerán a énfase na explicación dos aspectos máis relevantes e de difícil comprensión, e servirán de base para que, no estudo individual e de grupo, o alumno poida asimilar a información proporcionada nas aulas e transformala en coñecemento.
As sesións de análise de casos, a análise crítica de artigos e a resolución de problemas relacionados coa macroeconomía contribuirán a que o alumno comprenda como se articulan a análise teórica e empírica para poder elaborar xuízos e facer propostas.
As titorías en grupo reducido permiten ao profesor coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe do alumno e guialo en aspectos que revistan dificultade.

Traballo do alumno: preparar o traballo na aula e reafirmar os coñecementos adquiridos a través da elaboración e presentación de traballos, realización de exercicios ou estudos de caso. Estas actividades axudarán á adquisición e desenvolvemento doutras habilidades de carácter transversal como son a resolución de problemas, o razoamento crítico e a comunicación oral e escrita. Os traballos en grupo permitirán aos alumnos poñer en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades de comunicación e interacción.

Exames e resto das actividades de avaliación: forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso. A través dos exames, intentarase que o alumno desenvolva a súa habilidade para analizar e resolver problemas de xeito eficiente e para comunicar os seus coñecementos e conclusións por escrito, de xeito claro e preciso.

Os alumnos dispoñerán dunha guía docente cos contidos dos temas, que informará sobre a importancia relativa e interrelación entre estes. Así mesmo conterán referencias bibliográficas e pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o traballo individual e en grupo. O material complementario poñerase a disposición dos alumnos a través da Aula Virtual.
Sistema de evaluación
A avaliación da materia combina os exames escritos, un traballo de curso e a avaliación continua dos exercicios e traballos, presentacións e intervencións en seminarios ao longo do curso. Os exames están centrados fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos. O traballo de curso está encamiñado principalmente a avaliar a capacidade para aplicar os coñecementos combinando a análise teórica e o traballo empírico, a capacidade para emitir xuízos e propoñer solucións a problemas e a capacidade expositiva. Na avaliación continua téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre.
No proceso de avaliación considéranse, ademais do dominio da materia, outros aspectos tales como a capacidade de análise e de síntese, a efectividade no traballo en equipo, a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía en inglés, a participación e contribución ao bo desenvolvemento das actividades do curso e o resto das competencias mencionadas nos apartados anteriores.
A avaliación continua terá un peso mínimo do 25% na avaliación final. Na guía docente describirase con detalle o proceso de avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoal
O alumno, ademais das 48 horas de traballo presencial na aula, deberá dedicar 102 horas ao seu traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos ou lecturas, a realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións para o estudo da materia
Para o axeitado seguimento da materia requírese a asistencia regular ás clases presenciais, así como a utilización da guía docente e dos recursos que se poñen a disposición dos alumnos na Aula Virtual.