Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061103 - Estatística Económica I (Estatística Económica e Empresarial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ MURIAS, PILAR.SI
Lois Mosquera, Marina.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    · Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da estatística económica descriptiva
    así como a súa aplicación ao análise dos fenómenos económicos.
    · Realizar análises estatísticos básicos utilizando ferramentas informáticas
    · Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas ao análise de cada
    fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
    · Iniciarse na análise dos datos empíricos da realidade económica (obtención dos datos,
    análise estatístico, interpretación e fiabilidade dos resultados,...) na presentación formal
    do traballo realizado.
    · Coñecer e avaliar as principais estatísticas existentes sobre a realidade económica.
    · Desenvolver as capacidades de entendemento, razonamento, crítica e expresión oral e escrita,
    a través da utilización dun léxico estatístico-económico adecuado.
    Contidos
    TEMA 1.- INTRODUCIÓN
    1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
    1.2.- Conceptos básicos na Estatística Económica
    1.3.- Fontes de datos: especial referencia á mostraxe en poboacións finitas

    TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE
    2.1.- Os datos estatísticos e as súas clases
    2.2.- Distribucións de frecuencias
    2.3.- Representacións gráficas
    2.4.- Medidas que caracterizan a distribución dunha variable
    2.4.1.- Medidas de posición
    2.4.2.- Medidas de dispersión
    2.4.3.- Medidas de forma
    2.5.- Medidas de concentración
    2.6.- Momentos en distribucións unidimensionais
    2.7.- Aplicacións económicas

    TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES
    3.1.- Distribucións bidimensionais de frecuencias. Estudo das súas características
    3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
    3.3.- Momentos en distribucións bidimensionais
    3.4.- Dependencia e independencia estatística
    3.5.- Aplicacións económicas

    TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
    4.1.- Introdución ás teorías da regresión e correlación
    4.2.- Regresión linear simple
    4.3.- Bondade do axuste dunha regresión. Predicións. Elasticidade
    4.4.- Correlación entre variables. O coeficiente de correlación linear simple
    4.5.- Axustes non lineares.
    4.6.- Aplicacións económicas

    TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
    5.1.- Definición e clasificación dos números índices
    5.2.- Índices de prezos, cantidades e valor
    5.3.- Propiedades dos números índices. Participación e repercusión
    5.4.- Problemas na elaboración de índices complexos. Cambio de base
    5.5.- Deflactación de series económicas
    5.6.- Aplicacións económicas.

    TEMA 6.- ANÁLISE CLÁSICA DAS SERIES TEMPORAIS
    6.1.- Compoñentes dunha serie. Esquemas de relación
    6.2.- Análise das compoñentes. Desestacionalización
    6.3.- Aplicacións económicas

    TEMA 7.- ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
    7.1.- Índices de Prezos ao Consumo
    7.2.- Índice de Prezos Industriais
    7.3.- Índice de Produción Industrial
    7.4.- Enquisa de Poboación Activa
    7.5.- Enquisa de Presupostos Familiares
    7.6.- Outros indicadores económicos

    Bibliografía básica e complementaria
    CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995) Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.
    ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005). Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid
    MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial.Teoría y práctica. Thomson, Madrid.
    MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.

    Competencias
    · Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así
    como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do seus coñecementos sobre a
    realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
    · Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
    ámbito económico-empresarial, incorporando na elaboración de xuicios e propostas as consideracións pertinentes sobre súa dimensión social, científica ou ética.
    · Elementos básicos de estatística descriptiva.
    · Identificar as fontes de información económica relevante e seu contido.
    Metodoloxía da ensinanza
    Dada a ubicación da materia no primer curso da titulación, prestase especial atención as actividades presenciais. As sesións de aula dedicadas as clases expositivas teñen como obxeto a introducción e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
    Nas clases interactivas pretendese que os alumnos aprendan a aplicar as técnicas estatísticas ao análise da realidade económica, diferenciando qué tipo de técnica utilizar en cada caso, cómo aplicala e qué conclusións se obteñen da análise realizada. Para elo, proporanse problemas e actividades que os alumnos deberán resolver individualmente e/ou en grupos reducidos, fomentando a cooperación e o traballo en equipo. Estas prácticas interactivas se verán complementadas coa realización de prácticas con ordenador, co obxeto de adquirir habilidades de manexo de follas de cálculo e paquetes estatísticos de gran utilidade para a análise de datos.
    A través das titorías damos aos alumnos asesoramento continuo dos profesores para o desenvolvemento das actividades propostas, moitas delas a realizar de forma autónoma polo alumno/a, así como atender calquer dúbida relacionada coa materia. As actividades programadas para ser realizadas autónomamente polo alumnado pretenden a súa iniciación na análise empírica dos fenómenos da realidade socioeconómica actual, dende un proceso de autoaprendizaxe titorizado, así como a adquisición de habilidades para elaborar e presentar os resultados dos estudios realizados.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia será do modo seguinte:
    - O 80% é avaliación mediante exame escrito.
    - O 20% restante é avaliación continua en base as actividades feitas na aula (controis, resolución de exercicios na clase, ...), que supoñen a asistencia regular as aulas para poder participar en todas elas.

    As alumnas ou alumnos que non participen en ningunha das actividades da avaliación continua poderán optar ao 100% da nota na realización do exame final.

    Para aprobar, por calquera das opcións, hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis nunha escala de 10.

    A 2ª etapa de avaliación, a extraordinaria de xullo, faráse para cada alumna ou alumno segundo a opción na que estivera ao final do cuadrimestre.

    Aos exámes hai que traer un documento identificativo de carácter oficial: DNI, Tarxeta Universitaria, pasaporte, etc.

    O exame final ten lugar na data e hora que fixa a Facultade.
    As actividades de avaliación continua faranse no transcurrir das clases e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se poderan dar nelas.

    Outros matices sobre estes criterios básicos poden darse nas clases.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de 6 créditos ECTS, e como cada crédito estímase en 25 horas de traballo para o alumno, a carga total é de 150 horas repartidas entre horas de clase, tempo de traballo personal, horas de titorías e horas de avaliación.
    As horas de clase repártense entre horas de expositiva (en grupos máis grandes), horas de interactiva (grupos máis pequenos) segundo o horario da Facultade.
    O tempo de traballo personal é o que en media o alumno ten que dedicar de xeito autónomo para conquerir o aprendizaxe: preparación de clases, estudio, resolución de exercicios. O alumno pode acudir a profesora para resolver dudas, buscar orientación nas activdades da materia, etc. no tempo das titorías.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que ista é na que se expresa a Estatística. Neste senso o alumno/a ten que facer un esforzo ao comenzo do curso habituándose ao emprego dunha linguaxe precisa.

    O alumno/a debe adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos en outras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.

    Observacións
    A información complementaria para seguir a materia indicarase na clase.