G3061107 - Historia Económica Mundial (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia e Institucións Económicas
- Áreas: Historia e Institucións Económicas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPresentar unha visión histórica da evolución económica do mundo
Alcanzar unha comprensión do proceso de formación do mundo contemporáneo, valéndose do instrumental conceptual procedente da Teoría Económica e dos métodos cuantitativos, na perspectiva temporal propia da Análise Histórica.
Percibir os mecanismos do crecemento económico, entre os que destacan e son decisivos os cambios institucionais e as innovacións tecnolóxicas.
Proporcionar os coñecementos da evolución da economía no pasado que poidan facilitar a comprensión do mundo actual.
ContidosTema 1.- Introdución. A economía nas sociedades preindustriais.
A Historia Económica
A poboación nas sociedades agrarias.
Características da agricultura tradicional. Os inicios da agricultura capitalista.
Transformacions na industria.
O comercio e as finanzas.
Tema 2.- O proceso industrializador hasta 1870.
A 1ª revolución industrial. Os “leading sectors” e o sistema fabril.
Cambios institucionais. O novo estado liberal. Cambio nas formas de propiedade
A transición demográfica
A difusión da industrialización: Francia, Alemania e os Estados Unidos de Norteamérica.
Tema 3.- A primeira globalización económica.
A evolución das políticas comerciales
A consolidación dun sistema monetario internacional baseado no patrón-ouro.
Os movimentos internacionais de forza de traballo, produtos e capitais.
A 2ª revolución industrial
O fin da primacía económica de Gran Bretaña
A era do imperialismo
Tema 4.- A economía no período de entreguerras
Destrucións e problemas causados pola guerra
A economía na década dos 20
Depresión e crise
Respostas fronte á depresión
A URSS.
Tema 5.- A edade dourada das economías capitalistas (1945-1973)
Consecuencias da 2ª Guerra Mundial.
Os acordos de Bretton Woods e os novos organismos económicos internacionais (FMI, Banco Mundial, GATT).
A axuda norteamericana e a reconstrución europea.
A converxencia económica de Europa Occidental e Xapón cos Estados Unidos de Norteamérica
A expansión das economías socialistas
As estratexas de crecemento dos países atrasados
Tema 6.- A economía desde 1973: as crises económicas e o retorno da globalización.
A crise de 1973 e o fin da edade dourada
As respostas fronte a crise
A segunda globalización
Dificultades económicas e fin dos réximes comunistas europeos.
A gran converxencia dos países asiáticos
A gran recesión de 2008
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
COMÍN COMÍN, F. (2011): Historia económica mundial. De los orígenes a la actualidad, Madrid (Alianza).
Bibliografía complementaria:
CAMERON, R., NEAL, L. (2005): Historia económica mundial, desde el paleolítico hasta el presente, Madrid (Alianza).
CARRERAS, A., TAFUNELL, X. (2004): Historia Económica de la España Contemporánea, Barcelona (Crítica).
COMÍN, F., HERNÁNDEZ, M., LLOPIS, E. (EDS.) (2003): Historia Económica de España. Siglos X-XX, Barcelona (Crítica).
COMÍN, F., HERNÁNDEZ, M., LLOPIS, E. (EDS.) (2005): Historia Económica Mundial. Siglos X-XX, Barcelona (Crítica).
DI VITTORIO, A. (Coord.) (2003): Historia Económica de Europa. Siglos XV-XX, Barcelona (Crítica)
EICHENGREEN, B. (2000): La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional, Barcelona (Antoni Bosch editor)
EKELUND, R.B., HEBERT, R.F. (1991): Historia de la Teoría Económica y de su método, Madrid (McGrawHill).
FELIU, G. y SUDRIÀ, C. (2007): Introducción a la historia económica mundial, Valencia (Universitat de Valencia)
FRIEDEN, J.A. (2007): Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX, Barcelona (Crítica).
KINDLEBERGER, CH, (1988): Historia Financiera de Europa, Barcelona (Crítica)
MADDISON, A. (2002): La economía mundial. Una perspectiva milenaria, Madrid (Ediciones Mundi-Prensa).
RONCAGLIA, A. (2006): La riqueza de las ideas. Una historia del pensamiento económico, Zaragoza, Prensas Universitarias.
ZAMAGNI, V. (2001): Historia Económica de la Europa Contemporánea, Barcelona (Crítica).
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia
Coñecer e comprender os principios básicos da economía e da historia económica
Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentales e estatísticas.
Iniciarse na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
Participar no traballo en equipo
Competencias específicas da materia:
Alcanzar unha comprensión sustentada do proceso de configuración do mundo contemporáneo, valéndose do instrumental conceptual procedente da Historia Económica, da Teoría Económica e dos métodos cuantitativos para a análise da realidade social e económica, todo isto na perspectiva temporal propia da Análise Histórica.
Desentrañar os mecanismos da evolución da economía, manifestos, especialmente, nos cambios na organización económica e nas grandes transicións tecnolóxicas da Humanidade.
Coñecer a relación entre os sucesos ocorridos no pasado e as súas consecuencias actuais.
Metodoloxía da ensinanza 1. Leccións: a cargo do profesor, baseándose preferentemente na lección magistral, aínda que co apoio de novas técnicas docentes (proxeccións, promoción da intervención e o debate) e, sobre todo, do fomento dos hábitos de lectura.
2. Seminarios: trátase de sesións sobre temas específicos do programa ás que o estudante debe acudir habendo realizado algunhas lecturas previas sinaladas polo profesor e outras complementarias que el mesmo debe seleccionar, para realizar intervencións, redaccións ou debates sobre o seu contido.
3. Aula virtual da asignatura no campus virtual da USC, para unha docencia interactiva coa presentación polo profesor de textos, cadros ou estatísticas que serán comentadas polo alumno na clase ou a través da propia Web. No aula virtual o alumno terá información día a día do desenvolvemento da asignatura e das súas cualificacións.
4. Informes (Traballos de curso): realizados polo alumno baixo tutela do profesor, que preestablecerá o formato dos mesmos, así como o calendario para a súa realización e exposición pública.
5. Resolución de exercicios polos alumnos na aula de informática
Sistema de evaluaciónO primeiro criterio para a avaliación do aprovechamiento académico do alumno será a comprobación da súa asistencia regular ás clases, que será comprobada día a día ao longo do curso.
Logo, o alumno poderá optar por acollerse a un dos dous sistemas de avaliación seguintes:
a) Sistema de avaliación única: consiste na participación nos exames finais convocados polas autoridades académicas, segundo o calendario escolar de cada ano.
b) Sistema de avaliación continua: consiste na participación en probas periódicas de carácter obligatorio, realización de traballos de curso (coa súa correspondente exposición pública) e a intervención no aula virtual da asignatura e nos seminarios e debates que o profesor promueva ao longo do curso
A inasistencia non xustificada documentalmente a máis do 10% das clases e a falta de participación injustificada nalgunha das actividades desenvolvidas no sistema de avaliación continua, implica o traslado do alumno ao sistema de avaliación única, a partir do momento mesmo do incumplimiento dun mínimo do 90% de asistencia ás clases ou da incomparecencia a algunha actividade, sen que haxa reserva algunha das puntuaciones que se acumularon mediante a participación anterior en probas ou actividades.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciales:
- Clases en grupos grandes………………………………….................15 horas
- Clases interactivas en grupos reducidos........................31 horas
- Titorías en grupos moi reducidos …..……….…………...............3 horas
- Exame final ……………………………………………………........................2 horas
TOTAL (en clase) ………………………………………………………................51 horas
Traballo persoal do alumno:
- Estudo autónomo persoal ou en grupo ………………….….....……65 horas
- Participación na aula virtual da asignatura ………………......… 10 horas
- Lecturas recomendadas…………………………………………..…….......… 12 horas
- Preparación de traballos e presentaciós orais.….………....…….12 horas
TOTAL (traballo persoal) ……………………………….……………………….......99 horas
Recomendacións para o estudo da materia1. Asistir regularmente ás clases.
2. Participar no aula virtual, onde se fai un seguimento día a día da materia (materia explicada, traballos, textos, % de asistencia, cualificacións, etc.)
3. Asumir o hábito de lectura.
4. Incorporarse ao sistema de avaliación continua.
5. Hábitos persoais de traballo diario.