Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061108 - Estrutura Económica Mundial I (Estrutura Económica e Desenvolvemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON.NON
GONZALEZ LOPEZ, MANUEL.NON
RODIL MARZABAL, OSCAR.SI
SOUZA DE OLIVEIRA, FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O programa desta materia ten continuidade coa materia Estrutura Económica Mundial II. Organízase coa intención de que o alumnado dipoña duns coñecemento que lles permita comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas de formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referentes históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e coñecer elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.
    Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas chave da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas sociais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións.
    Contidos
    A economía como ciencia social .A análise estrutural da economía: conceptos básicos
    Os sistemas económicos. Análise económica do capitalismo. Etapas e modalidades na expansión do capitalismo
    A poboación mundial: trazos e tendencias
    A base enerxética do sistema económico mundial
    O comercio internacional
    Os procesos de integración económica. A integración europea
    A internacionalización de capital: investimento estranxeiro directo e empresas multinacionais
    O sistema monetario e os organismos financeiros internacionais
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    ALONSO, J. A. (dir.) (2011): Lecciones sobre economía mundial, Editorial Thomson-Civitas, Madrid.
    GARCÍA DE LA CRUZ, J.M.; DURÁN ROMERO, G.; SÁNCHEZ DÍEZ, A. (Coord.)(2011): La economía mundial en transformación, Paraninfo, Madrid.
    MARTÍNEZ PEINADO, J. e VIDAL VILLA, J.M. (Coord.) (2003): Economía mundial, McGraw-Hill, Madrid.

    Bibliografía complementaria:
    BERZOSA, C.; BUSTELO, P. e DE LA IGLESIA, J. (Coord.) (2010), Estructura económica mundial, Editorial Síntesis, Madrid.
    MARTÍNEZ CHACÓN, Elvira e GARCÍA ALONSO, José María (coords) (2002): Economía mundial, Ariel, Barcelona
    MARTÍNEZ GONZÁLEZ-TABLAS, Ángel (2007): Economía política mundial, vol.. I e II, Ariel, Barcelona.
    REQUEIJO, Jaime (2011). Economía Mundial, McGraw-Hill, Madrid
    SAMPEDRO, José Luis (2002). El mercado y la globalización, Ediciones Destino, Barcelona
    STIGLITZ, Joseph E. (2010): Caída libre: el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial, Taurus, Madrid.
    TAMAMES, Ramón (2010): Estructura económica internacional, Alianza, Madrid

    Competencias
    Competencias transversais da titulación ás que contribúe a materia:

    - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas, desenvolvendo a capacidade analítica.
    - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
    ámbito económico.
    - Saber organizarse colectivamente para a realización de traballos en equipo.

    Competencias específicas da materia:

    - Coñecer os conceptos e técnicas básicas da economía aplicada necesarios para a comprensión dos contidos da materia.
    - Coñecer e interpretar a realidade económica mundial e os seus cambios e interrelacións.
    - Comprender o papel e funcionamento das institucións económicas internacionais.
    - Familiarizarse coas fontes de información estatística de carácter periódico sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta de 6 créditos con aproximadamente 48 horas presenciais, das que 31 son de carácter expositivo e 17 de carácter interactivo.
    O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, precedida dunha presentación-esquema e obxectivos.
    As clases expositivas constitúen necesariamente o eixo central para o desenvolvemento do programa, mais nelas deberían tratar de combinarse as explicacións do profesorado coa participación activa do estudantado, mediante o debate e as discusións.
    As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate). Servirán, por exemplo, para familiarizar ao alumnado co manexo das fontes estatísticas máis importantes que existan para cada materia, ou para o debate sobre certos temas (preferentemente cuestións candentes)
    As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.
    Contarase cun Aula Virtual de apoio ao desenvolvemento da materia.
    Sistema de evaluación
    Sistema Xeral (para todos os alumnos agás para aqueles alumnos repetidores que opten polo sistema opcional). Basearase na combinación de dúas metodoloxías:

    a) Avaliación continua: entrega de tarefas, participación en aulas interactivas e, no seu caso, probas de curta duración;
    b) Avaliación final: exame sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.

    O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
    Avaliación continua ........... 30% (3 puntos)
    Avaliación final ................. 70% (7 puntos)


    Sistema Opcional para alumnos repetidores que o soliciten (*). Basearase nun exame final sobre os contidos teóricos e prácticos abordados nas aulas expositivas. Este exame tan só permitirá acadar un 90% (9 puntos) da puntuación máxima da materia, e para poder aprobar terán que superar un 50% (4,5 puntos) da puntuación do exame.

    (*) abrirase un prazo nas dúas primeiras semanas de clase para que aqueles alumnos repetidores que estean interesados neste sistema opcional o comuniquen por correo electrónico (empregando a súa conta de @rai.usc.es) ao profesor do seu grupo expositivo. No caso de non comunicalo no prazo establecido, entenderase por defecto que opta polo sistema xeral de avaliación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estimase que os alumnos deben dedicar unhas 2,5 horas semanais de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada quen.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ademais da asistencia a clase e utilización do material, lecturas e recomendación que se fagan ao longo do curso, cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden