G3061109 - Administración de Empresas (Materias de Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia.- Iniciar ao alumnado na xestión empresarial, proporcionándolle unha visión xeral da realidade empresarial e dos retos aos que se enfronta a dirección.
.- Identificar os elementos constituíntes da empresa.
.- Comprender a complexidade e o contido da área directiva: actividades, destrezas, decisiones.
- Comprender os elementos que influen na empresa, tanto externos como internos.
.- Comprender a importancia da planificación para consegui-los obxectivos da organización e do control.
.- Comprender os aspectos que afectan ó deseño da estructura óptima dunha empresa.
.- Concienciar ao alumnado da importancia que teñen as persoas e da necesidade de dirixirlas adecuadamente.
Contidos1.- A empresa dende a perspectiva organizativa
2.- Natureza e propósito da planificación
3.- Fundamentos da estructura organizativa
4.- A dirección dos recursos humanos
5.- Fundamentos do comportamento individual e grupal
6.- Motivación e liderazgo
7.- Fundamentos do control
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ROBBINS, S.; COULTER, M. (2010). Administración (10º edición). Pearson – Prentice Hall.
CURTO RODRÍGUEZ, E.; GARCÍA CHAS, R.; CASTRO CASAL, C. (Coord.) (2012).
Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ROBBINS, S. P.; DECENZO, D. A. (2009). Fundamentos de Administración. Conceptos esenciales y aplicaciones. Pearson.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
GOMEZ-MEJIA, L.R.; BALKIN, D. B. (2003). Administración. McGraw-Hill.
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
O profesorado porá a disposición dos alumnos as diapositivas no Campus Virtual.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Fundamentos teóricos da toma de decisións.
- Teoría básica da empresa.
- Xestión de empresas.
- Capacidade para integrase na xestión empresarial.
Competencias específicas da materia:
– Capacidade para comprender-la empresa dende unha perspectiva organizativa.
– Capacidade para identificar e comprender os factores contextuales que afectan as empresas e organizacións.
– Coñecer e comprender as funcións básicas do proceso de dirección e as súas interrelacions
– Capacidade para relacionar a teoría coa práctica.
– Capacidade para aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da xestión.
– Capacidade de razoamento crítico.
– Capacidade de análise e síntese.
– Capacidade de argumentación e comunicación.
– Capacidade para traballar en equipo.
Metodoloxía da ensinanza As sesións da aula adicadas as clases expositivas se utilizarán para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacions entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para isto analizaranse casos, comentaranse lecturas ou debatiranse cuestións plantexadas polo profesorado. Adicionalmente, o alumnado deberá facer un traballo en grupo sobre un tema e expoñelo de xeito oral na clase. Con todo isto preténdese estimula-lo traballo cooperativo e desenvolver as habilidades de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademáis do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a búsqueda de información na biblioteca, hemeroteca o bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado e solventará as dudas que teñan.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado(participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación y exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a.- Exame 70% da cualificación.
b.- Participación nas actividades desenvolvidas na aula: 20%
c.- Realización, presentación e defensa de traballo en grupo 10%.
Para poder sumar b e c é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2.8 sobre 7 no exame teórico.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Este sistema de avaliación aplicarase tanto na oportunidade de xuño como na de xullo.
O alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime de avaliación, se ben poderá solicitar ao inicio do curso seguinte, por escrito, nun documento asinado e dirixido ao profesor, conservar a cualificación conxunta dos apartados b y c correspondente ao curso anterior. De acollerse a este sistema, o alumnado repetidor so realizará o exame teórico, debendo obter igualmente un 2.8 sobre 7 no exame para poder sumar a cualificación conservada. So se conservará dita cualificación durante un curso académico adicional ao da súa obtención.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
.- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 60 horas.
.- Traballo persoal do alumnado: 90 horas. A distribución do traballo persoal do alumnado distribúese como sigue:
.- Estudo autónomo individual ou en grupo: 45 horas.
.- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas.
.- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 15 horas.
.- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaNon se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.
Para maximiza-la aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades plantexadas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.