Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061221 - Macroeconomía I (Análise Económica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Rio Iglesias, Fernando Del.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia

    Os obxectivos do curso son que o estudante entre en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteña unha visión integrada da macroeconomía. O curso debe fornecer dunha base ampla ao estudante para próximos cursos avanzados en macroeconomía

    Contidos

    I. INTRODUCIÓN
    1.- A macroeconomía e os dados macroeconómicos

    II. O LONGO PRAZO
    2.- A renda nacional: de ónde ven e ónde vai.
    3.- O diñeiro e a inflación
    4.- A economía aberta

    III. O CURTO PRAZO
    5.- A procura agregada
    6.- A procura agregada nunha economía aberta
    7.- A oferta agregada

    IV. OS DEBATES SOBRE A POLÍTICA ECONÓMICA
    8.- A política de estabilización
    9.- A débeda e os déficits orzamentarios públicos




    Bibliografía básica e complementaria
    Texto principal:

    Mankiw, N. Gregory (2007) Macroeconomía, 6ª edición, Antoni Bosch.

    Textos complementarios:

    Abel, Andrew B. e Bernanke, Ben S. (2004) Macroeconomía, Pearson educación, 4ª Edición

    Belzunegui et al. (2002) Macroeconomía. Cuestiones y ejercicios resueltos, Pearson educación.

    Blanchard, Olivier (2006) Macroeconomía, 4ª edición, Pearson Educación.

    DeLong, J. Bradford (2003) Macroeconomía, McGraw-Hill

    Jones, Charles I. (2009) Macroeconomía, 1ª edición, Antoni Bosch

    Romer, David (2006) Macroeconomía Avanzada, 3ª edición, McGraw-Hill.

    Wyplosz, Charles e Burda, Michael (1994), Macroeconomía: un texto europeo, 1ª edición, Ariel.



    Competencias

    Este curso pretende desenvolver a capacidade de razoamento lóxico do alumno, así como exercitar a súa habilidade para aplicar as ferramentas de análise á solución de problemas.
    O alumno coñecerá a evolución dos principais modelos macroeconómicos, comprenderá o seu papel e as súas limitacións e será capaz de aplicalos como instrumento que facilite a comprensión de distintos contornos económicos.

    Metodoloxía da ensinanza

    A materia constará de clases maxistrais e clases prácticas.

    a) Clases expositivas:
    Presentación na aula dos distintos modelos buscando a interacción dos estudantes. Tratarase de incentivar a participación activa por medio de preguntas.

    b) Clases interactivas:
    Resolución de exercicios numéricos
    Probas de comprensión


    Sistema de evaluación
    A cualificación final estará composta en un 80% por a nota obtida nun exame final escrito e en un 20% pola nota obtida na avaliación continua. A avaliación continua terá en conta todas as actividades que o estudante debe realizar ao longo do cuadrimestre (resolución de exercicios, discusión e participación na aula, exames parciais), considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe a materia, así como outros aspectos tales como a claridade e a capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía específica ou a participación activa.
    Tempo de estudo e traballo persoal

    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Aulas en grupo grande 22 Horas
    Aulas en grupo reducido 24 Horas
    Avaliación final grupo grande 2 Horas

    Total 48 Horas

    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
    Estudo autónomo, individual ou en grupo 40 Horas
    Escritura de exercicios ou outros traballos 35 Horas
    Preparación de exames 15 Horas
    Preparación presentaciones orais, debates ou similar 10 Horas

    Total 100 Horas

    Recomendacións para o estudo da materia

    O curso segue de cerca o libro recomendado principal. Polo tanto, tomar apuntamentos é completamente innecesario. O estudante podería asistir co libro de texto ás aulas e seguir a explicación por el.

    Logo de finalizar cada lección, recoméndase que o estudante dedique aproximadamente dúas horas a ler o resumo que de cada capítulo fai o libro, a responder as preguntas de repaso e facer un par de exercicios que o profesor recomendará ao remate de cada lección.

    O profesor fixará a comezos do curso un horario de titorías ao que se recomenda a asistencia regular para resolver calquera dúbida que se presente e confirmar que se ten entendido perfectamente o contido da lección.

    O estudante debe ser consciente de que o curso é un todo integrado e que todos os temas están interrelacionados. Non se deben ver os temas como independentes e pensar que se pode comprender un con independencia dos demais. O obxectivo é comprender o funcionamento global da economía e para iso hai que ter moi presente como interrelacionan todas as súas partes.



    Observacións
    Para unha comprensión adecuada da materia, débese asistir regularmente á aula. Unha vez escoitada a presentación de un tema na aula expositiva, o estudante debe realizar os exercicios e tarefas encomendadas polo profesor, de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así por dúas razóns: i) é preciso manexar as teorías para poder entender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión nas aulas interactivas; ii) o programa ten un carácter secuencial de tal xeito que ter asimilados os conceptos de un tema facilita a comprensión do seguinte.
    No estudio individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das clases.
    A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas, manexando para iso textos ou simplemente noticias de actualidade extraídos da prensa, será de grande axuda para entender mellor o funcionamento das economías e asimilar de forma clara os conceptos teóricos