G3061224 - Estatística Económica II (Estatística Económica e Empresarial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA inferencia estatística aborda técnicas de grande utilidade no ámbito económico-empresarial, dado que permite obter conclusións válidas sobre o comportamento poboacional a partir de datos mostrais. O obxectivo básico desta materia é que o/a alumno/a coñeza os fundamentos e aplicacións das técnicas de inferencia estatística, así como da teoría da probabilidade e modelos de distribución. Que sexa quen de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada fenómeno e de interpretar os resultados obtidos, iniciándose na análise empírica dos fenómenos da realidade económica e empresarial.
ContidosTEMA 1 PROBABILIDADE
1.1 Teorías d probabilidade: Teoría clásica, frecuentista, subxetiva e axiomática.
Axiomas de Kolmogorov
1.2 Teoremas do cálculo de probabilidades.
1.3 Probabilidade condicional, conxunta e total. Teorema de Bayes
1.4 Independencia de sucesos.
TEMA 2 DISTRIBUCIÓN DE PROBABILIDADE
2.1 Variables aleatorias: discretas y continuas.
2.2 Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria.
2.3 Características asociadas as variables aleatorias. Esperanza, momentos e
dispersión
2.4 Xeneralización o caso bidimensional e multidimensional.
2.5 A función característica.
TEMA 3 MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
3.1 As distribucións discretas: uniforme, binomial, de Poisson, geométrica,
hipergeométrica e binomial negativa. Xeneralizacions.
3.2 As distribucións contínuas: uniforme, normal e derivadas da normal.
Xeneralizacións.
TEMA 4 CONVERXENCIA
4.1 Introducción.
4.2 Tipos de converxencia: Convergencia en probabilidade, en distribución e casi segura. Relacións.
4.3 As leis dos grandes números e o teorema central do límite.
TEMA 5 MUESTREO: ESTATÍSTICOS E SUAS DISTRIBUCIÓNS
5.1 Población e mostra. Tipos de muestreo.
5.2 Distribución da poboación, distribución da mostra e distribución no muestreo. Estatísticos.
5.3 Características das distribucións no muestreo. Os momentos.
5.4 Muestreo en poboaciones normais: Distribución das principais
características, con varianza poboacional coñecida y descoñecida.
TEMA 6 ESTIMACIÓN
5.1 Estimación. Propiedades dos estimadores puntuais
5.2 Métodos de estimación puntual: Método dos momentos, da máxima
verosimilitude e dos mínimos cadrados.
5.3 Estimación por intervalo: Métodos de construcción de intervalos de confianza.
Intervalos de confianza en poboaciones normais.
5.4 Determinación dos tamaños muestrais.
TEMA 7 CONTRASTE DE HIPÓTESIS E SIGNIFICACIÓN.
6.1 Conceptos básicos: tipos de hipótesis, rexión crítica y rexión de aceptación, tipos
de erros, potencia do contraste.
6.2 Metodoloxía do contraste de hipótesis.
6.3 Contrastes de hipótesis e intervalos de confianza.
6.3 Principais contrastes paramétricos e non paramétricos.
TEMA 1 PROBABILIDADE
1.1 Teorías da probabilidade en estatística: clásica, frecuentista, subxectiva e axiomática. Axiomas de Kolmogorov
1.2 Probabilidade condicionada, conxunta e total. Teoremas.
1.3 Teorema de Bayes
1.4 Independencia de acontecementos.
TEMA 2 DISTRIBUCIÓN DE PROBABILIDADE
2.1 Variables aleatorias: discretas e continuas.
2.2 Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria.
2.3 Características asociadas ás variables aleatorias. Esperanza, momentos.
2.4 Xeralización ó caso bidimensional e multidimensional.
TEMA 3 MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
3.1 Distribución binomial.
3.2 Distribución de Poisson.
3.3 Distribución normal e normal bivariante.
3.4 Distribucións derivadas da normal: chi cadrado, t, F.
TEMA 4 INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA
4.1 Inferencia Estatística: poboacións e mostras aleatorias.
4.2 Estatísticos e estimadores.
4.3 Teorema Central do Límite.
4.4 Distribución da media, varianza e proporción mostrais.
TEMA 5 ESTIMACIÓN
5.1 Estimación. Propiedades dos estimadores puntuais
5.2 Métodos de estimación puntual: Método dos momentos e de máxima verosimilitude.
5.3 Estimación por intervalo: Métodos de construción de intervalos de confianza. Intervalos de confianza en poboacións normais.
TEMA 6 CONTRASTE DE HIPÓTESES
6.1 Conceptos básicos: tipos de hipóteses, rexión crítica e rexión de aceptación, tipos de erros, potencia do contraste.
6.2 Metodoloxía do contraste de hipóteses.
6.3 Algúns contrastes paramétricos.
Bibliografía básica e complementariaBásica
Martín Pliego, F.J. y Ruiz-Maya Péres, L. (2003). Fundamentos de Probabilidad. Ed. Thomson.
Ruiz-Maya Pérez, L. y Martín Pliego, F.J. (2005) Fundamentos de Inferencia Estadística. Ed. Thomson.
Esta materia contará con materiales elaborados por el profesorado.
Complementaria
Anderson, D. R.; Sweeney, D.J. e Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed.
Berenson, M.L. e Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
Canavos, G.C. (1997). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. Ed. McGraw Hill.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994). Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel.
Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
Durá Peiró, J.M. e J.M. López Cuñat. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ed. Ariel.
Freund, J.E.; Miller, I. e Miller, M (2000): Estadística Matemática con aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall
García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ed. Ariel.
Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. Ed. Mc Graw-Hill.
Levin, R.I. e Rubin, D.S. (1996): Estadística para Administradores. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
Martín Pliego, F.J. e L. Ruiz-Maya. (2006): Fundamentos de Probabilidad (2ª edición). Ed. Thomson-Paraninfo.
Newbold, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Ed. Prentice Hall.
Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. Ed. McGraw Hill.
Peña, D.; Romo, j. (1997): Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Ed. McGrawHill.
Ruiz-Maya, L. e F.J. Martín Pliego. (2004): Fundamentos de Inferencia Estadística (2ª edición). Ed. AC.
Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Ed. Civitas.
Spiegel, M.R.; Schiller, J. e Alu Srinivasan, R. (2010): Probabilidad y Estadística. Ed. McGraw-Hill.
Triola, M.F. (2004): Estadística. Pearson Educación.
Websterm A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Ed. Irwin.
Libros de exercicios
Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón.
Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel.
*Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC.
*Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC.
Parra Frutos, I. (2003): Estadística Empresarial con Microsoft Excel. Problemas de Inferencia Estadística. Ed. AC
*Recomendados
Competencias• Familiarizarse coa teoría do cálculo de probabilidades e a súa aplicación empírica.
• Aprender o significado empírico e a utilidade instrumental que nos achega o concepto de variable aleatoria e a súa distribución para a análise dos fenómenos empíricos.
• Coñecer a existencia, manexo e utilidade instrumental dos modelos teóricos de probabilidade máis importantes.
• Ser quen de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
• Realizar análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas.
• Coñecer os fundamentos e a grande potencialidade das técnicas inferenciais para a análise dos fenómenos empíricos. Isto é, ser quen de identificar e aplicar as ferramentas estatísticas que, a partir dunha mostra, permiten estimar e contrastar características poboacionais de interese.
Metodoloxía da ensinanza O curso desenvólvese combinando docencia expositiva e docencia interactiva, complementadas ambas por titorías. Dada a ubicación da materia no segundo curso da titulación e as características dos/as alumnos/as, préstase especial atención ás actividades presenciais.
As sesións de aula adicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
Nas clases interactivas preténdese que os/as alumnos/as aprendan a aplicar as técnicas estatísticas á análise da realidade económica e empresarial, diferenciando qué tipo de técnica utilizar en cada caso, cómo aplicala e qué conclusións se obteñen da análise realizada. Para isto, proporanse problemas e actividades que os alumnos deberán resolver individualmente e/o en grupos reducidos, fomentando a cooperación e o traballo en equipo. As actividades programadas para ser realizadas autonomamente polo alumnado pretenden a súa iniciación na análise empírica dos fenómenos da realidade socioeconómica actual, dende un proceso de autoaprendizaxe titorizado, así como a adquisición de habilidades para elaborar e presentar os resultados dos estudios realizados.
Sistema de evaluación1 ª etapa de avaliación. Xuño
A avaliación da materia realizarase de dúas formas diferentes e alternativas.
Opción 1: Avaliación mixta
- O 80% é a avaliación por exame escrito
- O 20% restante é avaliación continua en base a actividades feitas na aula (controis, resolución de exercicios en clase, ...), que supoñen a asistencia regular as aulas para poder participar en todas elas.
Opción 2: Avaliación única.
- Consiste nun exame escrito sobre os contidos, tanto teórico e práctico da materia de acordo co programa e explicacións de clase. Esta proba correspóndese co 100% da cualificación final.
- Para seguir esta opción, os estudantes interesados deben expresalo lo por escrito debidamente asinado con prazo límite de entrega o 28 de febreiro. Se non se entrega en tempo e forma, suponse que se segue opción 1.
Para aprobar, por calquera das opcións, hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis nunha escala de 0 a 10.
2ª Etapa de avaliación. Xullo
- Realizarase mediante exame e o estudante pode optar por ser valorado nunha escala de 0 a 8 e manter a nota de avaliación continua, ou desistir desa e ser avaliado nunha escala de 0 a 10 puntos.
As probas realizaranse na data e horario establecido pola Facultade.
Para as probas é obrigatorio levar un documento de identificación oficial: carné de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Os controis de avaliación continua farase durante a clase e non teñen máis s avisos que as posíbeis indicacións que podan darse nas mesmas.
Outros matices sobre estes criterios básicos pódense dar na clase.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Docencia expositiva 31h
Docencia interactiva 17h
Titorías 3h
Avaliación 5h
Total horas traballo presencial na aula 56h
TRABALLO PERSONAL DO/A ALUMNO/A
Estudo autónomo individual ou en grupo 69h
Realización das tarefas encomendadas 25h
Total horas traballo persoal 94h
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO/A ALUMNO/A 150H
Recomendacións para o estudo da materia- Ter superada as materias Estatística Económica I e Matemáticas para Economistas I e II.
- Traballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia como para expoñer as dúbidas na aula ou en titorías.
ObservaciónsNesta materia avógase moi especialmente por un sistema de avaliación continua no que, de forma continuada, os alumnos vaian adquirindo os coñecementos teóricos e prácticos, así como que sexan quen de pór en práctica o aprendido realizando análises estatísticas con datos reais. Este obxectivo, ó que contribúen maiormente as actividades de avaliación continua programadas, implica un nivel de dedicación horaria profesor/alumno moi superior ó requirido dende o sistema tradicional (pre-EEES), polo que se o número de alumnos supera de forma significativa o tamaño estándar dos grupos de clase interactiva (20 alumnos/grupo), a aplicación deste sistema de avaliación continua trocaríase máis e máis inviable a medida que o nº de alumnos aumente. Por isto, de ser o caso, as tarefas deseñadas para a avaliación continua (en especial, as prácticas e probas con ordenador, …), así como a súa puntuación, poderían verse reducidos na medida que o tamaño dos grupos faga inviable a aplicación deste sistema.