Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061226 - Macroeconomía II (Análise Económica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernandez Fernandez, Melchor.NON
MEIJIDE VECINO, ALBERTO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia pretende ofrecer un marco actualizado e comprensible que permita que o estudante entre en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteña unha visión integrada da macroeconomía. O curso debe subministrar unha base ampla ao estudante para posteriores cursos avanzados de macroeconomía. Para axudar ao estudante a entender e asimilar a lóxica da materia, ilustraranse os desenvolvementos teóricos de cada etapa da mesma con datos relevantes e cuestións actuais de política económica.

    Contidos
    I. O DESEMPREGO
    1. Teorías alternativas
    2. Evidencia empírica. Feitos estilizados e tipos de desemprego.

    II. A TEORÍA DO CRECEMENTO ECONÓMICO. A ECONOMÍA NO LONGO PRAZO
    1. A acumulación de capital e o crecemento da poboación
    2. O progreso tecnolóxico. A análise empírica e a política económica

    III. FUNDAMENTOS MICROECONÓMICOS DA MACROECONOMÍA
    1. O consumo
    2. O investimento
    3. A oferta e a demanda de diñeiro

    IV. A TEORÍA DOS CICLOS ECONÓMICOS
    1. A teoría dos ciclos económicos reais
    2. A nova economía keynesiana, a rixidez de prezos e salarios

    V. EPÍLOGO
    1. A historia da macroeconomía. Tendencias actuais e ideas comúns

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    MANKIW, N.GREGORY (2007), MACROECONOMÍA, Antoni Bosch editor, 6ª Edición.


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    ABEL, ANDREW B. e BERNANKE, BEN S. (2004), MACROECONOMÍA, Pearson Educación, 4ª Edición.

    BLANCHARD, OLIVIER (2006), MACROECONOMÍA, McGraw Hill, 4ª Edición.

    BELZUNEGUI et. al. (2002), MACROECONOMÍA. Cuestións e exercicios resoltos. Pearson Educación.

    JONES, CHARLES I (2000), INTRODUCIÓN AO CRECEMENTO ECONÓMICO. Pearson Educación

    Competencias
    Competencias específicas da materia:

    - Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise macroeconómica do desemprego, do longo prazo e dos ciclos económicos

    - Dominio dos modelos básicos que se utilizan para o estudo do crecemento económico a longo prazo e das flutuacións económicas de curto prazo, así como do desemprego

    - Profundar nos modelos que serven para estudar o comportamento do consumo e do investimento

    - Estudar o papel que xoga o diñeiro, os mercados financeiros e a política monetaria nas flutuacións económicas

    - Capacidade de aplicar modelos teóricos na interpretación dos datos macroeconómicos

    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e discusión de problemas.

    O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a consolidar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e a discusión de casos e a discusión e análise de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición de competencias a que contribúe, así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.

    O sistema de avaliación da materia estará baseado en dous tipos de requisitos diferentes:

    EXAME (7 puntos)

    Ao final do cuatrimestre realizarase un exame final sobre a materia impartida nese período nas datas oficiais. A nota mínima esixida no exame será de 2.5 sobre 7 para ter en conta a puntuación obtida na avaliación das clases interactivas.

    CLASES INTERACTIVAS (3 puntos)

    Realizarase exercicios, preguntas e traballos propostos polo profesor, valorándose especialmente a participación activa do alumnado. En concreto, 2 puntos corresponderán ás probas propostas polo profesor tanto nas clases interactivas como na Aula Virtual; 0.5 puntos asistencia ás clases e 0.5 puntos á valoración por parte do profesor da participación dos alumnos ao longo do curso. A puntuación obtida neste apartado manterase para xuño/xullo, de non superarse a materia en maio.


    A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:

    Docencia expositiva: 31 horas
    Docencia interactiva: 17 horas
    Titorías en grupos reducidos: 3horas
    Proba final: 2 horas

    Total horas de traballo presencial na aula: 53 horas


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO

    Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas
    Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 30 horas
    Preparación de exames: 35 horas
    Lecturas recomendadas e actividades en biblioteca: 10 horas

    Total horas de traballo persoal do alumno: 95 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia regular ás sesións, a participación activa e a revisión extensa da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento desta materia.