Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061227 - Microeconomía II (Análise Económica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LORES INSUA, FRANCISCO XAVIER.NON
Perez-Nievas Montiel, Miguel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O propósito do curso é que o alumno comprenda, a través dunha análise formal e rigorosa tanto positiva como normativa, o funcionamento dos mercados para a asignación de recursos, en situacións nas que existe poder de mercado por parte das empresas ou información asimétrica sobre os termos do intercambio. En primeiro lugar estudaremos o equilibrio (análise positiva) en mercados nos que o número de empresas é reducido e por tanto, teñen poder para influír no mercado no que operan. Tamén analizaremos as propiedades normativas (eficiencia) destes mercados para crear benestar nos seus participantes. De entrada abordaremos esta análise usando tanto o calculo diferencial como a as representacións gráficas. A continuación, dedicaremos algunha atención á teoría de xogos, ferramenta matemática que nos permitirá abordar a análise dos mercados non competitivos dende unha perspectiva de comportamento estratéxico por parte dos axentes. Finalmente faremos un estudio dos comportamentos que tratan de xerar mercados con poucas empresas, así como do papel que pode xogar a política económica para regular o funcionamento deses mercados.
    En segundo lugar presentaremos a teoría da elección en condicións de incerteza. Este marco analítico é básico para poder abordar cuestións como o aforro, investimento ou decisións de carteira, que serán obxecto de estudio en outros cursos do grao, tanto en microeconomía como en macroeconomía. Pero tamén é un paso previo necesario para estudar o funcionamento de mercados nos que os axentes non dispoñen da mesma información, que se coñece como información asimétrica. Nas situacións de incerteza é cando a información sobre variables relevantes poden ser imperfecta e asimetricamente observadas por os diferentes individuos que participan nas transaccións.
    En terceiro lugar, estudaremos o funcionamento e as propiedades normativas dos mercados cando existe información asimétrica sobre as condicións do intercambio (prezo, cantidade, calidade, cumprimento de compromisos adquiridos,...), distinguindo situacións nas que a asimetría informacional afecta a unha característica predeterminada (situación coñecida como de selección adversa), ou á realización de unha acción ou compromiso pactado en un contrato (situación coñecida como de risco moral). Veremos cales son os problemas que aparecen en cada caso para a realización de contratos e as posibles solucións. Tamén analizaremos as consecuencias das situacións de risco moral para a estrutura de propiedade de unha empresa.
    Faremos énfase na comprensión dos problemas a través do uso de modelos matemáticos e abordaremos a análise mediante a álxebra, o cálculo, o razoamento lóxico e gráfico. Aínda que o que se pretende e ir ao cerne dos problemas, sintetizando e simplificando a súa presentación co fin de poder extraer e comprender os elementos esenciais, continuamente presentaremos exemplos e exercicios cos que ilustrar as teorías.
    Contidos
    Tema 1: Monopolio
    1.1 Monopolio natural
    1.4 Discriminación de prezos
    1.5 Prezos non lineais: tarifas en dúas partes
    1.6 Competencia monopolística
    1.7 Localización e diferenciación de produto

    Tema 2: Oligopolio
    2.1 Colusión
    2.2 Estrutura de mercado de tipo lider—seguidor en prezos e cantidades
    2.3 Competencia simultánea en cantidades e en prezos: modelo de Cournot e Bertrand
    2.4 O poder de monopolio nos mercados de factores
    2.5 O monopsonio
    2.6 Competencia monopolística e diferenciación de produto

    Tema 3: Teoría de xogos e oligopolio
    3.1 Representación de un xogos simultáneo e equilibrio de Nash
    3.2 O oligopolio dende o enfoque da teoría de xogos
    3.3 Xogos repetidos. O oligopolio como un xogo repetido
    3.4 Xogos secuenciais. As decisións de entrar en unha industria: decisións simultáneas e secuenciais
    3.5 Xogos de negociación. Aplicación ás negociacións sindicato-empresa.

    Tema 4: Competencia e a regulación
    4.1 Fusións horizontais
    4.2 Integración vertical
    4.3 Regulación de fusións
    4.4 Regulación da entrada de empresas
    4.5 Regulación de prezos

    Tema 5: Elección con incerteza
    5.1 Consumo continxente e probabilidade
    5.2 A utilidade esperada
    5.3 A aversión ó risco e a decisión de asegurarse
    5.4 Elección óptima baixo incerteza. Exemplos e aplicacións
    5.5 Mercados de seguros e diversificación de riscos

    Tema 6: Información asimétrica: selección adversa
    6.1 Información asimétrica e valor económico da información
    6.2 Selección adversa
    6.3 Sinalización e equilibrio separador

    Tema 7: Información asimétrica: risco moral
    7.1 Teoría da axencia. O problema principal-axente
    7.2 Eficiencia produtiva e reparto de risco. Exemplos de contratos
    7.3 Supervisión. Pagos diferidos. Salarios de eficiencia.
    7.4 Teoría da axencia e separación da propiedade e o control da empresa.
    Bibliografía básica e complementaria
    a. Básica
    Perloff, J. M. (2008), Microeconomics: Theory and Applications with Calculus. London: Pearson Education.
    Gravelle, H. y R. Rees (2005), Microeconomía. 3ª edición. Madrid: Pearson Educación.
    Nicholson, W. (2004): Teoría microeconómica. Principios básicos y aplicaciones. 8ª edición. Madrid: Thomson Editores.
    Cabral, L. (1997), Economía Industrial. Madrid: McGraw—Hill.

    b. Complementaria
    Bergstrom, T. y H. Varian (1999): Ejercicios de Microeconomía Intermedia. 5ª edición, Antoni Bosch.
    Carrasco, A. De la Iglesia, C., E. Gracia, E. Huergo y L. Moreno (2003), Microeconomía Intermedia: Cuestiones y problemas. Madrid: McGraw—Hill.
    Frank, R. H. (2005): Microeconomía y conducta. 5ª edición. Madrid: McGraw—Hill
    Pyndick y Rubinfield (2009), Microeconomía. 7ª edición. Madrid: Pearson Educación.
    Varian, H. (2002), Microeconomía Intermedia. 5ª edición. Barcelona: Antoni Bosch.

    Competencias
    a. Xenéricas
    • Capacidade de aplicar modelos formais a problemas actuais que permitan obter resultados cuantificables.
    • Capacidade para aportar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
    • Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións económicas, tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de modelos que se usan en economía.
    • Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestión, facendo uso dos coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
    •Manexar textos en inglés.

    b. Específicas da materia
    • Dominio das ferramentas fundamentais da análise dos comportamento dos axentes económicos e a súa interacción nos mercados.
    • Capacidade de analizar o funcionamento das diferentes estruturas de mercados non competitivos así como as alternativas e efectos da regulación deses mercados.
    • Coñecer e comprender os fundamentos teóricos da toma de decisión en un contexto de incerteza.
    • Coñecemento dos modelos básicos para a análise de situacións onde existe información asimétrica e das súas principais aplicacións

    Metodoloxía da ensinanza
    As aulas de pizarra en grupo grande serán expositivas e consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán dedicadas a representar e explicar de forma simplificada a realidade económica, usando os conceptos de equilibrio e racionalidade individual. Usando as ferramentas matemáticas de álxebra, cálculo e teoría de xogos, así como a dedución lóxica, explicarase como facer análise económica usando estes modelos para entender a economía real. As aulas de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito amosarlle ao estudante o método e a forma como traballa un analista económico. Estas habilidades terán que ser postas en práctica polos estudantes posteriormente nas aulas interactivas e durante o tempo dedicado a traballar de forma autónoma.
    As aulas interactivas están destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas aulas tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos, que permita a interacción de forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, métodos e técnicas de análise introducidas nas aulas expositivas. En estas aulas interactivas tamén se realizará un seguimento do traballo dos estudantes con finalidade de contribuír á avaliación.
    O traballo na aula combinará as exposicións teóricas nas aulas expositivas con aulas interactivas para a resolución de exercicios, análise de casos e análise crítico de lecturas e problemas. O Traballo individual ou en grupo do estudante estará orientado a preparar o traballo da aula interactiva e afirmar e aplicar os seus coñecementos na resolución de exercicios e análise crítica de lecturas recomendadas. Nas aulas interactivas o estudante terá que defender e debater o resultado dese traballo individual ou en equipo. A organización do traballo en equipo estará suxeita a regras que garantan a participación activa en todas actividades, de todos os membros de cada equipo.
    Sistema de evaluación
    Na cualificación final, a cualificación obtida nun exame final escrito pondera un 70%, mentres que a cualificación obtida na avalición continua pondera un 30%. A avaliación continua terá en conta todas as actividades que o estudante debe realizar ao longo do cuadrimestre (resolución de exercicios, discusión e participación na aula). Isto é aplicable tanto á convocatoria de xuño como á convocatoria de xullo.
    A cualificación obtida na avaliación continua conservarase tanto para a primeira convocatoria de xuño como para a segunda de xullo, pero non se conservará para cursos académicos posteriores. A cualificación obtida no exame final de xuño non se conservará nin para a convocatoria de xullo nin para cursos académicos posteriores.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Aulas en grupo grande 30 Horas
    Aulas en grupo reducido 15 Horas
    Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas 3 Horas
    Avaliación final grupo grande 5 Horas

    Total 53 Horas

    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
    Estudo autónomo, individual ou en grupo 40 Horas
    Escritura de exercicios ou outros traballos 35 Horas
    Preparación de exames 15 Horas
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou ou similar 2 Horas

    Total 97 Horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para unha comprensión adecuada da materia, débese asistir regularmente á aula. Unha vez escoitada a presentación de un tema na aula expositiva, o estudante debe realizar os exercicios e tarefas encomendadas polo profesor, de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así por dúas razóns: i) é preciso manexar as teorías para poder entender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión nas aulas interactivas; ii) o programa ten un carácter secuencial de tal xeito que ter asimilados os conceptos de un tema facilita a comprensión do seguinte.
    No estudio individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das clases.
    A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas, manexando para iso textos ou simplemente noticias de actualidade extraídos da prensa, será de grande axuda para entender mellor a maneira en que os modelos estudados se aplican para entender a realidade económica, e asimilar más fácilmente os conceptos teóricos.