Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061228 - Estrutura Económica Mundial II. Desenvolvemento Económico (Estrutura Económica e Desenvolvemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
JORDAN RODRIGUEZ, MANUEL.SI
SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O programa desta materia, continuación de Estructura Economica Mundial I, organízase coa intención de que os alumnos dispoñan duns coñecementos que lles permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos, e coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación
    Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas claves da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas globais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións.

    Contidos
    Centro e periferia: xénese e causas do subdesenvolvemento. A estrutura interna
    Cara a unha nova orde económica internacional: cooperación e axuda ao desenvolvemento
    O problema da débeda externa
    As estratexias de saída: substitución de importacións e crecemento cara a fóra. O consenso de Washington
    A transición dende as economías de planificación central
    Outras cuestións relevantes da economía mundial
    Os límites sociais, económicos e ecolóxicos do modelo de crecemento. Control, uso e degradación dos recursos e ecosistemas naturais

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    ALONSO, J. A. (dir.) (2005): Lecciones sobre economía mundial, Editorial Thomson-Civitas, Madrid.
    BERZOSA, C.; BUSTELO, P. e DE LA IGLESIA, J. (Coord.) (2010), Estructura económica mundial, Editorial Síntesis, Madrid.
    GARCÍA DE LA CRUZ, J.M.; DURÁN ROMERO, G.; SÁNCHEZ DÍEZ, A. (Coord.)(2011): La economía mundial en transformación, Paraninfo, Madrid.
    MARTÍNEZ PEINADO, J. e VIDAL VILLA, J.M. (Coord.) (2003): Economía mundial, McGraw-Hill, Madrid.

    Bibliografía complementaria:

    Para cada tema os alumnos dispoñerán, como lectura básica, dun ou dous textos breves ou ben de datos estatísticos e outros seleccionados polo Departamento.
    Como complemento poderán consultar algún dos manuais de referencia, entre outros:
    MARTÍNEZ CHACÓN, Elvira e GARCÍA ALONSO, José María (coords) (2002): Economía mundial, Ariel, Barcelona
    REQUEIJO, Jaime (2010). Economia Mundial, McGraw-Hill, Madrid
    TAMAMES, R. e HUERTA, B.G. (2010): Estructura económica internacional, Alianza, Madrid
    MARTÍNEZ GONZÁLEZ-TABLAS, A. (2007): Economía política mundial, vol.. I e II, Ariel, Barcelona.
    SAMPEDRO, J.L. (2002): El mercado y la globalización, Ed. Destino, Barcelona.
    STIGLITZ, J.E. (2010): Caída libre: el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial, Taurus, Madrid.


    Competencias
    Competencias transversais da titulación ás que contribúe a materia:

    - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas, desenvolvendo a capacidade analítica.
    - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
    ámbito económico.
    - Saber organizarse colectivamente para a realización de traballos en equipo.

    Competencias específicas da materia:

    - Coñecer os conceptos e técnicas básicas da economía aplicada necesarios para a comprensión dos contidos da materia.
    - Coñecer e interpretar a realidade económica mundial e os seus cambios e interrelacións.
    - Comprender o papel e funcionamento das institucións económicas internacionais.
    - Familiarizarse coas fontes de información estatística de carácter periódico sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta de 6 créditos, distribuídos aproximadamente en 48 horas de clases presenciais. Correspóndense con catro horas de aulas cada semana, duas expositivas e duas interactivas .
    O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesor. Irá precedida dunha presentación-esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. Os alumnos poderán dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. Plantéxanse, en calquer caso, como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que os alumnos deben ter realizado previa e persoalmente.
    Con independencia da lectura dos textos básicos subministrados, o tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....
    Ademais, coincidindo co período non lectivo de Xunio, os alumnos deberán realizar un traballo de síntese, relacionado cos contidos tratados , consistentes na busca e organización de datos referentes a diversos aspectos da realidade económica mundial, análise e comentario dos mesmos e elaboración e defensa de conclusións. Os resultados destes traballos serán debatidos en sesións colectivas e monográficas.

    Para a realización deste conxunto de actividades os alumnos poden utilizar as Titorías persoais, virtuais e de aula.


    Sistema de evaluación
    A avaliación baséase en:

    a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia ou a participación activa);

    b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.


    Os pesos relativos de ámbalas dúas partes serán explicitados polo profesor ao comezar o curso. O peso da avaliación continua na calificación final será de alomenos o 30%.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Para a realización destas actividades estímase que o alumno debe adicar en torno a 2,5 horas á semana de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio de traballo autónomo é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada un
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ademais da asistencia á clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso. cada alumno deberá adicar o que resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.